Que voltem para a casa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Que voltem para a casa é un movemento social organizado nunha plataforma que defende o retorno dos, por eles definidos como presos políticos galegos[1], en especial daqueles que se atopan cumprindo condenas por delitos de terrorismo. Dita organización ten como obxectivo o cesamento da aplicación da lexislación antiterrorista a este grupo de presos, rematando coa política de dispersión empregada habitualmente en condenas por delitos de terrorismo.[2][3]

A plataforma foi creada en 2013 após da lectura dun manifesto en Santiago de Compostela.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]