Nacionalismo occitano

O nacionalismo occitano é un movemento político que reivindica a creación do Estado de Occitania secesionado de Francia. Reivindica basicamente grande parte do sur de Francia, ademais de Mónaco e algúns territorios de España e Italia, como nación occitana. O fundamento do nacionalismo é lingüístico e cultural aínda que actualmente a lingua occitana é minoritaria en todo o seu ámbito lingüístico.
Orixes actuais[editar | editar a fonte]
O nacionalismo occitano naceu coma un sentimento de agravio das rexións do sur de Francia provocado pola reestruturación económica e enerxética emprendida polo gaullismo durante os anos 60, ante a suposta prioridade cara ás máis prósperas rexións do norte. A partir de 1968 deuse rexurdimento cultural occitano que, combinado coa protesta económica, desembocou na década de 1970 nunha reivindicación nacionalista que consideraba que Occitania era unha colonia interna do Estado centralista francés[1].
O devir da conxuntura económica internacional nas seguintes décadas desbordou a explicación do colonialismo interno e, á par que outros movementos nacionalistas tanto do resto de Francia como de Europa, o eixo central da reivindicación pasou a ser a identidade cultural e o dereito das minorías.
Durante a década de 1980 o nacionalismo occitano languideceu e foi perdendo influencia na sociedade debido basicamente á súa fragmentación en numerosos partidos e organizacións de distinta ideoloxía, e á súa incapacidade para poder articular un movemento romanticista que abarcase un territorio tan amplo (entre un terzo e a metade de Francia) cunha realidade social moi heteroxénea. A partir da década de 1990 o movemento político occitano pode calificarse de marxinal.
Malia isto, o nacionalismo occitano gañou influencia a partir da creación de Libertat!, organización independentista e de esquerdas, no 2009. No ano 2015 xorde no Val de Arán, o único territorio occitano en España, unha organización asamblearia chamada Corròp, a cal apoia a creación dun Val de Arán autónomo dentro dunha Cataluña independente, o que consideran que sería positivo para Occitania coma proxecto nacional.[2]
Territorio reivindicado[editar | editar a fonte]
O nacionalismo occitano propón como capital de Occitania a cidade francesa de Tolosa.
Na seguinte táboa especifícase a extensión e poboación dos territorios reivindicados polo nacionalismo occitano:
reivindicado |
Extensión (km²) |
Habitantes | |
---|---|---|---|
España![]() |
![]() |
634 | 10.000 |
Francia![]() |
![]() |
38.366 | 2.800.000 |
![]() |
26.013 | 1.327.000 | |
![]() |
23.260 | 2.098.000 | |
![]() |
16.942 | 712.000 | |
![]() |
45.348 | 2.687.000 | |
![]() |
31.400 | 4.666.000 | |
Italia![]() |
Guardia Piamontesa (Calabria) | 21 | 2.000 |
![]() |
? | ? | |
![]() |
4.500 | 200.000 | |
![]() |
2 | 33.000 | |
Occitania |
Simboloxía[editar | editar a fonte]
A bandeira nacionalista occitana incorpora unha estrela dourada de sete puntas á tradicional bandeira representativa de Occitania. Foi agregada durante os amos 1970 á proposta de Francés Fontan e do Partido da Nación Occitana, simbolizando as sete rexións históricas occitanas (Auvernia, Delfinado, Gascuña, Guiana, Languedoc, Lemosín e Provenza) e tamén representa o símbolo do Félibrige: a Santa Estrela.
Movementos nacionalistas occitanos[editar | editar a fonte]
O nacionalismo occitano adquiriu expresión política a partir de 1959, coa creación por parte de Francés Fontan do Partit Nacionalista Occità (actualmente Partit de la Nacion Occitana), representando a concreción das teorías sociopolíticas desenvolvidas polos ideólogos occitanistas u sobre todo as de Robèrt Lafont.
Movementos actuais[editar | editar a fonte]
- Partido da Nación Occitana (PNO), independentista
- Partit Occitan (PÒC), autonomista
- Aligança Liura Europèa- Partit democratic dels pòbles d’Euròpa (ALE/PDPE), incluído no Partit Occitan dentro dunha confederación de partidos a nivel europeo
- Regions e Pòbles Solidaris (RPS), incluído no Partit Occitan dentro dunha confederación de partidos a nivel de Francia.
- Anaram Au Patac (AAP), grupo de acción independentista de extrema esquerda con presenza no Bearn
- Convergéncia Democratica Aranesa-Partit Nacionalista Aranés, autonomista, centrista, implantado no Val de Arán
- Unitat d'Aran, autonomista, socialdemócrata, implantado no Valle de Arán (Cataluña).
- Unitat d'Òc, coalición electoral próxima ao Partit de la Nacion Occitana, implantada en Aquitania.
- Movement Regionalista Lengadocian, coalición electoral próxima ao Partit de la Nacion Occitana, implantada no Languedoc.
- Gardarem la Tèrra, grupo de acción altermundista.
- Hartèra, grupo de acción de esquerdas e xuvenil, con implantación no Bearn.
- Iniciativa Per Occitània, grupo político, cultural e social.
- Linha Imaginòt, grupo de acción partidario dunha Occitania francesa, anti-independentista e anticentralista.
- Occitània Libertària, grupo de acción libertario, implantado no Languedoc.
- País Nòstre, grupo electoral rexionalista, implantado en Languedoc.
- Paratge, grupo de ideas políticas, implantado nas Valadas Occitanas e na Provenza.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Contreras Romero, Valente A.: "Volem viure: nacionalismo occitano en el sur francés", en Política y cultura nº 25 (2006). ISSN 0188-7742
- ↑ "Corròp, nova formació occitanista a l'Aran en aquesta campanya". VilaWeb (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015.