Saltar ao contido

Asociación Regionalista Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Asociación Regionalista Gallega
 Instancia de
 Ideoloxía política
Implicados
 Presidente/a
Manuel Murguía 1890 - 1892 Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Órgano de prensa
Datas
 Fundación / creación
1890 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1892 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/012l1cf7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 82065
Wikidata
Manuel Murguía, presidente da Asociación Regionalista Gallega.

A Asociación Regionalista Gallega, foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1890 e 1892.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En novembro de 1890 constituíuse en Santiago de Compostela o Comité Central Regionalista presidido polo liberal Manuel Murguía, aínda que a maioría dos seus membros viñan do tradicionalismo, entre eles Alfredo Brañas, Salvador Cabeza de León, José Tarrío García e Juan Barcia Caballero. En 1891 fórmanse comités locais, baixo o nome xa de Asociación Regionalista Gallega, en Lugo, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Tui. O 8 de agosto dese ano, na inauguración do comité local eumés, Galo Salinas leu o Discurso de inauguración da Asociación Rexionalista Galega de Pontedeume, que supuxo o primeiro discurso de carácter político lido en lingua galega. En total non chegou a moito máis de 50 asociados, aínda que nas eleccións municipais de Santiago José Tarrío e Cabeza de León saíron elixidos concelleiros.

La Patria Gallega (1891-1892) foi o seu órgano oficial, dirixido por Murguía, e no que Brañas escribiu artigos importantes para a evolución posterior do rexionalismo. En 1893 apareceu El Regionalista, de curta duración. A Asociación Regionalista Gallega mantivo contactos cos rexionalistas cataláns a través de Murguía, que participou nos Jocs Florals de Barcelona de 1890 e colaborou en La España Regional de Barcelona.

Entre as actuacións da ARG destaca a organización dos Xogos Florais de Tui en 1891, nos que Brañas e Murguía empregaron o galego por vez primeira nun acto público e a participación na Xunta de Defensa de Galicia que se opuña ao traslado da capitanía militar fóra de Galicia.

As diferenzas entre tradicionalistas e liberais impediu a consolidación da organización, aínda que foi un chanzo moi importante na formación dun sentimento nacional galego, ao ser a primeira organización política rexionalista de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]