Nacionalismo islandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Islandia.

O nacionalismo islandés (en islandés: Íslensk þjóðernishyggja) é unha ideoloxía política nacionalista xurdida en Islandia como movemento instrumental para o proceso de independencia de Islandia repecto de Dinamarca, o cal foi liderado por Jón Sigurðsson.

O nacionalismo islandés ou Þjóðernishyggja baséase na idea da resurrección do Estado libre islandés e os seus valores (ou o que se cría que eran os seus valores): democracia, liberdade do individuo, a necesidade de que o país sexa independente e o respecto ás tradicións culturais e relixiosas, especialmente a lingua. Estas ideas adoitan codificarse na popular frase land, þjóð og tunga ("terra, pobo e lingua").[1] Historicamente, os islandeses viron que a súa república actual era a reencarnación do antigo Estado Libre e, polo tanto, o nacionalismo islandés baséase hoxe en preservar o gañado polo movemento independentista. Así, o sentimento nacionalista islandés, con algúns aspectos do nacionalismo cívico e étnico, é moi respectuoso cos poderes parlamentarios democráticos (véxase Alþingi) e escéptico do control exterior sobre Islandia, que é en parte responsable de que haxa pouca vontade en Islandia por unirse á Unión Europea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Veturliði G. Óskarsson, 'Heilög þrenning: Land, þjóð og tunga. Hugleiðing um orðræðu', Tímarit Máls og menningar, 74.2 (xuño de 2013), 37-45. (en islandés)