Unión do Pobo Galego-liña proletaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unión do Pobo Galego-liña proletaria (UPG-lp) foi un partido galego independentista e comunista que apoiaba a loita armada. Editaba o voceiro Terra e Tempo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Froito dunha escisión da Unión do Povo Galego ocorrida en 1977 cando Xosé Luís Méndez Ferrín, que acusaba á UPG de dereitización, progresivo acatamento das institucións españolas e interclasismo foi expulsado da organización por discrepancias na política sindical, oposición á legalización da ING, sobre a participación nas eleccións e tamén polo seu apoio á loita armada. Nas eleccións xerais de 1977 pediu a abstención.

Foi rebautizado en marzo de 1978 co nome de Partido Galego do Proletariado.