Kurdistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territorio de Kurdistán
Bandeira do Curdistán iraquí

O Kurdistán[1] (en idioma kurdo: كوردستان, Kūrdstān), ás veces escrito Curdistán[2], é o territorio tradicional no que habita o pobo kurdo. Politicamente a maior parte corresponde a Turquía e o resto a Iraq, Irán, Siria e Armenia. Os seus límites exactos son difíciles de establecer, xa que ningún dos estados recoñece o Kurdistán como unha rexión cultural, xeográfica ou política. Segundo os cálculos máis conservadores o Kurdistán cobre unha área de 190.000 km² no que habitan 25 000 000 de persoas, pero outras fontes elevan a súa superficie a máis de 500 000 km² no que viven 40 000 000 de persoas. Os kurdos son na súa maioría sunitas, que se organizan en clans e, maiormente, falan a lingua kurda.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois da Primeira Guerra Mundial, co Imperio Otomán en desintegración, elaborouse o tratado de Sèvres (1920), posteriormente non ratificado polas partes asinantes[3]. No tratado recoñecíase o dereito do pobo kurdo á autodeterminación, dereito recollido nos artigos sesenta e dous, sesenta e tres e sesenta e catro[4] que delimitaban as fronteiras do futuro Curdistán, xerando certa controversia a non inclusión da Provincia de Van a este estado. Dende entón unha parte dos movementos nacionalistas kurdos reivindican a independencia da área que se acordou en Sèvres.

O tratado de Lausana (1923) dividiría Kurdistán en TurquíaSiriaIránIraq e a URSS. Despois de pór fin á Segunda Guerra Mundial e ó comezar a descolonización debuxáronse as fronteiras dos estados que engloban Kurdistán hoxe.

A partir de mediados do século XX, sucédense diferentes rebelións kurdas na Turquía e no Iraq. O proxecto dun Estado Kurdo ten por opositores os gobernos da rexión, que reprimen con violencia os separatistas.

Baixo o comando de Abdullah Öcalan, o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) inicia en 1984 a loita armada contra o goberno turco -que non recoñece a existencia da etnia kurda e prohibe o seu idioma-. Os guerrilleiros contan co apoio do goberno sirio e manteñen bases no Irán e no Iraq. A intensificación das accións do PKK case provoca unha guerra entre Turquía e Siria no final de 1998. Para evitar o conflito, os sirios retiran o apoio aos rebeldes e expulsan a Öcalan do país, que foxe para a Federación Rusa e tenta obter asilo político na Italia, sen éxito. En febreiro de 1999, Öcalan é apresado en Quenia, onde se refuxiara na embaixada de Grecia.

Bandeira de Rojava (Curdistán sirio).

A dirección do PKK anuncia, en febreiro de 2000, a fin da loita armada contra o goberno de Turquía, apoiando as posicións do seu principal líder, Abdullah Öcalan, condenado a morte pola xustiza turca. Porén, forzas turcas continúan atacando bases do PKK no veciño Iraq. Cerca de 40 milleiros de persoas morreron no conflito do Kurdistán turco. Xulgado en Turquía, Öcalan xura fidelidade ao Estado turco e anuncia a fin da guerrilla do PKK; aínda así é condenado a morte en xuño. A sentenza é ratificada pola "Suprema Corte de Apelacións", en novembro. Hai presións contrarias á aplicación da sentenza e a Unión Europea deixa claro que a execución de Öcalan pesará moito na inclusión ou non de Turquía, cuxos integrantes non aceptan a pena capital.

O conflito entre o goberno turco e a guerrilla kurda esténdese con frecuencia ao Kurdistán iraquí. Após a Guerra do Golfo (1991) créase unha zona de seguridade no norte de Iraq para protexer os kurdos que se rebelan contra Saddam Hussein. Forzas turcas teñen invadido a rexión co pretexto de destruír as bases do PKK alá instaladas. A última onda de incursións ocorre en febreiro e marzo de 2000, a pesar da decisión do PKK de depor as armas.

A Guerra de Iraq (2003) fixo posible a creación da entidade federal autónoma do Kurdistán iraquí, pois co obxectivo de obter máis autonomía boa parte dos grupos políticos kurdos apoiaron os Estados Unidos no conflito.

A Guerra Civil Siria (2011) e as ofensivas do grupo terrorista Daesh provocaron a sublevación do pobo kurdo que hogano controla a meirande parte do seu territorio histórico en Siria e en Iraq.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa da Guerra Civil Siria (en amarelo dominio kurdo).
Situación militar en Iraq en xuño de 2014 (en amarelo dominio kurdo).

As súas maiores cidades son Mosul, Arbil, Kirkuk, Saqqez, Hamadan, Erzurum e Diyarbakir.

Posúe un relevo accidentado, co máximo nas montañas da Alta Mesopotamia, onde está o Monte Ararat (Büyük Agri) con 5165 m de altitude, na fronteira entre Turquía e Armenia, suavizando ata os planaltos do norte iraquí. Está tamén a cadea de montañas Anti-Taurus, en Siria/Turquía.

O seu maior lago é o Van, no lado turco, con aproximadamente 12 000 km². O Alto Tigris e mailo Alto Éufrates atravesan a rexión.

Demografía[editar | editar a fonte]

Rexión Localizada en Poboación Estado político-administrativo
Kurdistán Noroccidental Flag of Turkey.svg Turquía 14.000.000[5][6] parte de Turquía
Kurdistán Oriental Flag of Iran (official).svg Irán 6.000.000[7] Kurdistán Iraní
* Provincia de Kurdistán
* Acerbaixán Occidental
* Provincia de Kermanshah
* Provincia de Ilam
Flag of Kurdistan.svg Kurdistán Meridional Flag of Iraq.svg Iraq 4.000.000 Kurdistán Iraquí
*Duhok (دهوك)
*Erbil (أربيل)
*Suleimaniya o Solimania (السليمانية)

Territorio en expansión

Flag of PYD Party Rojava Kurdistan.jpg Kurdistán Suroccidental

(Rojava)

Flag of Syria.svg Siria 2.000.000 Al Hasakah

Territorio en expansión

Cultura[editar | editar a fonte]

No 1966 unha parte do Curdistán pertencente ao estado iraquí conquistou autonomía cultural e administrativa do Irak.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kurdo.
  2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf
  3. Montgomery, A. E. (1972-01-01). "The Making of the Treaty of Sevres of 10 August 1920". The Historical Journal 15 (4): 775–787. 
  4. "Tratado de Sèvres (1920) - Derecho Internacional Público - www.dipublico.org". Derecho Internacional Público - www.dipublico.org. Consultado o 2016-01-24. 
  5. Konda Poll da una cifra aproximada de 11,4 millones, s.v. [1]
  6. El CIA Factbook da una cifra aproximada de 15 millones
  7. Sobre la base de una estimación del 7% de 68,688,433: World Factbook, s.v. Iran; Encyclopedia of the Orient, ed. Tore Kjeilen, s.v. Iran: Religions and Peoples, (N.P.: Lexorient, 2006)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kurdistán