Nacionalismo moldovo
O nacionalismo moldovo[1] ou moldovenismo é un movemento político nacionalista que defende e promociona a identidade moldova. Algúns dos seus defensores adscriben a súa identidade ao Principado de Moldavia medieval. Outros, para explicar as diferenzas actuais entre os habitantes romanófonos das dúas ribeiras do río Prut, adscríbeno á duradeira incorporación de Besarabia no Imperio Ruso e na Unión Soviética. Os seus detractores, pola contra, afirman que os moldovos e os romaneses son un único grupo étnico e que a identidade moldova foi creada artificialmente pola Unión Soviética.
Os partidarios da identidade moldova sosteñen que o pobo de Moldavia se autoidentificou historicamente como "moldovo" antes de que a noción de "romanés" se xeneralizase. A crenza de que romaneses e moldovos de Besarabia e a RSA de Moldavia (MASSR) formaban dous grupos etnonacionais separados, falando linguas diferentes e posuíndo trazos históricos e culturais separados, tamén foi avalada pola Unión Soviética.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moldovo.
- ↑ Charles King, "The Moldovans: Romania, Russia, and the Politics of Culture", Hoover Press, 2000, páx. 62
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Argentina Gribincea, Mihai Grecu Moldova: Situation analysis and trend assessment Arquivado 13 de xuño de 2011 en Wayback Machine. commissioned by the United Nations High Commissioner for Refugees, outubro de 2004.
- Grenoble, Lenore A (2003) Language Policy in the Soviet Union, Springer, ISBN 1-4020-1298-5
- M. Bărbulescu, D. Deletant, K. Hitchins, S. Papacostea, P. Teodor - Istoria României. Ed. Corint, 2004, ISBN 973-653-514-2