Partido Obreiro Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Obreiro Galego (POG)
Partido político da Galiza
Dirixentes e organización
Líder Camilo Nogueira Román e Xan López Facal
Historia
Fundación 1977
Disolución 1980
Posicións políticas
Ideoloxía Nacionalismo galego
Socialismo
Federalismo
1 Refundado coma Esquerda Galega.

O Partido Obreiro Galego (POG), foi un partido galego marxista e nacionalista, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.
En 1977, logo das primeiras eleccións democráticas, Camilo Nogueira lidera un grupo, a Alternativa dos Traballadores Galegos, que se escinde do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno, en outubro funda un novo partido no que se integran ademais membros procedentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia.
Os líderes do novo partido foron Camilo Nogueira, Xan López Facal e nun primeiro momento Xosé Vilas Nogueira.

Logo do I Congreso intégrase na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.
Propugnou o voto en branco no referendo da Constitución de 1978 e o negativo no Estatuto de 1981. En decembro de 1980 refúndase co nome de Esquerda Galega.