Verdegaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega, fundada en 2006.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Verdegaia fundouse logo dunha escisión en ADEGA, a asociación ecoloxista na que en 2005 militaban a maior parte dos membros fundadores de Verdegaia. Ten como obxectivos contribuír á defensa da natureza e propiciar un desenvolvemento sustentábel caracterizado polo ecoloxismo, a xustiza social e a paz. Os medios para acadar estes obxectivos son a investigación, a sensibilización social, o deseño e realización de proxectos, a presión a gobernos e a empresas e a mobilización. A asociación publica desde o 2006 a revista dixital Cos pés na Terra.

En 2018 creou as Brigadas Deseucaliptizadoras, un programa de voluntariado para restituír as especies autóctonas de alto valor ecosistémico onde están ameazadas polo eucalipto e por outras especies invasoras pirófitas[1].

Orixe do nome[editar | editar a fonte]

O nome da asociación é un xogo de palabras entre verdegaia, unha tonalidade de verde claro mestura entre o verde e o branco, cores respectivamente asociadas aos movementos ecoloxistas e pacifistas, e Gaia, nome da Nai Terra na mitoloxía grega.

Ideario[editar | editar a fonte]

O ideario de Verdegaia é:

Núcleos comarcais[editar | editar a fonte]

A asociación conta con núcleos nas seguintes comarcas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "As brigadas". Verdegaia. Consultado o 21/04/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]