Sociedade Nazonalista Pondal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Insignia da Sociedade Nazonalista Pondal, 1929

A Sociedade Nazonalista Pondal foi unha asociación independentista galega de Buenos Aires entre os anos 1927 e 1938.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1927 a Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires converteuse na asociación cultural Sociedade d'Arte Pondal, que axiña adoptou o novo nome de Sociedade Nazonalista Pondal. Fundada por Moisés da Presa, Bernardo Souto, Clemente López Pasarón, Lino Pérez e Bieito Fernández Álvarez. Posuía un voceiro chamado A Fouce, o cal saíu ata 1938.[1]

A Sociedade Nazonalista Pondal foi a unha das primeiras asociacións importante que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia, sen moito éxito. A persoa en quen ía recaer en Galicia a creación dese partido sería Álvaro de las Casas, quen impulsara en febreiro de 1932 os primeiros grupos Ultreya.[2]

En 1938 autodisolveuse para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires. A SNP contou nos seus anos de existencia con arredor de 100 socios.

Entre 1938 e 1941 os seus membros participan da reorganización patriótica galega no exilio, poñendo a súa experiencia militante ao servizo da mesma. Os tres vogais da primeira directiva da Irmandade Galega serían antigos membros da SNP (Vicente Barros, Pedro Campos Couceiro e Xohán González). No 1941 relanzouse A Fouce, que se volverá publicar ata 1944 [1] e da que vicente Barros, será o novo director.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Diéguez Cequiel (2015), pp. 151-158
  2. Diéguez Cequiel (2003), p. 46 e seguintes
  3. Fernández Santiago (2001), p. 198

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diéguez, Uxío-Breogán (2003). Álvaro de las Casas: biografía, documentos e epistolario. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-633-9. 
  • Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (2015). Nacionalismo galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975). Santiago de Compostela: Laoiovento. ISBN 978-8484872771. 
  • Fernández Santiago, Marcelino X. (2001). "Asociacionismo gallego en Buenos Aires (936-1960)". En Núñez Seixas, Xosé Manoel. La Galicia austral. Colección: Argentina Plural (en castelán). Bos Aires: Editorial Biblos. pp. 181–202. ISBN 950-786-283-8.