Abrente-Esquerda Democrática Galega
Aparencia
Abrente-Esquerda Democrática Galega | |||
---|---|---|---|
Tipo | partido político ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 2012 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | abrente-edg.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata[1] nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O seu secretario-executivo e cara máis coñecida é Carlos Aymerich e maioría dos seus membros proveñen de antigas correntes do BNG coma o Colectivo Socialista, Inzar ou Unidade Galega. Orixinalmente, tamén contou co apoio dos alcaldes de Bueu, Tomiño e Rianxo[2]. Tamén conta co apoio de Ana Luísa Bouza, Camilo Nogueira e Suso Veiga.
Ideoloxicamente é o sector máis moderado do BNG, tanto na vertente social coma na nacional. Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 Abrente apoiou unha candidatura conxunta con Anova-Irmandade Nacionalista e Compromiso por Galicia[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (16/02/2013). "Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-07-29.
- ↑ Piñeiro, Xesús Manuel. "Abrente constitúese como corrente no BNG para achegar “outro xeito de entender o nacionalismo”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.]
- ↑ Redacción (02/05/2013). "Abrente aplaude o diálogo de Vence con CxG e Anova". Galicia Confidencial. Consultado o 2024-07-29.