ADEGA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do grupo.

ADEGA é o acrónimo de Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, un grupo ecoloxista galego nacido en 1974 pero legalizado en 1976. Traballa na defensa do medio ambiente galego e global.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Domingo Quiroga foi o primeiro presidente da asociación. Formaron parte das primeiras xuntas directivas personaxes destacados como: Francisco Bermejo, catedrático de Química Analítica; Xosé Bar Boo, arquitecto; Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado; Xosé Manuel Beiras Torrado, portavoz nacional do BNG durante moitos anos, e Fernando González Laxe, que foi presidente da Xunta de Galiza.

Destacouse nos anos 80 por unha campaña contra os vertidos de materiais radioactivos na foxa atlántica. Posteriormente a súa actividade medrou e diversificouse atendendo a numerosos problemas ambientais.

ADEGA publica trimestralmente a revista Cerna, nacida en 1986, onde se tratan asuntos mediambientais de repercusión mundial e en especial os relacionados con Galiza. Desde 2004 impulsou o proxecto ríos, unha iniciativa de educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos, de maneira que as persoas voluntarias adoptan un río que pasa polo seu concello (realízanse inspeccións da saúde do río, un informe anual, conferencias e campañas de limpeza onde é necesario).

Froito dunha escisión fundouse no 2005 a asociación Verdegaia.

En 2009[1] Adela Figueroa Panisse foi substituída na presidencia por Virxinia Rodríguez[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Virxinia Rodríguez asumirá la presidencia del colectivo Adega, nova no Faro de Vigo o 22 de novembro de 2009. (en castelán)
  2. A 34ª Asemblea de ADEGA elixiu a Virxinia Rodríguez, nova Presidenta, na páxina da Federación Ecoloxista Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]