Nova Esquerda Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nova Esquerda Galega
Dirixentes e organización
LíderLois Pérez Leira, Óscar Lomba Álvarez
Historia
Fundación2013
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda, altermundismo, ecoloxismo, galeguismo, nacionalismo galego
Outros datos
Na rede
http://www.blogoteca.com/avozdanovaesquerda/index.php
Integrado en ANOVA-Irmandade Nacionalista desde 2013.

Nova Esquerda Galega é unha organización política galega. Formouse no ano 2013 con antigos militantes de Unidade da Esquerda Galega (UEG) e toda a miltancia de Nova Esquerda Socialista (NES), ambos os dous grupos integrados en ANOVA-Irmandade Nacionalista desde a súa creación[1]. A esta organización, nacida da fusión deses dous pequenos partidos, incorporáronse unha vintena de militantes do PSdeG-PSOE.

Actualmente[cando?] mantén unha relación de colaboración permanente con organizacións como Izquierda Aberta (IzAb), Convergencia por Estremadura (CEX), Ezker Batua (EB-B), Compromís, Espacio Plural e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI)[Cómpre referencia] e forma parte da coalición La Izquierda que avoga pola creación, de cara a futuras convocatorias electorais, dunha fronte de esquerdas que poida crebar o bipartidismo en España.

Os seus máximos dirixentes son Óscar Lomba Álvarez e Lois Pérez Leira, ambos co-voceiros nacionais.

Notas[editar | editar a fonte]