Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Xogos da V Olimpíada |
 |
| Estocolmo 1912 |
| Estados Participantes |
28 |
| Atletas |
2407 |
| Eventos |
102 en 14 deportes |
| Cerimonia de apertura |
5 de maio |
| Cerimonia de clausura |
27 de xullo |
| Apertura oficial |
Rei Gustavo V |
| Local |
Olympiastadion |
Os Xogos Olímpicos de 1912 realizáronse en Estocolmo, capital de Suecia, entre o 5 de maio e o 27 de xullo coa participación de 2407 atletas (48 mulleres) de 28 países. Abertos oficialmente polo Rei Gustavo V, os xa bastante concorridos, prestixiados e famosos Xogos foron un modelo da eficiencia sueca e o primeiro no que compareceron atletas de todos os cinco continentes representados na bandeira olímpica.
Dotados dunha estrutura nunca antes vista, estes foron os primeiros Xogos que utilizaron un, na época, moderno sistema de son con altofalantes espallados polo complexo olímpico e pola cidade, para informar sobre os resultados de cada deporte disputado; alén diso, Estocolmo empregou por primeira vez un sistema de fotografías e cronometraxe semieletrónica, para a marcación dos tempos da Natación e do Atletismo.
Foron tamén os primeiros onde houbo unha cerimonia coreografada de apertura, antes da entrada das delegacións nacionais, realizada por douscentos rapaces vestidos de branco no centro do campo do Estadio Olímpico.
Curiosidades [editar]
- A organización dos Xogos non permitiu a disputa do Boxeo, xa que a lexislación sueca prohibía a práctica deste deporte no país, o que fixo que o Barón de Coubertin de alí en diante aprobase no COI unha resolución que diminuía o poder sobre a organización dos Xogos polo país anfitrión.
- Foi introducido nas Olimpíadas o Péntatlon Moderno, modalidade que combinaba esgrima, Tiro, carreira polo campo, equitación e natación nunha soa proba. En 5º lugar nesta primeira disputa, e primeiro entre os non escandinavos, chegou un xove cadete do exército americano, de quen, trinta anos máis tarde, durante a II Guerra Mundial, sería coñecido como George S. Patton.
- O grande heroe entre todos os atletas que disputaron estes Xogos foi o americano Jim Thorpe, de descendencia indíxena, que conquistou a medalla de ouro no péntatlon e no décatlon, onde arrasou o récord mundial, sendo considerado o máis perfecto atleta do mundo.
Modalidades disputadas [editar]
O
sueco Oscar Swahn na disputa do
Tiro en 1912
Cadro de medallas [editar]
Véxase tamén [editar]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
|
|
|
|
|
|
| Xogos Olímpicos de Verán |
|
|
|
| Xogos Olímpicos de Inverno |
|
|
|
|
|