Tanzania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Jamhuri ya Muungano wa Tanzania
Republic of Tanzania

República de Tanzania
Bandeira de Tanzania Escudo de Tanzania
Bandeira Escudo
Himno nacional: Mungo ibariki Afrika
 
Tanzania (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Dodoma
324 347 (2002)
Cidade máis poboada Dar es Salaam
Linguas oficiais
Kiswahili e inglés
Forma de goberno República
Jakaya Mrisho Kikwete
Mizengo Pinda
Independencia de Tanganica
Fusión Tanganica - Zanzibar
9 de decembro de 1961
12 de xaneiro de 1964
26 de abril de 1964
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 27º
945 203 km²
6,2%
3 861 km
1 424 km
Poboación
 • Total
 • Densidade

40 000 000(2006 est.)
41 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

US$ 16 691 millóns
US$ 428
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


IDH 0,503
Moeda Xilin tanzano (TZS)
Xentilicio tanzano
Fuso horario
 • en verán
UTC+3
non adopta
Dominio de Internet .tz
Prefixo telefónico +255
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO TZ
Membro de: OMC, Unión Africana
Tódolos países do mundo

Tanzania, oficialmente República Unida de Tanzania (suahili Jamhuri ya Muungano wa Tanzania),[1] é un país da África Oriental, limitado ao norte por Uganda e por Quenia, ao leste polo Océano Índico, ao sur por Mozambique, por Malawi e por Zambia e ao oeste por Burundi, por Ruanda e pola República Democrática do Congo, fronteira exclusivamente lacustre, a través do Lago Tanganica. O país inclúe tamén o arquipélago de Zanzíbar, no Índico. O Kilimanjaro, a montaña máis alta de África, está situada no noreste de Tanzania.

O país está dividido en 30 rexións administrativas: cinco na área semi-autónoma do arquipélago de Zanzíbar e 25 no continente, na antiga Tanganica.[2] O xefe do estado é o Presidente Jakaya Mrisho Kikwete, elixido en 2005. Dende 1996, a capital oficial de Tanzania foi Dodoma, onde está localizada a Asemblea Nacional e as oficinas do goberno.[3] Entre a súa independencia e 1996, a principal cidade costeira, Dar es Salaam, serviu como capital política. Segue a ser a principal cidade comercial do país e numerosas institucións do goberno siguen localizadas alí.[2][4] É tamén o porto máis importante do país.[5]

Tanganica e Zanzíbar fusionáronse o 26 de abril de 1964 para formar a República Unida de Tanganica e Zanzíbar.[2] O 29 de outubro dese mesmo ano, o país foi renomeado como República Unida de Tanzania ('Tan' provén de Tanganica e 'Zan' de Zanzíbar).[2] É, canda Quenia e Uganda, un dos tres países da África oriental ex británica. Agás os masai do norte do país, que son nilocamitas, o resto da poboación está formada por unhas 140 tribos bantú, sendo as máis importantes as de sukuma, nyamwezi, gogo e chagga no norte, e makonde e hehe no sur. O suahili e o inglés son as dúas linguas oficiais.

Historia[editar | editar a fonte]

A Tanzania foi unha colonia alemá desde a década de 1880 e 1919. Foi colonia británica entre 1919 e 1961. Pouco despois da independencia, o Tanganica e Zanzibar fundíranse para criar a nación da Tanzania, a 26 de abril de 1964. O réxime de partido único chegou a fin en 1995, ano en que se realizaron as primeiras eleccións democráticas no país desde a década de 1970.

Política[editar | editar a fonte]

Tanganica (a parte continental da actual Tanzania) foi unha colonia alemá desde a década de 1880 ata 1919, cando foi entregada ao Reino Unido, a consecuencia da derrota da Alemaña na Primeira Guerra Mundial; Zanzíbar, a súa parte insular, era un sultanato independente, que se tornou un protectorado británico na mesma altura.

Tanganica tornouse independente o 13 de decembro do 1962 e, o 26 de abril de 1964, uniuse ao Zanzíbar para criar a República Unida da Tanzania. Dentro do acordo de unión, cando o Presidente da República é orixinario do continente, o Vicepresidente é un nativo de Zanzíbar.

O primeiro Presidente da Tanzania foi o "Mwalimu" Julius Nyerere, igualmente Presidente do partido Chama cha Mapinduzi (que significa "Partido da Independencia"). Nyerere, que se conservou no poder ata 1985, conduciu o país segundo unha política denominada "Socialismo Africano", internamente designada "Uxamaa", que significa "unidade" ou "familia", en KiSwahili.

O regime de partido único chegou ao fin en 1995, ano en que se realizaron as primeiras eleccións democráticas no país desde os anos 70.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Tanzania.

Tanzania divídese en 26 rexións (mkoa), vinte e unha na parte continental e cinco en Zanzíbar (tres en Unguja, dúas en Pemba).

Zanzíbar e Tanganica manteñen sistemas legais distintos desde a súa federación, o que reportou varios problemas á xustiza deste país (por exemplo, é necesario pedir a extradición para enviar presos dunha zona a outra). Mentres que as leis vixentes en Tanganica son herdeiras das impostas polos colonos británicos, en Zanzíbar reciben unha forte influencia da Sharia ou Lei Islámica.

As rexións de Tanzania son: Arusha · Dar es Salaam · Dodoma · Iringa · Kagera · Kigoma · Kilimanjaro · Lindi · Manyara · Mara · Mbeya · Morogoro · Mtwara · Mwanza · Pemba Norte · Pemba Sur · Pwani · Rukwa · Ruvuma · Shinyanga · Singida · Tabora · Tanga · Zanzibar Central/Sur · Zanzibar Norte · Zanzibar Urbana/Oeste

Rexións de Tanzania.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A Tanzania é o 27° país do mundo en extensión territorial. É formado polos antigos territorios de Tanganica e Zanzíbar.

No noroeste o país é montañoso, e alí sitúase o Kilimanjaro, a máis alta montaña de África, co 5.895 metros de altitude. Ó norte e ó oeste están os Grandes Lagos africanos, o Lago Victoria (o máis extenso de África, na fronteira co Uganda) e o Lago Tanganica (o máis profundo de África, na fronteira coa República Democrática do Congo).

En Tanzania están dous importantes parques nacionais africanos, o Serengueti e o do Cráter de Ngorongoro.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Tanzania.

Demografía[editar | editar a fonte]

No 2006 estimábase unha poboación de 38.329.000 habitantes, cunha taxa de crecemento do dous por cento. A distribución da poboación e moi desigual, sendo a densidade en rexións áridas de unha persoa por quilómetro cadrado, ou de 51 en planicies húmidas. En Zanzíbar atopamos unha densidade de 134 habitantes por quilómetro cadrado. Mais de 80 por cento da poboación é rural. Dar es Salaam é a maior cidade e é a capital comercial; Dodoma, no centro da Tanzania é a nova capital e sede do Parlamento da Unión.

Cultura[editar | editar a fonte]

Tópicos diversos[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Tanzania.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tanzania. Dictionary.com. Dictionary.com Unabridged (v 1.1). Random House, Inc. (consultado: 27 de marzo de 2007).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Central Intelligence Agency (2013). "Tanzania". The World Factbook. https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/tz.html. Consultado o 12 de xullo de 2013.
  3. "The Tanzania National Website". Tanzania.go.tz. Arquivado do orixinal o 2012-05-29. https://archive.is/xlh4.
  4. "The Tanzania National Website: Country Profile". Tanzania.go.tz. Arquivado do orixinal o 2012-05-29. https://archive.is/xlh4. Consultado o 1 de maio de 2010.
  5. "Dar es Salaam Port", Tanzania Ports Authority

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tanzania

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Goberno
Xeneral
Cultura
Turismo