Estadio Nacional de Pequín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Nacional de Pequín
国家体育场/國家體育場
Stade national Pekin.jpg
Alcumado "Niño de Paxaro"
Datos
Localización Flag of the People's Republic of China.svg Pequín, China
Construción
Inauguración Xuño 2008
Arquitecto Jacques Herzog
Pierre de Meuron
Custo 4 billóns de iuáns (USD $500 millóns)
Estadio
Superficie Pasto
Dimensións longo: 330 m, ancho: 220 m
Capacidade 91,000
Propietario Goberno da República Popular China
Eventos

O Estadio Nacional de Pequín (en chino: 国家体育场/國家體育場, guójiā tǐyùchǎng) foi o Estadio Olímpico para os Xogos do 2008 en Pequín, China, deseñado polos arquitectos suízos Jacques Herzog e Pierre de Meuron, os mesmos arquitectos que deseñaron o estadio Allianz Arena.

O Estadio Nacional de Pequín, é comunmente chamado niño de paxaro, debido á rede de aceiro que o cubre. Ten 330 metros de longo, 220 ms de ancho e 69 ms de altura. É un dos catro proxectos que o goberno do país encargou a diversos arquitectos do mundo. Está equipado cun sistema de enerxía solar e de recollida de auga de choiva para a súa rega e limpeza.

Acollerá as cerimonias de inauguración e clausura, as probas de atletismo e a final de fútbol nos XXOO de Pequín.

O Estadio Olímpico de Pequín é, a xuízo dos arquitectos "un brillante desafío estético e estrutural" cuxa audacia artística e técnica tivo necesariamente que impresionar a un xurado do que formaban parte impresionantes profesionais como Koolhaas, Nouvel ou Perrault, outorgando así aos arquitectos suízos o encargo maior e quizais máis decisivo das súas carreira.

Á parte do "Estadio Nacional de Pequín" atópase en construción o "Centro Nacional de China", A "sede da Televisión Central de China" e "O Gran Teatro Nacional".

Bird's Nest stadium, May 2008.jpg

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Nacional de Pequín

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]