BMX

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O BMX (acrónimo de Bicycle Moto Cross) é unha modalidade acrobática do ciclismo orixinada en California nos anos 1970.

Índice

[editar] Orixe

O BMX orixinouse en California ó comezo dos anos 70, cando os xoves tentaban imitar ós campións de motocross coas súas bicicletas. Nos anos 1980 xeneralizouse a variante coñecida como race, ou carreiras en circuítos de terra, moi similares ás realizados con motos. Máis tarde, a mediados da década dos 80, coas primeiras bicis exclusivas de freestyle comezaríanse a facer trucos en skateparks ou incluso na rúa, consolidando o que agora coñecemos como BMX.

Máis concretamente, en 1977, a American Bicycle Association (ABA) deu en organizarse como unha entidade nacional para o crecemento do deporte que se introduciu en Europa en 1978. En abril de 1981, se fundo a Federación Internacional de BMX , e o primeiro campionato do mundo celebrouse en 1982. Dende xaneiro de 1993 o BMX foi integrado dentro da Union Cycliste Internationale.o que se coñece como agora UCI.

[editar] Características das bicicletas de BMX

As bicicletas son de tamaño pequeno (as rodas teñen un diámetro de 20" polgadas), para gañar manexabilidade sobre elas. Os cadros adoitan estar fabricados en cromomoly 4130 (aliaxe de cromo e molibdeno) e adoitan ser algo máis longos para Rampla E Dirt Jump (21-21.5 polgadas) e os curtos (20,75, 20.5 polgadas) para Street (rúa). O tamaño do prato cambia dependendo a modalidade. En rampla, flatland e street lévanse polo normal pequenos, con relacións que varian dende 25 dentes de prato a 30,principalmente por lixeireza e comodidade, un prato así pequeno non toca coas superficies, e os pratos máis grandes (35, 40 dentes) úsanse en dirt e race para desenvolver maior velocidade dado o maior tamaño do prato, pero estanse abandonando polo seu elevado peso. O rotor é frecuentemente usado para flatland e rampla, para poder dar voltas ó guiador sen problemas cos freos, e en rúa é substituído por un cable. Os pegs, que son uns apoios feitos en Cromoly, aluminio mecanizado ou plástico (A última fornada) lévanse na maioría de modalidades, sendo usados en rampla para facer stalls, consistentes en se cravar no coping da rampla e realizar trucos como se manter sobre un peg, etc, e en rúa para grindar sobre cemento, varandas, bancos etc..., e adoitan ser máis longos e resistentes do habitual. En race e dirt non se usan.

[editar] Trucos básicos

  • BunnyHop: É o salto básico de BMX. Consiste en tirar do guiador cara arriba e logo empuxalo cara a diante mentres se recollen as pernas para deixar que a bici suba.
  • Nollie: É un salto como o BunnyHop pero invertido. Primeiro bótase o peso do corpo cara diante para levantar a roda traseira mentres se encollen os brazos. Logo estiranse os brazos con forza para lanza-lo corpo cara arriba e vólvense a recoller para que a bicicleta suba. É un truco moi difícil que se adoita usar para baixar chanzos de lateral xa que neste caso non é necesario saltar demasiado.
  • Fakie: Consiste en ir en sentido contrario á dirección natural da bicicleta, é dicir cara atrás. Para isto é necesario pedalar cara atrás, para que a bici non se free, aínda que pódese usar un piñon freecoaster que permite ir cara a atrás sen pedalar. Calquera truco ó que se lle engada FAKIE significa que se fai desprazándose cara a atrás.
  • Rollback ou half cab: Xirar 180 graos a bicicleta no chan para cambia-lo sentido a marcha. Úsase para saír do Fakie.
  • 180 BunnyHop: Dáse un salto dende o chan e xírase 180 graos no aire. Úsase para empezar un Fakie, xa que a aterraxe faise cara a atrás.
  • 360: Consiste en dar unha volta completa sobre ti mesmo. Non ten nada que ver co 180, posto que este se realiza dun modo distinto.
  • Manual: Desprazarse en equilibrio sobre a roda traseira sen dar pedais, axudado unicamente polo peso do teu corpo botado cara a detrás.
  • NoseManual: Desprazarse en equilibrio sobre a roda dianteira unicamente. Para empezar é conveniente usa-lo freo dianteiro para se colocar na posición. Debe ser en movemento, se é en parado chámase endo ou invertido.
  • Tailwhip: consiste en xira-lo cadro da bike en 360º e a parte do guiador debe estar fixa
  • Barspin: consiste en xira-lo guiador 360º
X-up
  • X-Up: É moi asemellado ó Barspin pero o guiador xira só 180º, entón os brazos forman unha forma de X, o X-Down é o mesmo pero en direccion contraria.
  • Footjam: Consiste en poñer un pé (xeralmente o que levas diante) sobre a roda dianteira provocando que a bici faga unha cabriola. Existe unha variante chamada Footjam Tailwhip que combina os 2 trucos.
  • Tabletop: Consiste literalmente en "pregar" a bici cara un costado, asemella un truco doado, pero require moitos meses de práctica. Se a bici queda á altura do home chámase invert
  • Non Hand/Foot: É un truco que consiste en solta-las dúas mans do guiador e las volvelas a poñer. Xeralmente agárrase o cadro cos xeonllos botándoo cara a arriba de maneira que teñámo-lo guiador no ventre e soltémo-las mans. O Non Foot consiste en solta-los pés dos pedais e face-lo que queiramos. O Non footed Can Can é unha variacion do Non foot que consiste en quita-las pernas dos pedais e las estiralas cara un lado da bicicleta, como se se pegase unha patada ó aire
  • One Hand/Foot: Exactamente igual cós anteriores só que soltando unha soa man ou pé.
  • Backflip: É un dos trucos mais difíciles, este truco consiste en dar unha volta cara atras. Tamén existe o Frontflip que é o mesmo pero dando unha volta cara adiante (este truco é moito mais complicado có backflip) e tamén existe o double back flip que consiste en dous backflips consecutivos.
  • Turndown: consiste en estirar as pernas ó máximo e cruza-lo guiador por detrás destas
  • nothing*. Consiste en solta-la bicicleta por completo, tratar de que o corpo quede como unha estrela de mar.

[editar] Modalidades

[editar] Race

Carreira en pista de terra

Realízase nunha pista que é unha emulación do motocross, hai dous tipos de bici definidas polo diámetro da pranta: 20" e 24". As competicións son co mesmo formato ca no atletismo de pista: Saen oito corredores cada un pola rúa que lle asignaron tras cae-la vala. O circuíto ten unha lonxitude aproximada de 400m que os corredores completan en aproximadamente 30 segundos. Só pasan á seguinte rolda os 4 primeiros clasificados ata formar unha manga final.

[editar] FreeStyle

Dentro do FreeStyle diferéncianse 5 modalidades:

  • Dirt jump: Esta modalidade de freestyle consiste en realizar saltos (jumps) acrobáticos utilizando ramplas de terra (dirt).
Flatland
  • Flatland: O flatland é a modalidade na cal as acrobacias (tricks) son desempeñadas nunha superficie de concreto ou pavimento, realizando xiros subido nos pegs, o cadro, guiador... o equilibrio e concentración necesarios fai desta disciplina quizais unha das máis difíciles de dominar. As bicis utilizadas en flatland adoitan ter formas especiais para mellora-lo equilibrio.
  • Park: Consiste en realizar acrobacias utilizando un conxunto de ramplas e outros obstáculos de concreto ou madeira (nunha configuración chamada "park"). O acróbata trata de formar "liñas" no parque e pasar dun truco a outro, dun obstáculo a outro, con fluidez. Os trucos máis comúns adoitan se-lo barspin (volta ó guiador), tailwhip (volta ó cadro), x-up (180º co guiador, deixando os brazos en posición de "X"), crankflip (volta ás bielas) e trucos máis extremos, como backflip ou frontflip, superman (coa variante "seatgrab"). Incluso pódense realizar nos bordos das ramplas trucos de grind ou grab (máis comúns en street). Tamén son comúns trucos realizados ó subir ó bordo da rampla, como o tailtap ( face-lo manual sobre a superficie horizontal da rampla e volver a caer).
  • Vert: Para esta modalidade do deporte, é necesario contar cunha rampla de madeira con polo menos unha sección completamente vertical na parte superior. Esta sección permite ó acróbata saltar verticalmente ó realiza-los seus trucos e volver a caer na mesma rampla. Polo xeral, as ramplas son construídas nunha configuración chamada half-pipe (medio tubo). Os trucos, similares ós do "Park", a excepción de que non se cambia de rampla, e os "aéreos" (voos ó saltar dende a rampla) adoitan ser moito máis altos.
  • Street: Para esta forma de BMX procúranse obstáculos "naturais" na rúa (street), é dicir, parte do terreo urbano. Exemplos destes obstáculos poden ser un banco no parque, unha parede, etc. Nesta modalidade adoitan facer trucos de grind, que consisten en esvarar cos pegs ou combinalos con outras partes da bici: Double (Con dous pegs, a esquerda ou dereita), Feeble ou Smith (Combinando un o tubo de atrás coa roda dianteira, ou viceversa) e croocked (co peg e o prato). As bicis de street adoitan ser máis longas e lixeiras cás de vert e bike-park, non adoitan levar rotor, no seu lugar levan un cable lineal que permite como máximo un par de voltas, para trucos como o barspin ou x-up. Os corredores con moita experiencia incluso realizan trucos como o tailwhip en chan, sen ningunha rampla. É moi común tamén o manual (mante-lo equilibrio erguendo a roda dianteira e sen pedalar) e nose (ó contrario que o manual), e os trucos como o fufanu ou o abubaca(cravarse coa roda dianteira ou traseira en algo elevado).

[editar] BunnyHop

Aínda que non se coñece o creador e quen lle deu nome ó salto en bicicleta. Este coñécese a nivel mundial como Bunnyhop o que viría a ser como brinco do coelliño. O Bunnyhop é unha técnica igual ou máis complexa có Ollie (salto sen mans en skate, chamado así polo seu creador Alan Ollie Gelfand), este truco consiste en levantar no aire ambas rodas da BMX mentres se salta, isto permite pasar obstaculos, saltar para grindar ou simplemente como manobra chamativa. Para facer un bunnyhop primeiro o rider pedala ata atinxir estabilidade, logo tira o peso do corpo cara atrás e salta erguendo pés e mans, logo no aire debe empuxar un pouco o guiador cara a adiante para emparellar a roda traseira coa altura da dianteira, pero a altura do salto depende de canto se ergan os pés (sen despegalos dos pedais e sen pedalar).De BunnyHop evitando unha cuberta de vehículo como obstaculo.

Ferramentas persoais