Iván Raña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Iván Raña, logo de quedar segundo na Copa do Mundo de Madrid 2006.

Iván Raña Fuentes, nado o 10 de xuño de 1979 en Ordes, é un deportista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Foi o primeiro triatleta galego en conseguir un campionato do mundo da especialidade, o primeiro en vencer nunha proba da Copa do Mundo e en participar nuns Xogos Olímpicos. Raña tivo unha vertixinosa progresión deportiva que se freou nos Xogos Olímpicos de Atenas, onde obtivo unha discreta posición por culpa das lesións e non puido revalidar o diploma colleitado catro anos antes en Sydney. Na tempada de 2006 recuperou outra vez a primeira liña mundial.

Se ben o triatlón valora o equilibrio na preparación entre as súas tres especialidades, a que se lle dá mellor a Raña é a bicicleta. Por esta razón a finais do 2008 ofreceuse ó equipo ciclista Xacobeo Galicia para formar parte do plantel, e tras estudar a oferta Álvaro Pino, decidiu a súa contratación, co que pasou a formar parte dese equipo profesional[1].

[editar] Mellores resultados

[editar] Campionatos do mundo

Lugar Posición Data Título
Cleveland (Estados Unidos) 4 (iúnior) 1996
Perth (Australia) 4 (iúnior) 16.09.1997
Lausanne (Suíza) 6 (iúnior) 30.08.1998
Montreal (Canadá) 3 (iúnior) 12.09.1999 Bronce Bronce
Perth (Australia) 23 30.04.2000
Édmonton (Canadá) 4 22.07.2001
Cancún (México) 1 10.11.2002 Ouro Ouro
Queenstown (Nova Celandia) 2 6.12.2003 Prata Prata
Arquipélago de Madeira (Portugal) 2 9.5.2004 Prata Prata
Lausanne (Suíza) retirouse 03.09.2006
Hamburgo (Alemaña) retirouse 02.09.2007
Vancouver (Canadá) 19 08.06.2008

[editar] Xogos Olímpicos

Lugar Posto Data Título
Sidney 5 16.09.2000 Diploma olímpico
Atenas 23 26.08.2004

[editar] Copa do Mundo

Lugar Posto Data Marca Título
Tiszaujvaros (Hungría) 50 08.08.1999 1:55'25"
Cancún (México) 2 10.10.1999 1:48'01" Prata Prata
Noosa (Australia) 34 07.11.1999 1:51:40"
Río de Xaneiro (Brasil) 10 26.03.2000 1:47:00"
Hawaii (Estados Unidos) 4 01.04.2000 1:53:46"
Ixigaqui (Xapón) 4 09.04.2000 1:48:26"
Newfoundland (Canadá) 5 30.07.2000 1:56:37"
Gamagori (Xapón) 13 15.04.2001 1:49:14"
Ixigaqui (Xapón) 1 22.04.2001 1:46:17" Ouro Ouro
Rennes (Francia) 4 13.05.2001 1:46:12"
San Petersburgo (Estados Unidos) 13 27.04.2002 1:54:55"
Ixigaqui (Xapón) 2 19.05.2002 1:49:44" Prata Prata
Gamagori (Xapón) 6 09.06.2002 1:50:35"
Funchal (Portugal) 1 13.10.2002 1:46'11" Ouro Ouro
Santo Antonio (Estados Unidos) abandonou 26.04.2003
Tiszaujvaros (Hungría) 38 03.08.2003 1:51'36"
Nova York (Estados Unidos) 8 10.08.2003 1:47'32"
Madrid (España) 4 21.09.2003 1:50'05"
Madeira (Portugal) 1 19.10.2003 1:46'22" Ouro Ouro
Salford (Reino Unido) 8 25.07.2004 1:57'17"
Honolulu (Estados Unidos) abandonou 16.04.2005
Mazatlan (México) 35 24.04.2005 1:55'11"
Madrid (España) 13 05.06.2005 1:56'18"
Aqaba (Xordania) 6 10.03.2006 1:49'09"
Mooloolaba (Australia) 15 26.03.2006 1:52'45"
Mazatlan (México) 7 07.05.2006 1:51'50"
Madrid (España) 2 04.06.2006 1:53'17" Prata Prata
Corner Brook (Canadá) 5 23.07.2006 1:55'40"
Cancún (México) 9 5.11.2006 1:48'29"
Lisboa (Portugal) 26 5.5.2007 1:55'22"
Madrid (España) 3 3.6.2007 1:56'08" Bronce Bronce
Des Moines (Estados Unidos) 10 17.6.2007 1:51'51"
Salford (Reino Unido) 5 29.7.2007 1:52'33"
Beixín (China) 6 16.9.2007 1:49'23"
Madrid (España) non rematou 25.5.2008
Hamburgo 6.7.2008 1:48'00"
Kitzbühel 20.7.2008 1:45'23" Ouro Ouro

[editar] Campionatos de Europa

Lugar Posición Data Marca Título
Copenhague (Dinamarca) retirado 1.7.2007
Lisboa (Portugal) 18 10.5.2008 1:56'00"

[editar] Galardóns

En setembro de 2000 foi elexido 'Galego do Mes' por El Correo Gallego. Iván Raña recibiu en 2003 a Medalla de Prata de Galicia, que outorga o goberno galego.

[editar] Referencias

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas