Xogos Olímpicos de 1924

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da VIII Olimpíada
Olympic rings with white rims.svg
París 1924
Estados Participantes 44
Atletas 3089
Eventos 126 en 17 deportes
Cerimonia de Apertura 4 de maio
Cerimonia de Clausura 27 de xullo
Apertura oficial Gaston Doumergue
Xuramento do Atleta Georges André
Local Estadio de Colombes

Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.

Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.

Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A proba dos 100m lisos foi gañada por un inglés, Harold Abrahams, poñendo fin a unha longa imbatibilidade norteamericana na máis popular das probas do atletismo. A historia desta proba e do seu campión foi levada ós cinemas en 1981 no filme Chariots of Fire, que conquistou catro Oscars, entre eles o de mellor filme, e transformou a música tema, do grego Vangelis, no himno de todos os corredores do mundo.
Paavo Nurmi
  • Paavo Nurmi, o fantástico corredor finlandés coñecido como Home-Reloxo, por ter o costume de correr cun reloxo na man controlando o tempo de cada unha das súas voltas, conquistou cinco medallas de ouro no Atletismo, sumando un total de oito coas gañadas anteriormente nos Jogos de Antuerpen. Nurmi conseguiu a fazaña de vencer os 1500 metros e os 5000 metros no mesmo día, con 55 minutos de diferenza entre as probas.
  • O Tenis tivo a súa última participación en París, retornando ós Xogos en 1988, 64 anos máis tarde, en Seúl.
  • Irlanda participa por primeira vez como equipo independente.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Participantes

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Flag of the United States.svg Estados Unidos 45 27 27 99
2 Flag of Finland.svg Finlandia 14 13 10 37
3 Flag of France.svg Francia 13 15 10 38
4 Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 9 13 12 34
5 Italy flag 1861.png Italia 8 3 5 16
6 Flag of Switzerland.svg Suíza 7 8 10 25
7 Flag of Norway.svg Noruega 5 2 3 10
8 Flag of Sweden.svg Suecia 4 13 12 29
9 Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 4 1 5 10
10 Flag of Belgium.svg Bélxica 3 7 3 13