Samoa Americana
| American Samoa Samoa Americana |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Samoa Americana (en inglés American Samoa e en samoano Amerika Samoa) é unha colonia dos Estados Unidos no Océano Pacífico sur. Está situada a 7.700 km da costa americana. En realidade o nome fai referencia ao xentilicio dos Estados Unidos, por contraposición á Samoa Alemana tras a repartición entre as potencias coloniais.
Índice |
[editar] Historia
Habitada desde hai uns 3.000 anos, os exploradores europeos chegaron á illa no século XVIII.
As rivalidades internacionais na última metade do século XIX acougaron cun tratado de 1899 no que Alemaña e Estados Unidos dividiron o arquipélago samoano. Estados Unidos ocupou formalmente a súa porción -un grupo máis pequeno de illas orientais coa coñecida rada de Pago Pago- ao ano seguinte. As illas occidentais son agora o estado independente de Samoa.
A armada estadounidense construíu unha estación carboeira na baía de Pago Pago para a escuadra do Pacífico, nomeou a un secretario local e asegurou un Documento de Cesión de Tutuila en 1900 e un Documento de Cesión de Manua en 1904. Durante a Segunda Guerra Mundial os infantes de mariña norteamericanos en Samoa Americana, superiores á poboación local, tiveron unha enorme influencia cultural.
Tras a Segunda Guerra Mundial, un intento do Departamento do Interior norteamericano no Congreso por pasar á Acta Orgánica 4500 para a incorporación de Samoa Americana, foi derrotada co esforzo dos xefes samoanos americanos liderados por Tuiasosopo Mariota, e estes esforzos levaron á creación dunha lexislación local, a Fono de Samoa Americana. Á vez que o gobernador naval foi nomeado, foi substituído por un gobernador elixido localmente. Aínda que tecnicamente considerada "desorganizada" en que o Congreso norteamericano non pasou un Acta Orgánica para o territorio, Samoa Americana ten goberno propio baixo unha constitución que se fixo efectiva o 1 de xullo de 1967. O territorio estadounidense de Samoa Americana está na lista de territorios sen goberno propio das Nacións Unidas, unha lista da que o país discrepa.
Parque Nacional
En 1988, o Congreso de Estados Unidos creou o Parque Nacional Samoa Americana para protexer á flora e fauna local.
[editar] Xeografía
As illas ocupan un área total de 199 km² repartida en cinco illas volcánicas de escarpadas montañas e estreitas chairas na costa, e dous atois de coral.
O clima é tropical, moderado polos ventos alisios do sueste. Non hai moita variación estacional de temperatura. A época de choivas é de novembro a abril, con posibilidade de furacáns de decembro a marzo, e a época seca é de maio a outubro.
[editar] Illas
As illas, de oeste a este, son:
- Tutuila, a máis grande, co porto natural de Pago Pago, a capital.
- Aunu'u, illote preto de Tutuila.
- Illas Manua, grupo de illas:
- Atol Rose
- Swains, atol situado ao norte, xeograficamente no arquipélago de Tokelau.
[editar] Poboación
A poboación é de 57.902 habitantes (xullo 2004). Étnicamente un 89% son polinesios samoanos, 4% Tonganos e 2% de orixe europea.
A maioría da xente é bilingüe en inglés e samoano.
|
|||||||||||
