Xogos Olímpicos de 1976
| Xogos da XXI Olimpíada | |
|---|---|
| Montreal 1976 | |
| Estados Participantes | 92 |
| Atletas | 6028 |
| Eventos | 198 en 21 deportes |
| Cerimonia de Apertura | 17 de xullo |
| Cerimonia de Clausura | 1 de agosto |
| Apertura oficial | Isabel II do Reino Unido |
| Xuramento do Atleta | Pierre St.-Jean |
| Entrada do Facho Olímpico | Stéphane Préfontaine e
Sandra Henderson |
| Local | Stade Olympique |
Os Xogos Olímpicos de 1976 foron realizados en Montreal, Canadá, entre o 17 de xullo e o 1 de agosto de 1976, coa participación de 6.804 atletas de 92 estados competindo en 21 deportes, foron os primeiros marcados por un grande boicot de estados integrantes do movemento olímpico.
Índice |
Historia e características [editar]
Lideradas pola Republica do Congo, 26 estados africanos, Iraq e Güiana recusaron participar nos Xogos, en protesta pola recusa do COI en impedir a participación neles de Nova Celandia, que mandara a un famoso equipo de rugby local de excursión por Sudáfrica, país apartado da comunidade deportiva internacional pola súa política racial do Apartheid, facendo que o nivel de diversas probas do atletismo ficase abaixo do se podería agardar, xa que os africanos dominaban esas probas.
Montreal, conquistou o dereito de sediar os Xogos contra cidades importantes como Os Ánxeles e Moscova.
Economicamente, os Xogos foron un fracaso, causando o maior prexuízo financeiro da historia da competición, máis de 2 billóns de dólares americanos, levando a Canadá a pasar décadas até conseguir eliminar a débeda contraída para a organización do evento. No campo deportivo, unha nova decepción, por primeira e única vez na historia, o país anfitrión terminaría a competición sen conseguir conquistar unha única medalla de ouro.
Curiosidades [editar]
- A raíña Isabel II abriu oficialmente os Xogos e toda a familia real británica compareceu na cerimonia de apertura. A chama olímpica transmitiuse “eletronicamente” por impulsos eléctricos de Atenas até Otava, capital do país, a través de sinais de satélite, levándose en relevo deseguido até Montreal, entrando no estadio conducida por unha parella de rapaces, un de descendencia francesa e a outra de descendencia inglesa, Stéphane Préfontaine e Sandra Henderson, representando as dúas culturas que formaron o país.
- Todo o moderno aparato de acendemento do facho vía electrónica transoceánica perigou cando días despois de aceso, debaixo de forte choiva, o lume da pira apagou e tivo que ser novamente acesa por un funcionario do estadio cun simple chisqueiro; os organizadores mandaron apagar a pira de novo para acendela cun facho substituto.
- A ximnasta romanesa Nadia Comaneci, de apenas 14 anos, foi a grande estrela de Montreal, sendo a primeira atleta da historia en recibir a nota perfecta de 10.0 neste deporte, na modalidade de barras asimétricas. A nota tivo que ser presentada nos marcadores eletrónicos do ximnasio como 1.00, pois non fora fabricado para presentar dous díxitos antes da división da fracción, xa que a nota 10 era considerada imposible. Comaneci conquistaría tres medallas de ouro e recibiría nada máis e nada menos que outras sete notas de 10 do equipo de xurados durante a competición.
- Foron introducidos nestes Xogos as modalidades femininas do baloncesto, balonmán e remo .
- O soviético Viktor Saneyev sagrouse tricampión olímpico do triple salto, derrotando ó entón marquista mundial, o brasileiro João Carlos de Oliveira.
- A princesa Anne de Inglaterra foi a única participante feminina dos Xogos en non ser sometida ó teste de confirmación de sexo. Anne fixo parte do equipo inglés de equitación.
- O ximnasta xaponés Shun Fujimoto conquistou a excelente nota de 9.7 nas argolas, axudando a conseguir a medalla de ouro por equipos para Xapón, que disputaba a lideranza lado a lado coa URSS. Fujimoto realizou a proba co xeonllo quebrado.
- Clarence Hill, de Bermuda, conquistou a medalla de bronce na categoría super-pesado do Boxeo, dando ó seu pequeno país a honra de se tornar o estado de menor poboación do mundo (53.500 habitantes na época) en gañar unha medalla nos Xogos Olímpicos.
Modalidades disputadas [editar]
Cadro de medallas [editar]
| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | |
|
|
Total |
| 1 | 49 | 41 | 35 | 125 | |
| 2 | 40 | 25 | 25 | 90 | |
| 3 | 34 | 35 | 25 | 94 | |
| 4 | 10 | 12 | 17 | 39 | |
| 5 | 9 | 6 | 10 | 25 | |
| 6 | 7 | 6 | 13 | 26 | |
| 7 | 6 | 9 | 7 | 22 | |
| 8 | 6 | 4 | 3 | 13 | |
| 9 | 4 | 9 | 14 | 27 | |
| 10 | 4 | 5 | 13 | 22 | |
|
||||||||||||||||||