Xogos Olímpicos de 1904

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos Olímpicos de 1904
SedeSt. Louis, Estados Unidos
Nacións12
Atletas651 (645 homes, 6 mulleres)
Eventos95 en 16 deportes (17 disciplinas)
Apertura1 de xullo de 1904
Clasura23 de novembro de 1904
Inaugurado porDavid R. Francis[1]
EstadioUniversidade Washington en St. Louis Francis Olympic Field

Os III Xogos Olímpicos realizáronse na cidade de St. Louis, no estado de Missouri, Estados Unidos. Da mesma maneira que os Xogos anteriores en París, estes foron novamente integrados a unha grande exposición e feira de negocios, desta vez a Louisiana Purchase Exhibition, sen ningunha relación co deporte. Tamén como en París, os Xogos alongáronse durante cinco meses, sendo inaugurados o 1 de xullo e tendo a súa clausura o 23 de novembro de 1904.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Indignado coa situación, que en todo repetía a desorganización e a lixeireza amosada nos Xogos de París catro anos antes, Pierre de Coubertin, mesmo recibindo unha carta do Presidente Theodore Roosevelt implorando a súa presenza, recusouse a comparecer a St. Louis para a cerimonia de apertura e permaneceu en Europa.

Por causa da grande distancia transoceánica, varios países de Europa non compareceron e os países participantes limitáronse a 12, con 16 modalidades deportivas disputadas, resultando máis dos tres cuartos dos 651 atletas presentes (645 homes e 6 mulleres) dos propios Estados Unidos, o que explica a gran cantidade de medallas conquistadas polo país anfitrión e a enorme diferenza no Cadro de Medallas para o segundo colocado.

Modalidades olímpicas disputadas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 United States Estados Unidos 78 82 79 239
2 Germany Alemaña 4 4 5 13
3 Cuba Cuba 4 2 3 9
4 Canadá Canadá 4 1 1 6
5 Hungary Hungría 2 1 1 4
6 Mixed team Equipo mixto 1 1 0 2
Great Britain and Ireland Reino Unido 1 1 0 2
8 Greece Grecia 1 0 1 2
Switzerland Suíza 1 0 1 2
10 Austria Austria 0 0 1 1

Obs: Equipos mixtos, permitidas na época, formados por atletas norteamericanos e cubanos, conquistaron 1 medalla de ouro e 1 medalla de prata, en Atletismo e en Esgrima.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Factsheet – Opening Ceremony of the Games f the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.