Haití

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Repiblik d Ayiti
République d'Haïti

República de Haití
Bandeira de Haití Escudo de Haití
Bandeira Escudo
Lema: L'union fait la force
(Francés: A unión fai a forza)
Himno nacional: A Dessalinienne
 
Haiti (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Porto Príncipe
1.900.000 (2003)
Cidade máis poboada Porto Príncipe
Linguas oficiais
* Creole haitiano
Forma de goberno República
Michel Martelly

Jean-Max Bellerive

Independencia
De Francia

1 de xaneiro de 1804

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 147º
27.750 km²
0,7%
360 km km
1.771 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 90º
8.121.622 (2005 est.)
255 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 128º
11.570 millóns de dólares [1]
1.317 dólares[1]
IDH (2006) 0.482 (154º) – Baixo
Moeda Gourde (HTG)
Xentilicio Haitiano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC-5
UTC-4
Dominio de Internet .ht
Prefixo telefónico +1 509
Prefixo radiofónico HHA-HHZ, 4VAI-4VZ
Código ISO 332 / HTI / HT
Membro de: ONU, OEA, CARICOM, UL, Grupo de Río, AEC.
Tódolos países do mundo

A República de Haití é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o Océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o Mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa da Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a illa de Vaches, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos. A súa área total é de 27.750 km cadrados, albergando unha poboación de 10.033.000 habitantes (2009).[2]. A súa capital e cidade máis importante é Porto Príncipe.

Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en Latinoamérica en declarar a súa independencia e o segundo do continente tras Estados Unidos. Accedeu á independencia tras un proceso revolucionario de carácter abolicionista iniciado en 1791 que desembocou nunha prolongada loita armada contra Francia, a potencia colonizadora desde finais do século XVII. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da África subsahariana, en escenario do primeiro caso na Historia de escravos que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas Nacións Unidas mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición o 23 de agosto,[3] e a institución da medalla Toussaint Louverture, en homenaxe a un dos líderes políticos haitianos.

Haití está constituído en forma de república semipresidencialista segundo a Constitución aprobada en 1987, pero cuxa vixencia ficou suspendida dende aquela en varias ocasiones pola violencia, particularmente tralo golpe de estado militar de 1991 e a crise de 2004, onde interviñeron as Nacións Unidas mediante o destacamento da Misión de Estabilización das Nacións Unidas en Haití (MINUSTAH). Tras un proceso electoral tutelado pola comunidade internacional en 2006, o Xefe do Estado, escolleito por sufraxio universal, é René Préval mentres que a Asemblea Nacional de Haití designou no 2009 a Jean-Max Bellerive como primeiro ministro.

A economía de Haití xerou no 2009 un PIB nominal de 6.908 millóns de dólares e unha renda per cápita de 772 dólares,[4] sendo a máis pobre de todo o continente americano e unha das máis desfavorecidas do mundo. Segundo The World Factbook, o 80% da súa poboación vive na miseria e dous terzos da xente dependente do sector da agricultura e pesca,[5] tradicionalmente organizado en pequenas explotacións de subsistencia. Houbo unha intensiva e descontrolada deforestación que minguou a superficie arborada de Haití do 60% en 1923 a menos do 2% en 2006.[6] As devastadoras tormentas tropicais que sofre afectan ás escasas infraestruturas de comunicacións que ten, aumentando máis así a súa inestabilidade. O sector industrial máis relevante é o téxtil, que representa máis do 75% do volume de exportacións, principalmente cara Estados Unidos, e o 90% do PIB.[7] Haití está incluído no programa do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial como país en vías de desenvolvemento altamente endebedado (Highly-Indebted Poor Country, HIPC).[8]

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Haití.

A illa de Haití foi descuberta o 5 de decembro de 1492 por Cristóbal Colón e fai parte das chamadas Antillas Maiores. Antes do descubrimento español, estaba habitada polas culturas Arawak, Caribes e Taínos; a súa poboación estimada entón era duns 300.000 habitantes.

En 1804, Jean Jacques Dessalines proclamou a independencia de Haití e erixiuse emperador. En 1822, as tropas haitianas invadiron a parte oriental da illa de A Española (República Dominicana), que non recobrou a súa independencia ata 1844. A grande inestabilidade política do país serviu a Estados Unidos como pretexto para invadilo e exercer así un control absoluto ata 1934.

Os sucesos seguintes reflectiron a pugna entre as autoridades mulatas e as masas populares afrodescendientes.

En 1957 foi elixido como Presidente de Haití François Duvalier, coñecido popularmente como Papa Doc, quen gobernou dictatorialmente con axuda militar e financeira de Estados Unidos, e ata en 1964 fíxose proclamar presidente vitalicio. O seu fillo Jean-Claude Duvalier (Baby Doc) sucedeuno en 1971. En xaneiro de 1986 unha insurrección popular obrigoulle a exiliarse e o exército fíxose co control do poder mediante a formación dun Consello Nacional de Goberno, presidido polo xeneral Henri Namphy.

En xaneiro de 1988 foi presidente Leslie François Manigat, deposto en xullo do mesmo ano por Namphy. Derrocado á súa vez por Prosper Avril. Tras unha presidencia de provisional de Ertha Pascal Trouillot, deposta por un golpe de estado, foi presidente electo a partir de febreiro de 1991 Jean-Bertrand Aristide.

Jean Bertrand Aristide é tamén deposto por un golpe de estado no ano 2004. De aí rexurdiron violentos episodios que culminaron na ocupación de Haití por parte dos "Cascos Azuis" da ONU. No 2006, René Préval resulta electo presidente do país. A cronoloxía da historia haitiana é, pois, como segue:

  • 1492 : Descubrimento da illa por Cristóbal Colón.
  • 1517 : Autorización de trátaa de negros escravos por Carlos V.
  • 1697 : Separación da illa entre Francia e España baixo o tratado de Tordesillas.
  • 1685 : Promulgación do Código Negro baixo Luís XIV.
  • 1790 : Asemblea Colonial polos colonos brancos.
  • 1791 : Revolta dos escravos.
  • 1793 : Liberación dos escravos de Saint-Domingue polos comisarios Sonthonax e Polverel.
  • 1794 : Abolición xeral da escravitude pola Convención.
  • 1801 : Promulgación dunha constitución baixo Toussaint Louverture.
  • 1802 : Pacto de Amizade con Inglaterra. Expedición de Leclerc.
  • 1804 : Independencia de Haití.
  • 1822 : Haití invade a parte leste da illa de Santo.
  • 1826 : Recoñecemento da independencia por Francia, contra unha indemnización de 150 millóns de francos-ouro.
  • 1844 : Haití perde o control sobre a parte Este. Independencia de República Dominicana.
  • 1915-34 : Ocupación militar estadounidense.
  • 1957 : Elección de François Duvalier.
  • 1971 : Jean-Claude Duvalier sucede ao seu pai o 22 de abril.
  • 1986 : Foro e exilio de Jean-Claude Duvalier (7 de febreiro do 1986).
  • 1988 : Leslie F. Manigat (7 de febreiro do 1988 - 20 de xuño do 1988) (candidato á elección presidencial de 2006).
  • 1988 : Henri Namphy (20 de xuño de 1988 - 18 de setembro de 1988).
  • 1988 : Prosper Avril (18 de setembro de 1988 - 10 de marzo de 1990).
  • 1990 : Ertha Pascal-Trouillot (18 de marzo de 1990 - 7 de febreiro de 1991).
  • 1990 : Elección de Aristide.
  • 1991 : Aristide é vítima dun golpe de estado. Tras tres anos de exilio volvería en 1994 para terminar o mandato.
  • 1996 : Elección de René Gacia Préval (7 de febreiro 1996 - 7 de febreiro 2001).
  • 2001 : Elección de Jean-Bertrand Aristide.
  • 2004 : Deposición e exilio forzado de Jean-Bertrand Aristide. Instauración do goberno interino.
  • 2004 : Alexandre Boniface (presidente provisional do 29 de febreiro ao 14 de maio do 2006).
  • 2006 : Elección de René Preval.
  • 2010 : En xaneiro un terremoto causa milleiros de mortos e de feridos, e cuantiosos danos materiais.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Haití é unha república presidencialista cun presidente elixido popularmente e unha Asemblea Nacional. De todos os xeitos, algúns sosteñen que é manexado por un goberno autoritario na práctica. A constitución foi introducida en 1987 e está baseada nas constitucións de Estados Unidos e de Francia. Logo de ser suspendida por algúns anos, foi reinstaurada por completo en 1994.

Palacio presidencial

O 29 de febreiro de 2004, un golpe de estado encuberto, promovido por EEUU culminou coa renuncia do presidente Jean-Bertrand Aristide. No 2006 foi reelixido "democraticamente" o antigo aliado de Aristide, René Préval.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Haití.
Cap Haitien

Haití está dividido en 10 departamentos (subdivisións):

  • Artibonito
  • Centro
  • Grand'Anse
  • Nippes
  • Norte
  • Nordés
  • Noroeste
  • Oeste
  • Sur
  • Sueste

Xeografía[editar | editar a fonte]

Epicentro do terremoto de 2010.

Haití ocupa a terceira parte occidental da illa de A Española e inclúe algunhas illas e cayos pequenos próximos como Gronave e A Tartaruga. A superficie total alcanza os 27.750 km².

A parte de Haití correspondente á illa de A Española está constituída principalmente por montañas escarpadas con pequenas planicies e vales costeiros.

A cidade máis grande é a capital Porto Príncipe con 2 millóns de habitantes, seguido por Cabo Haitiano, con 600.000.

O clima de Haití é tropical. A estación máis chuviosa esténdese de abril a xuño e de outubro a novembro e con frecuencia, o país é azoutado por tormentas tropicais e ciclóns. O 18 de setembro de 2004, o furacán Jeanne alcanzou Haití. Unha semana despois, o balance non definitivo era de máis de 1160 persoas mortas e outras 1250 desaparecidas. Os efectos desta tormenta agravou as xa difíciles condicións de vida do país xa que deixou 170.000 persoas sen alimentos nin auga.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Haití.

Haití é a economía menos desenvolvida para un país do hemisferio occidental. Indicadores sociais e económicos colocan a Haití en postos descendentes detrás doutros países en vías en desenvolvemento de baixos ingresos (particularmente no hemisferio) desde os anos 80. Haití está na posición 150 de 177 países no Índice de Desenvolvemento Humano da ONU.

Aproximadamente un 70% da poboación vive na pobreza. Cerca do 70% dos haitianos depende da agricultura, que consiste principalmente de agricultura de subsistencia a pequena escala e emprega preto das dúas terceiras partes da poboación economicamente activa. O país tivo moi poucos postos novos de traballo desde que o Presidente René Préval tomou posesión en febreiro de 2006, aínda que a economía informal está en crecemento. O fracaso no intento de lograr acordos con patrocinadores internacionais impediron que Haití obteña asistencia para un orzamento e programas de desenvolvemento.

Evolución demográfica de Haití entre 1961 e 2003.

Demografía[editar | editar a fonte]

Poboación en millóns de Habitantes]] Ao ano 2006, Haití ten unha poboación de 8.300.000 habitantes. O 97.5% é negra e o restante 2.5% é branca (europeos ou descendentes). Aínda que Haití promedia preto de 270 persoas por quilómetro cadrado, a súa poboación está concentrada máis fortemente nas zonas urbanas, planicies costeiras e vales.

O francés é un dos dous idiomas oficiais, pero é falado por só o 10% da poboación. Case todos os haitianos falan Kreyòl (Crioulo, Creole haitiano), o outro idioma oficial do país. O inglés é falado entre os mozos e no sector comercial. O español é falado principalmente na zonas limítrofes á República Dominicana.

O catolicismo romano é a relixión estatal, a cal é profesada pola maioría. Algúns se converteron ao protestantismo. Moitos haitianos practican tamén as tradicións vodú, sen ningún conflito coa súa fe cristiá.

A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 4.94 (a taxa máis alta de América). Só o 53% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 5.6% da poboación esta infectada co virus de HIV (SIDA). A súa relixión é católica e protestantes.

Deportes[editar | editar a fonte]

Olympic flag.svg Haití nos Xogos Olímpicos

Festas[editar | editar a fonte]

1º de xaneiro - Día da Independencia

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haití


Países do mundo | Caribe
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidad e Tobago - Xamaica
Países con estatus especial no Caribe

Aruba - Curaçao - Illa de San Martiño - Bonaire - San Eustaquio - Saba (posesións dos Países Baixos)
Guadalupe - Martinica - Illa de San Martiño - Saint-Barthélemy (posesións de Francia)
Anguila - Illas Virxes Británicas - Illas Caimán - Montserrat - Turks e Caicos (posesións do Reino Unido)
Illas Virxes Americanas - Porto Rico (posesións dos Estados Unidos)


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Haití