Xogos Olímpicos de 1964

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XVIII Olimpíada
Olympic rings with white rims.svg
Toquio 1964
Estados Participantes 93
Atletas 5140
Eventos 163 en 19 deportes
Cerimonia de Apertura 10 de outubro
Cerimonia de Clausura 24 de outubro
Apertura oficial Emperador Hiroito
Xuramento do Atleta Takashi Ono
Entrada do Facho Olímpico Yoshinori Sakai
Local Estadio Olímpico

Os Xogos da XVIII Olimpíada foron realizados en Toquio, en Xapón, entre o 10 e o 24 de outubro de 1964, sendo os primeiros Xogos Olímpicos realizados en Asia. A cidade xa conquistara o dereito de realizalos en 1940, pero a invasión da China por Xapón os transferiu para Helsinqui, en Finlandia. Co estourido da II Guerra Mundial en 1939, os Xogos de 1940 foron finalmente cancelados.

En 1958, Toquio conquistou finalmente o dereito de cidade-sede para o ano de 1964, derrotando na votación do Comité Olímpico Internacional as cidades de Detroit, Bruxelas e Viena.

Abertos polo Emperador Hiroito en persoa, coa presenza de 5.151 atletas de 93 estados, o momento máis simbólico do evento foi a entrada no estadio, cargando a antorcha olímpica, do mozo Yoshinori Sakai, de 19 anos, nacido en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945, o mesmo día no que a bomba atómica foi detonada sobre a cidade. A súa escolla foi unha homenaxe ás vítimas do holocausto nuclear e unha chamada á paz mundial.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A fabulosa ximnasta soviética Larissa Latynina pechou a súa inigualable carreira gañando dúas medallas de ouro no chan e no xeral por equipos (as dúas por terceira vez consecutiva) acumulando un total de 18 medallas, sendo 9 delas de ouro, tornándose a maior campioa olímpica, en calquera deporte, de todos os tempos, cunha cantidade de medallas inalcanzable até hoxe.
  • A pista de atletismo sintética foi empregada por primeira vez nos Xogos.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Participantes

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Flag of the United States.svg Estados Unidos 36 26 28 90
2 Flag of the Soviet Union.svg URSS 30 31 35 96
3 Flag of Japan.svg Xapón 16 5 8 29
4 Flag of German Olympic Team 1960-1968.svg Equipo Unido de Alemaña 10 22 18 50
5 Italia Italia 10 10 7 27
6 Flag of Hungary.svg Hungría 10 7 5 22
7 Flag of Poland.svg Polonia 7 6 10 23
8 Australia Australia 6 2 10 18
9 Flag of the Czech Republic.svg Checoslovaquia 5 6 3 14
10 Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 4 12 2 18