Xogos Olímpicos de 1948
| Xogos da XIV Olimpíada | |
|---|---|
| Londres 1948 | |
| Estados Participantes | 59 |
| Atletas | 4099 |
| Eventos | 136 en 17 deportes |
| Cerimonia de apertura | 29 de xullo |
| Cerimonia de clausura | 14 de agosto |
| Apertura oficial | Rei Xurxo VI |
| Xuramento do Atleta | Don Finlay |
| Entrada do Facho Olímpico | John Mark |
| Local | Estadio de Wembley |
Os Xogos Olímpicos de 1948, coñecidos oficialmente como Xogos da XIV Olimpíada, foron realizados por segunda vez en Londres do 29 de xullo ó 14 de agosto daquel ano. Así como os Xogos Olímpicos de 1920 se realizaran en Antuerpen como homenaxe do Comité Olímpico Internacional ó sufrimento do pobo belga durante a I Guerra Mundial, Londres tivo a honra de celebrar os xogos por segunda vez en virtude do martirio que a cidade sufrira durante a guerra, especialmente cos bombardeos perpetrados pola forza aérea nazi durante o período de 1940-41, que devastaron a capital inglesa.
Despois de seis anos dun conflito con millóns de vítimas e un custo financeiro imposible de calcular, Europa, e polo tanto Gran Bretaña estaban arrasadas economicamente, o que tornou extremadamente ardua a tarefa de organizar os Xogos. De calquera modo, os organizadores conseguiron facer un evento digno, restaurando o famoso Estadio de Wembley para servir como palco central dos Xogos Olímpicos, que contou coa participación de 59 estados, coa presenza de 4.104 atletas, 370 deles mulleres, en 17 modalidades e foron abertos polo Rei Xurxo VI en persoa.
Índice |
Curiosidades [editar]
Os Xogos de Londres foron os primeiros en seren transmitidos por televisión para vivendas particulares, a pesares de pouco vistos, pois pouquísimas persoas no Reino Unido tiñan aparellos residenciais.
Alemaña e Xapón, agresores e perdedores da guerra recén rematada, non foron convidados ó evento.
A holandesa Fanny Blankers-Koen foi o grande nome feminino dos Xogos. Ós trinta anos, casada e nai de dous fillos, Fanny gañou catro medallas de ouro nos 100 m, 200 m, 80 m vallas e relevo 4x100 m. Unha regra que na época limitaba a participación de mulleres en máis de tres probas individuais, a impediu conquistar máis medallas, pois era tamén a posuidora do récord mundial do salto de altura e salto de lonxitude.
En 1938, o húngaro Karoly Takacs integraba o equipo de tiro campión mundial de Hungría, cando unha granada de man mutilou súa man dereita, a man coa que tiraba. Takacs aprendeu entón a tirar coa man esquerda e en Londres, dez anos despois, conquistou a medalla de ouro no tiro, modalidade pistola-rápida.
Harold Sakata, hawaiano de ascendencia xaponesa, gañou a medalla de prata no levantamento de peso, categoría até 85 kgs. Anos despois, ficaría mundialmente famoso como o capanga Oddjob, no filme 007 against Goldfinger, da serie James Bond.
Por primeira vez foron empregados os bloques no chan para apoiar e impulsar os pés dos corredores nas probas rápidas do atletismo.
Ós 17 anos, o norteamericano Bob Mathias tornouse campión olímpico do décathlon, a penas catro meses após comezar a practicar a modalidade, tornándose o máis novo vencedor dunha proba de atletismo masculino na historia dos Xogos até hoxe.
As mais dramáticas imaxes dos Xogos foron novamente no maratón, cando o belga Etienne Gailly entrou no estadio de Wembley liderando a proba de tal maneira que, deshidratado e desorientado, practicamente andou arrastrándose toda a última volta até a liña de chegada, sendo adiantado por dous corredores, mais aínda conseguiu a medalla de bronce. Estas imaxes repetiríanse 36 anos despois nos Xogos dos Ánxeles, en 1984, desta vez na estrea do maratón feminino, coa suíza Gabriella Andersen-Scheiss.
Modalidades disputadas [editar]
Cadro de Medallas [editar]
| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | |
|
|
Total |
| 1 | 38 | 27 | 19 | 84 | |
| 2 | 16 | 11 | 17 | 44 | |
| 3 | 10 | 6 | 13 | 29 | |
| 4 | 10 | 5 | 12 | 27 | |
| 5 | 8 | 11 | 8 | 27 | |
| 6 | 8 | 7 | 5 | 20 | |
| 7 | 6 | 4 | 2 | 12 | |
| 8 | 6 | 2 | 3 | 11 | |
| 9 | 5 | 10 | 5 | 20 | |
| 10 | 5 | 7 | 8 | 20 | |
Véxase tamén [editar]
|
||||||||||||||||||