Xogos Olímpicos de 1968

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XIX Olimpíada
1968 Mexico emblem.svg
Cidade de México 1968
Estados Participantes 112
Atletas 5530
Eventos 172 en 20 deportes
Cerimonia de Apertura 12 de outubro
Cerimonia de Clausura 27 de outubro
Apertura oficial Gustavo Díaz Ordaz
Xuramento do Atleta Pablo Garrido
Entrada do Facho Olímpico Norma Enriqueta Basilio de Sotelo
Local Estadio Olímpico Universitario

Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xenerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xavelina e outros.

O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga , revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.

Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostracióno de prestixio, interese e popularidade inegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraíron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

O atleta tunecino Mohamed Gammoudi, gañador dos 5.000 metros en atletismo.
  • O home finalmente quebra a barreira dos 10 segundos para os 100m lisos com Jim Hines, dos Estados Unidos, que gaña a medalla de ouro coa espectacular marca de 9 segundos e 9 décimas.
  • Atletas alemáns da parte oriental do país participan nos Xogos co seu propio equipo como Alemaña Oriental.
  • A máis popular atleta en México foi a ximnasta tcheca Vera Caslavska. Após a invasión de Checoslovaquia polos tanques soviéticos dous meses antes dos Xogos, Caslavska desapareceu do seu país e se agochou nun lugar descoñecido por tres semanas, para reaparecer de repente na capital mexicana e gañar catro medallas de ouro e dúas de prata.
  • Dúas novidades aconteceron en 1968: o atletismo, o remo, o piragüísmo, a natación e as competicións ecuestres foron cronometradas manual e eletronicamente, mais por primeira vez foron as marcacións eletrónicas as oficiais. Alén diso, estes Xogos viron ó atleta sueco do péntatlon moderno Gunnar Liljenwall ser o primeiro desclasificado polo exame anti-doping. O exame deu positivo por exceso de alcol.
  • A imaxe destes Xogos que se tornaría un icone fotográfico dos anos 60 foi proporcionada polos dous atletas negros norteamericanos Tommie Smith e John Carlos, ouro e bronce nos 200m lisos, que após recibiren as súas medallas no podio, ergueron os seus brazos coas mans cubertas por luvas negras e puños pechados, en protesta pola segregación racial e apoio ós movementos negros no seu país, e baixaron a cabeza mentres o seu himno nacional resoaba no estadio. Despois do seu acto, transmitido en vivo pola televisión para o mundo enteiro, os dous foron expulsados da delegación americana e da Vila Olímpica.


  • Este ano marca tamén a revolución no estilo do salto de altura. Dick Fosbury, un descoñecido universitario norteamericano, sorprende a todos ó gañar a medalla de ouro e quebrar a marca olímpica da proba saltando de costas á barra de altura e inventando o Salto Fosbury, - no que o atleta corre de frente cara a barra, xira no ar e pasa o listón de costas - que a partir daí sería copiado por todos os atletas especialistas nesta proba. Despois da Cidade do México, o tradicional salto de frente pasou a ser cousa do pasado.
  • John Akhwari, de Tanzania, fica mundialmente famoso despois de completar o maratón no último lugar, coa perna vendada e o xeonllo dislocado. Preguntado despois polos xornalistas respondeu que continuara porque: "O meu país non me mandou ós Xogos Olímpicos para comezar o maratón, pero si para terminala".

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Participantes

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Flag of the United States.svg Estados Unidos 45 28 34 107
2 Flag of the Soviet Union.svg URSS 29 32 30 91
3 Flag of Japan.svg Xapón 11 7 7 25
4 Flag of Hungary.svg Hungría 10 10 12 32
5 Flag of East Germany.svg Alemaña do Leste 9 9 7 25
6 Flag of France.svg Francia 7 3 5 15
7 Flag of the Czech Republic.svg Checoslovaquia 7 2 4 13
8 Flag of Germany.svg Alemaña do Oeste 5 11 10 26
9 Flag of Australia.svg Australia 5 7 5 17
10 Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 5 5 3 13

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]