Portal:Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Os Xogos Olímpicos (XX. OO.) (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os xogos da olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha olimpíada, e os Xogos Olímpicos de inverno durante o seu terceiro ano». Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos do século VIII a. C. organizados polos antigos gregos na cidade de Olimpia, entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C. No século XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do nobre francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin. O barón de Coubertin fundou o Comité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do Movemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade.

A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna levaronse a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril de 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial.

Artigo destacado

editar

 
Os XXV Xogos Olímpicos foron realizados en Barcelona, Cataluña, terra natal do presidente do Comité Olímpico Internacional, Juan Antonio Samaranch, entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992 coa participación de todos os países filiados ao COI, 169 estados, por primeira vez dende os Xogos de Múnic en 1972.

Dende os Xogos anteriores, en 1988, o mundo testemuñou importantes mudanzas políticas. O Apartheid foi abolido en Suráfrica, o que permitiu o retorno deste país aos Xogos, despois de 32 anos de ausencia. Coa caída do Muro de Berlín en 1989, Alemaña volveu a participar como un só estado, así como Iemen. A URSS foi dividida en quince países independentes após o colapso do comunismo que participaron baixo unha soa bandeira, a CEI, Comunidade dos Estados Independentes. As repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania, so dominio soviético dende a II Guerra Mundial, participaron baixo a súa propia bandeira como nacións independentes, a primeira vez dende 1936.

Imaxe destacada

editar

Usain Bolt celebrando a vitoria e un novo récord do mundo nos Xogos de Beijing 2008.
Vexa o artigo Xamaica nos Xogos Olímpicos.


Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados cos Xogos Olímpicos? Proba buscando nas seguintes categorías:

Categorías dos Xogos Olímpicos

Biografía destacada

editar

Paavo Nurmi, nado en Turku o 13 de xuño de 1897 e finado en Helsinqui o 2 de outubro de 1973, foi un atleta finés. Durante a década dos anos vinte, Nurmi foi considerado como o mellor fondista e mediofondista do mundo, establecendo marcas mundiais en distancias que ían entre os 1500 m e os 20 km. Coñecido como o «Finlandés voador», dominou nas probas atléticas de inicios do século XX. Estableceu 22 plusmarcas mundiais oficiais en distancias que van dos 1500 metros aos 20 quilómetros e gañou un total de nove medallas de ouro e tres de prata nos 12 eventos olímpicos nos que participou. No seu mellor momento, Nurmi defendeu exitosamente o título nas pruobas de 800 metros en diante durante 121 carreiras. Nos seus 14 anos de carreira, mantívose invicto nos eventos de campo a través e nos 10 000 metros.

Posteriormente, Paavo adestrou a corredores finlandeses, recaudou fondos para o seu país durante a Guerra de Inverno e traballou como merceiro, contratista e investidor, e obtivo unha das fortunas máis grandes do seu país. En 1952, acendeu o pebetero olímpico dos Xogos Olímpicos de Helsinqui. A súa velocidade e esquiva personalidade gañáronlle alcumes como «Finlandés pantasma», mentres que os seus logros, métodos de adestramento e estilo para correr influíron en xeracións de corredores de fondo e mediofondo. Nurmi, quen raramente corría sen un cronómetro na súa man, é acreditado como introdutor da técnica da zancada regular. Faleceu o 2 de outubro de 1973, aos 76 anos de idade.

Sabías que...?

editar

David Cal.

  • ...os países que máis veces participaron no evento xuntando os Xogos Olímpicos de Inverno e os Xogos Olímpicos de Verán foron Francia, Gran Bretaña e Suíza, con 46 participacións cada un?
  • ...os Xogos Olímpicos nunca se celebraron nun país africano?
  • ...os piragüistas galegos teñen conseguido un total de 12 medallas nos Xogos Olímpicos? Foron 3 ouros, 7 pratas e 2 bronces.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Deportes olímpicos de verán
Deportes olímpicos de inverno
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons