Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
| Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 | |
|---|---|
| Saraxevo 1984 | |
| Cidade | Saraxevo, |
| Estados Participantes | 49 |
| Atletas | 1.272 |
| Eventos | 49 en 6 deportes |
| Cerimonia de apertura | 8 de febreiro |
| Cerimonia de clausura | 19 de febreiro |
| Apertura oficial | Mika Špiljak |
| Xuramento do atleta | Bojan Križaj |
| Entrada do Facho Olímpico | Sanda Dubravčić |
| Local | Estadio Koševo |
A XIV Edición dos Xogos Olímpicos de Inverno tivo lugar na cidade de Saraxevo en Iugoslavia do 8 ao 19 de febreiro de 1984, sendo a primeira vez que se celebran estes Xogos nun país socialista.
Índice |
Elección da sede[editar]
A cidade de Saraxevo tivo que competir contra outras dúas cidades para ser sede dos XIV Xogos Olímpicos de Inverno. Estas outras cidades foron Gotemburgo en Suecia e Sapporo en Xapón, que xa fora a sé en 1972 dos Xogos Olímpicos de Inverno. A elección levouse a cabo na 80.ª sesión do COI que tivo lugar na cidade de Atenas (Grecia) o 18 de maio de 1978.
| XIV Edición dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 | ||||
|---|---|---|---|---|
| 80ª sesión do Comité Olímpico Internacional 18 de maio de 1978, Atenas, Grecia |
||||
| Cidade | País | Votación | ||
| Saraxevo | Iugoslavia | 31 | 39 | |
| Sapporo | Xapón | 33 | 36 | |
| Gotemburgo | Suecia | 10 | - | |
Facho Olímpico[editar]
Do 29 de xaneiro ao 8 de febreiro, 1600 relevistas levaron a chama olímpica nun recorrido de 5289 quilómetros que comezaron na cidade grega de Olímpia e logo seguiu dúas rutas a través de Iugoslavia:
A última portadora do facho olímpico foi a patinadora artística Sanda Dubravčić, quen a recibiu das mans do esquiador Bojan Križaj.
Mascota oficial[editar]
Os lectores dos xornais iugoslavos foron os encargados de elixir a mascota dos Xogos a partir dunha lista de seis finalistas. O gañador foi Vučko, un pequeno lobo, deseñado polo ilustrador e deseñador esloveno Jože Trobec.
Sedes[editar]
Sedes urbanas[editar]
- Estadio Koševo - cerimonias de apertura
- Olympic Hall Zetra - patinaxe artístico sobre xeo, hóckey sobre xeo (final), cerimonias de clausura
- Pista de Hielo Zetra - patinaxe de velocidade sobre xeo
- Skenderija II Hall - hóckey sobre xeo
Sedes de montaña[editar]
- Bjelašnica - esquí alpino (masculino)
- Jahorina - esquí alpino (feminino)
- Igman - esquí de fondo, combinado nórdico (esquí de fondo), biatlón
- Saltos Olímpicos de Igman - combinado nórdico (saltos en esquí), saltos en esquí
- Trebević - bobsleigh, luge
Outras dependencias[editar]
- Villa Olímpica, Mojmilo
- Villa da Prensa, Dobrinja
- Hoteis: Igman (Igman), Famos (Bjelašnica), Smuk (Bjelašnica), Bistrica (Jahorina)
Deportes[editar]
Países participantes[editar]
49 Comités Olímpicos Nacionais (CONs) rexistraron atletas nos Xogos Olímpicos de Inverno 1984, sendo este un récord ata a data.
Exipto, Mónaco, Porto Rico, Senegal, e as Illas Virxes Británicas participaron por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Inverno.
A República de China finalizou o seu boicot aos Xogos Olímpicos tralo recoñecemento da República Popular China por parte del COI, e competiu como China Taipei por primeira vez.
| Lista de nacións participantes | ||
|---|---|---|
|
|
|
Medallero[editar]
| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | |
|
|
Total |
| 1 | 9 | 9 | 6 | 24 | |
| 2 | 6 | 10 | 9 | 25 | |
| 3 | 4 | 4 | 0 | 8 | |
| 4 | 4 | 3 | 6 | 13 | |
| 5 | 4 | 2 | 2 | 8 | |
| 6 | 3 | 2 | 4 | 9 | |
| 7 | 2 | 2 | 1 | 5 | |
| 8 | 2 | 1 | 1 | 4 | |
| 9 | 2 | 1 | 1 | 4 | |
| 10 | 2 | - | - | 2 | |
Notas[editar]
- ↑ "The Olympic Flame". Sarajevo '84, Final Report. Organizacioni komitet XIV zimskih olimpijskih igara Sarajevo. OCLC 20516630. http://www.la84foundation.org/6oic/OfficialReports/1984/or1984w.pdf. Consultado o 16/04/2012.
Véxase tamén[editar]
|
||||||||||||||||||