Xogos Olímpicos de 2016
| Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra indicar referencias a fontes fiábeis. |
| Xogos da XXXI Olimpíada | |
|---|---|
| Río de Xaneiro 2016 | |
| Estados Participantes | |
| Atletas | |
| Eventos | 304 en 28 deportes |
| Cerimonia de Apertura | 5 de agosto |
| Cerimonia de Clausura | 21 de agosto |
| Apertura oficial | |
| Xuramento do Atleta | |
| Xuramento do Xuíz | |
| Xuramento do Adestrador | |
| Facho Olímpico | |
| Local | Estádio do Maracanã |
Os Xogos Olímpicos de 2016, correspondentes á XXXI Olimpíada, terán lugar en Río de Xaneiro (Brasil) entre o 5 e o 21 de agosto de 2016. A cidade brasileña organizará de xeito conxunto os XV Xogos Paralímpicos entre os días 7 e 18 de setembro dese mesmo ano.
Índice |
Proceso de candidatura [editar]
- Artigo principal: Candidatura de Río de Xaneiro para os Xogos Olímpicos de 2016.
O proceso de elección da sede dos Xogos Olímpicos de Verán de 2016 levouse a cabo entre 2007 e 2009 e contou coa participación de sete cidades de tres continentes. Outras plantexáranse participar no proceso, mais finalmente non se inscribiron.
O 13 de setembro de 2007 pechouse o prazo de inscrición. Dúas cidades americanas (Chicago e Río de Xaneiro), dúas asiáticas (Doha e Toquio) e tres europeas (Baku, Madrid e Praga) oficializaron a súa candidatura. O 4 de xuño de 2008 o Comité Olímpico Internacional (COI) revelou o resultado das avaliacións preliminares das sete cidades postulantes, eliminando a Baku, Praga e Doha, quedando as outras catro cidades como candidatas: Río de Xaneiro, Madrid, Toquio e Chicago.
A segunda fase comezou co Programa de Observación dos Xogos Olímpicos de 2008, en Beijing. Logo de elaborar o seu libro de candidatura e recibir a visita da Comisión Avaliadora do COI, as cidades candidatas participaron nun encontro en xuño, promovido por primeira vez na historia, cos membros do COI, que elexirían a sede dos Xogos de 2016.
En setembro de 2009, a Comisión Avaliadora divulgou as suas impresións sobre os proxectos finalistas. Toquio, a cidade que tiña a nota preliminar máis alta, perdeu o favoritismo, principalmente devido aos baixos niveis de apoio popular que a candidatura recebia. Chicago sufriu coas protestas internas e as leis americanas. A candidatura de Madrid tivo o proxecto máis criticado, principalmente a causa da falta de claridade das leis antidopaxe no Estado español e da estrutura organizativa do comité local. As críticas fixeron facer cambios en moi pouco tempo aos representantes da candidatura, e mesmo co alcalde Alberto Ruiz-Gallardón xa admitindo a derrota, o Parlamento Español aprovou a alteración das leis antidopaxe do país poucos días antes da votación. Pola súa banda, a candidatura de Río de Xaneiro, a pesar de ter tido boas notas, tiña problemas cos aloxamentos e os transportes. As avaliacións foron consideradas equilibradas, non sendo posible ata aquela apuntar a ningunha cidade como favorita, nin polo presidente do COI, Jacques Rogge, nin polos membros da entidade, que tiñam o dereito de escoller a vencedora, así como por parte da prensa e sitios web especializados.
A elección [editar]
- Artigo principal: Eleicción da sede dos Xogos Olímpicos de 2016.
A sede dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Verán de 2016 foi escollida o día 2 de outubro de 2009 en Copenhaguen (Dinamarca), durante a 121ª sesión do Comité Olímpico Internacional. Logo da eliminación das cidades de Chicago e Toquio na primeira e segunda votación respectivamente, chegaron á final as cidades de Madrid e Río de Xaneiro, saíndo vencedora na votación final a cidade brasileña ao acadar a maioría dos votos.
| 121ª sesión Comité Olímpico Internacional 2 de outubro de 2009, no Bella Center, Copenhagen, Dinamarca. |
||||
| Cidade | Estado | 1ª Rolda | 2ª Rolda | 3ª Rolda |
| Río de Xaneiro | 26 | 46 | 66 | |
| Madrid | 28 | 29 | 32 | |
| Toquio | 22 | 20 | — | |
| Chicago | 18 | — | — | |