Xogos Olímpicos de 2020

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XXXII Olimpíada
Olympic rings with white rims.svg
Toquio 2020
Estados Participantes
Atletas
Eventos
Cerimonia de Apertura 24 de xullo
Cerimonia de Clausura 9 de agosto
Apertura oficial
Xuramento do Atleta
Xuramento do Xuíz
Xuramento do Adestrador
Facho Olímpico
Local

Os Xogos Olímpicos de 2020, correspondentes aos Xogos da XXXII Olimpíada, terán lugar en Toquio.

Elección da cidade-sede[editar | editar a fonte]

O proceso de elección da cidade-sede dos Xogos Olímpicos de 2020 pasou entre 2011 e 2013, pechado co anuncio da cidade polo presidente do Comité Olímpico Internacional, Jacques Rogge, en 7 de setembro de 2013 na cidade de Buenos Aires, Arxentina.

Seis cidades foron presentadas polos seus respectivos Comités Olímpicos Nacionais (CONs) para concorrer aos Xogos. Roma retirouse en febreiro de 2012 por falta de apoio gobernamental. As cidades aplicantes están situadas en dous continentes: Europa e Asia. En 2020 fará doce anos que os Xogos Olímpicos foron acollidos por unha cidade asiática (Pequín 2008) e oito anos que foron acollidos por unha cidade europea (Londres 2012). Toquio xa acolleu os Xogos Olímpicos de 1964. É a primeira vez en vinte anos que ningunha cidade de América entra na disputa para acoller os Xogos. Bakú, Doha, Madrid e Toquio foron postulantes para a edición de 2016, vencida pola cidade do Río de Xaneiro.

Na elección celebrada o 7 de setembro, a cidade de Toquio foi a escollida para sede dos Xogos, tras unha disputa final con Estambul, despois da eliminación de Madrid na primeira rolda de votacións finais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]