Centro Acuático Nacional de Pequín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°59′30″N 116°23′03″L / 39.991666666667, 116.38416666667

Centro Acuático Nacional de Pequín
Centro Acuático Nacional de Pequín, ao fondo o Estadio Nacional de Pequín
Datos
LocalizaciónPequín, China
Construción
ArquitectoPTW Architects, CSCEC International Design & Arup
Estadio
Superficie65.000
Capacidade17.000

O Centro Acuático Nacional é un pavillón deportivo en Pequín (China) onde se celebraron as competicións de natación, natación sincronizada e saltos dos Xogos Olímpicos de 2008.

Consta de dúas piscinas, unha para as probas de natación e outra para as de saltos. Ten unha capacidade de 6.000 asentos permanentes, que se poden ampliar ata 11.000 en grandes acontecementos deportivos.

Polo seu deseño aseméllase a un enorme cubo de xeo, polo que é coñecido como Cubo de auga, ou abreviadamente [H2O]3.[1]

Atópase no Parque Olímpico, distrito de Chaoyang, ao norte da capital chinesa, a poucos metros do Estadio Nacional.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

O Cubo de auga foi deseñado pola firma australiana Arquitectos PTW Architects[2], CSCEC International Design & Arup con Structural Engineers Arup que se encargaron da estrutura. A estrutura foi construída por CSCEC (China State Construction Engineering Corporation). Comprendendo un marco espacial de aceiro, esta é a maior estrutura ETFE recuberta do mundo con máis de 100.000 m² de coxíns ETFE que só teñen un grosor dun oito por mil de polgada en total,[3] o revestimento ETFE permite máis entrada de luz e maior calor có cristal tradicional, causando unha diminución do 30% en gastos de enerxía[3].

O Cubo de agua en construción

A parede externa está baseada na estrutura de Weaire-Phelan, unha escuma (a estrutura está inspirada nas burbullas de jabón).[4] O modelo está nun corte da escuma, e foi escollida antes cá escuma de Kelvin porque a estrutura de Weaire-Phelan resulta máis complexa debido a ser un modelo máis irregular.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2008. Consultado o 23 de agosto de 2008. 
  2. "PTW". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2008. Consultado o 23 de agosto de 2008. 
  3. 3,0 3,1 "Best of What's New 2006 - Engineering". Popular Science 269 (6): 84–85. 2006. 
  4. Beijing venues - National Aquatics Centre, on BBC Sports.
  5. Welcome to WaterCube, the experiment that thinks it's a swimming pool by Peter Rogers in The Guardian, May 6 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]