Tonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Púe'anga Fakatu'i 'ou Tonga

Kingdom of Tonga
Reino de Tonga'

Bandeira de Tonga Escudo de Tonga
Bandeira Escudo
Lema: Ko e Otua mo Tonga ko hoku tofi'a (galego; «Deus e Tonga son a miña herdanza»)
Himno nacional: Koe Fasi Oe O teu'i Oe Otu Tonga
 
Tonga on the globe (Polynesia centered).svg
 
Capital
 • Poboación
Nuku'alofa
24.500 (2005 est.)
Cidade máis poboada Nuku'alofa
Linguas oficiais
Tongano, inglés
Forma de goberno Monarquía constitucional
Tupou VI

Sialeʻataongo Tuʻivakanō

Independencia
Do Reino Unido

4 de xuño de 1970

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 190º
748 km²
4%
0 km km
419 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 177º
112.422 (xullo de 2005 est.)
150,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 180º
US$ 785 millóns
US$ 7.706 (81º)
IDH (2003) 0.810 (54º) – alto
Moeda Pa'anga (TOP)
Xentilicio n/d
Fuso horario
 • en verán
UTC 13
UTC 13
Dominio de Internet .to
Prefixo telefónico +676
Prefixo radiofónico A3A-A3Z
Código ISO 776 / TON / TO
Membro de: Commonwealth, ONU
Tódolos países do mundo

O Reino de Tonga é un pequeno país situado ao leste de Australia e ao nordés de Nova Zelandia, ao sur do Océano Pacífico.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas Tonga foron colonizadas por seres humanos hai uns 3400 anos, tras a grande expansión na que os pobos do sueste asiático emigraron a través do Océano Pacífico cara ao leste e a través do Océano Índico ata Madagascar e África oriental cara ao oeste.

Estes polinesios trouxeron consigo cans, porcos, polos, cerámica, agricultura (en especial cultivo de raíces) e, obviamente, barcos. Expandíronse con rapidez polo conxunto das illas Tonga. Segundo a crenza popular, o reino de Tonga sería, de entre as illas da Polinesia, o primeiro grupo ocupado polo home na Prehistoria. Máis recentemente, aínda que sempre antes da chegada dos europeos, as illas tiñan unha densidade de poboación que oscilaba entre os sesenta e os setenta e cinco habitantes por quilómetro cadrado.

En Tonga pódense atopar os restos arqueolóxicos máis antigos da Polinesia. Séculos antes de que chegasen os europeos, os tonganos edificaron enormes monumentos. Os máis importantes son o Ha'amonga (ou Trilithon) e os Langi (sepulcros en terrazas). O Ha'amonga ten cinco metros de altura e consta de tres pedras calcarias, cada unha das cales pesa máis de 40 toneladas. Os Langi son pirámides baixas e moi lisas, con dous ou tres niveis, que marcan as sepulturas dos reis primitivos.

A principios do século X establécese unha monarquía en Tongatapu, da que o actual rei dise herdeiro. No século XIII, o seu poder chegaba ata as illas Hawai.

No século XVIII, Tonga unificara todas as tribos e creara un imperio marítimo que incluía as rexións conquistadas de Fidxi. Por aquela época, o Imperio de Tonga contaba cunha poboación duns 40.000 habitantes.

Os primeiros europeos que chegaron ás illas foron os holandeses. William Schouten viu en 1616, algunhas das illas pequenas do norte, entre elas as illas Niue. Abel Tasman descubriu o 21 de xaneiro de 1643 a illa de Tongatapu (á que chamou Ámsterdan), e explorou tamén Middleburgo ('Eua) e Róterdan (Nomuka).

O inglés James Cook estivo en varias ocasións entre 1773 e 1777, dando ao arquipélago o nome de Illas dos Amigos debido á calorosa acollida que lle dispensaron.

O galego Francisco Mourelle de la Rúa, desviado da ruta tradicional do galeón de Manila a Acapulco, chegou a estas illas e 1781, moi necesitado de avituallamentos e reparacións. Na primeira illa non atopou refuxio e chamouna Amargura. En cambio, descubriu un excelente porto en Vava'u, que aínda hoxe en día se chama Port of Refuge. Chamou ao arquipélago Illas de Mayorga, en honra do vicerrei de Nova España, Martín de Mayorga, natural de Barcelona. Ao grupo Ha'apai chamouno Illas Gálvez en honra de José de Gálvez, ministro das Indias. Grazas aos seus informes a expedición científica de Bustamante e Malaspina detívose nestas illas.

En 1845, as illas uníronse formando un reino. Convertéronse en monarquía constitucional en 1875 e en 1900 estableceuse o protectorado británico. Desde 1970 é reino independente no ámbito da Mancomunidade Británica de Nacións.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Tonga é a última monarquía do Pacífico xunto con Samoa, que se converterá en república á morte do seu actual rei. O ata agora monarca, Taufa'ahau Tupou IV, remonta a súa árbore xenealóxica a catro xeracións de monarcas. O rei, nado o 4 de xullo de 1919, seguiu mantendo o control final do goberno ata a súa morte, malia certos problemas de saúde, problemas financeiros e a demanda popular de maior democracia. O 11 de setembro de 2006 Tupou IV falecería. O seu fillo, o príncipe Tupouto'a xurou ese mesmo día como rei, pero podería pasar un ano antes de ser coroado.

Desde o mes de febreiro de 2000 o xefe de goberno é o Primeiro ministro Lavaka Ata 'Ulukalala, un dos trinta membros da Asemblea Nacional (en tongano, Fale Alea). En 2006 o Dr. Feleti Sevele converteuse no novo primeiro ministro. O rei elixe os xuíces da Suprema Corte, e ata a creación do Partido Popular no ano 1994 no país non existían os partidos políticos. Actualmente este é o único legalizado.

Os poderes do monarca en Tonga son sensibelmente maiores do que os poderes dos monarcas ingleses. A reverencia ao xefe político é semellante a aquela que nos séculos anteriores era concedida ao xefe do culto sagrado, o Tu'i Tonga. Rexe a constitución de 1875, revisada en 1967.

Reis e raíñas de Tonga

• George Tupou I (1875—1893)

• George Tupou II (1893—1918)

• Salote Tupou III (raíña) (1918—1965)

• Taufa'ahau Tupou IV (desde 1965-2006)

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de illas de Tonga.
Mapa de Tonga

Aínda que xeograficamente está composto por 169 illas (36 delas deshabitadas) o Reino de Tonga divídeas politicamente en tres grupos de illas:

Existe un cuarto arquipélago setentrional moi afastado, e administrado directamente desde Nuku'alofa, capital da illa de Tongatapu:

Ademais, tamén dependen do reino de Tonga os Arrecifes Minerva, que xeograficamente están nas illas Fidxi. Son dous aneis coralinos que só son visibles con marea baixa.

A maior parte das illas son coralinas, pero hai algunhas de orixe volcánico. Lateiki (Metis Shoal) e Fonuafo'ou son dous volcáns mergullados que, desde o século XIX, emerxeron en varias ocasións.

A capital do país é Nuku'alofa, residencia habitual do rei Taufa'ahau Tupou IV.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Tonga.

Tonga é un arquipélago localizado directamente ao sur de Samoa. Os seus 169 illas, das cales 96 están habitadas, divídense en tres grupos principais: Mayorga, Gálvez e Ámsterdan, que forman unha liña norte-sur de 800 quilómetros de longo. Ámsterdan, a illa máis grande e que alberga a capital Nuku'alofa, cobre 257 km². Xeoloxicamente, as illas de Tonga son de dous tipos: a maioría teñen unha base de pedra calcaria que se orixinou a partir de formacións de coral levantadas; as demais consisten en pedra calcaria sobre unha base de orixe volcánica.

O clima é basicamente subtropical cun período cálido (de decembro a abril), durante o cal a temperatura elévase por riba dos 32 °C, e un período máis fresco (de maio a novembro), no que as temperaturas non adoitan exceder os 27 °C. A temperatura elévase de 23 °C a 27 °C, e a precipitación anual varía de 1700 a 2970 mm se se viaxa desde a illa de Ámsterdan no sur cara ás illas do norte máis próximas ao Ecuador. A humidade media diaria é de 80 %.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Tonga.

Calquera habitante de Tonga maior de 16 anos pode alugar unha terra. A maior parte dos tonganos viven de modo autárquico da agricultura e da pesca no mar. Iniciouse un proxecto para crear un centro rexional de distribución de produtos petrolíferos. A moeda nacional é o pa´anga (100 seniti) e a renda per cápita é de 660 dólares. No ano 2001, 2,12 pa'anga equivalían a 1 dólar estadounidense

Entre os seus recursos naturais e medios de subsistencia, hai que destacar a noz de coco, os plátanos, as patacas, os taros (tubérculo), as casavas (sopapos de fariña), os cítricos, a vainilla e o peixe. As súas principais exportacións son a copra, o aceite de coco, a sandía e por suposto, a vainilla, os taros e os plátanos.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Tonga

Máis da metade dos habitantes de Tonga concéntranse na maior das illas, Ámsterdan, que conta cunha superficie de 260 km². A densidade media de poboación das illas chega aos 140 habitantes por km².

Malia que moitos tonganos trasladáronse ao único núcleo urbano que hai en todo o arquipélago, Nuku'alofa (no que conviven o modo de vida tradicional e o europeo), a vida nos poboados e os vencellos familiares seguen sendo moi importantes na cultura tongana. A vida cotiá está moi influenciada tanto polas tradicións polinesias como polo cristianismo: por exemplo, calquera actividade comercial ou lúdica suspéndese en domingo, mentres a Constitución declara sacro o sábado.

Os tonganos, grupo de raza polinesia con algunhas achegas melanesias, constitúen o 98% da poboación. O resto está composto por europeos, mestizos europeo-tonganos e emigrantes doutras illas do Pacífico. Tamén viven algúns centenares de chineses.

Cultura[editar | editar a fonte]

Os aproximadamente 110.000 habitantes destas illas falan inglés e tongano e practican a relixión protestante ou católica.

Educación[editar | editar a fonte]

A educación primaria é gratuíta e obrigatoria entre os 6 e os 14 anos. As escolas levadas por misioneiros constitúen ao redor do 83% da educación primaria e o 90% da secundaria. En canto á educación en niveis superiores, existen cursos de maxisterio, enfermaría e medicina, unha pequena universidade privada, un colexio comercial feminino e algunhas escolas agrarias privadas. O resto dos ensinos superiores deben cursarse no estranxeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Países do mundo | Oceanía
Australia | Estados Federados de Micronesia | Fidxi | Illas Salomón | Illas Marshall | Kiribati | Nauru | Nova Zelandia | Papúa Nova Guinea | Samoa Occidental | Timor Leste | Toquelau | Tonga | Tuvalu | Vanuatu
Países con parte do seu territorio en Oceanía

Estados Unidos | Chile | Indonesia

Países semiautónomos e estados libres asociados

Niue | Toquelau