Xogos Olímpicos de 1984

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XXIII Olimpíada
Olympic rings with white rims.svg
Os Ánxeles 1984
Estados Participantes 140
Atletas 6829
Eventos 221 en 23 deportes
Cerimonia de Apertura 28 de xullo
Cerimonia de Clausura 12 de agosto
Apertura oficial Ronald Reagan
Xuramento do Atleta Edwin Moses
Entrada do Facho Olímpico Rafer Johnson
Local Los Angeles Memorial Coliseum

Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.

A pesares do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles – candidata única á realización destes Xogos, debido ó receio xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sofridos por Montreal nos seus Xogos de 1976 - recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.

A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado da California, local dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizadas os primeiros Xogos Olímpicos d'Os Ánxeles en 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e grande nome dos Xogos de 1936 en Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demonstración da tecnoloxía dos anfitrións.

Mais o máis importante feito destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após do seu término, de que eles deran un beneficio de US$200 millóns, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que sinalizaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.

Índice

Boicot [editar]

Mapa dos boicots olímpicos (en vermello e laranxa os destes Xogos)

Despois dos Xogos Olímpicos de 1980, que foran boicoteados polos Estados Unidos e varios países do bloque capitalista, foi a quenda da Unión Soviética, Cuba, Alemaña Oriental e demais países do Telón de Aceiro e do mundo comunista para boicotearen os Xogos dos Ánxeles. Os soviéticos alegaron falta de seguranza ós seus atletas, e anunciaron súa decisión de non competir nos Xogos o 8 de maio de 1984.

Curiosidades [editar]

  • Estas foron as Olimpíadas do velocista americano Carl Lewis, figura máis popular dos Xogos, que igualou a marca de Jesse Owens en 1936, conquistando catro medallas de ouro nos 100, 200 e relevo 4x100m, ademais do salto de lonxitude.
  • A China, país máis poboado do mundo, participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos, conquistando o total de 15 medallas de ouro, despois de conseguir oficialmente do COI que a República de Formosa, a illa ex-integrante da China que vivia baixo réxime capitalista, tivese a designación olímpica de China Taipei e non de república independente.
  • Romanía foi o único país comunista do Telón de aceiro que participou das competicións n'Os Ánxeles, conseguindo un récord de 53 medallas, 20 delas de ouro, na mellor presentación olímpica da súa historia até hoxe.
  • O goberno de California construíu unha terminal totalmente nova no Aeroporto Internacional dos Ánxeles, só para recibir os atletas, dirixentes e xornalistas presentes, o Tom Bradley International Terminal.
  • Nawal El Moutawakel, de Marrocos, tornouse a primeira campioa olímpica musulmán, ó vencer a proba feminina dos 400m c/barreiras, modalidade nova nos Xogos.
  • Por primeira vez un atleta parapléxico participou oficialmente nos Xogos, coa arqueira Neroli Fairchall disputando probas no tiro con arco.

Modalidades disputadas [editar]

Estados participantes

Cadro de medallas [editar]

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Flag of the United States.svg EUA 83 61 30 174
2 Flag of Romania.svg Romanía 20 16 17 53
3 Flag of Germany.svg Alemaña Occidental 17 19 23 59
4 Flag of the People's Republic of China.svg China 15 8 9 32
5 Flag of Italy.svg Italia 14 6 12 32
6 Flag of Canada.svg Canadá 10 18 16 44
7 Flag of Japan.svg Xapón 10 8 14 32
8 Flag of New Zealand.png Nova Celandia 8 1 2 11
9 Flag of SFR Yugoslavia.svg Iugoslavia 7 4 7 18
10 Flag of South Korea.svg Corea do Sur 6 6 7 19