Uganda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republic of Uganda
República de Uganda
Bandeira de Uganda Escudo de Uganda
Bandeira Escudo
Lema: For God and My Country
Por Deus e o meu País
Himno nacional: Oh Uganda, Land of Beauty
 
Uganda (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Kampala
1.208.544
Cidade máis poboada Kampala
Linguas oficiais
Inglés, Swahili
Forma de goberno República democrática
Yoweri Museveni
Independencia
- fecha
do Reino Unido
9 de outubro de 1962
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 81º
236.040 km²
15.39
2.698 km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 41º
32.709.865 (2009)
n/d
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 76º
US$ 48.620
US$ 1.817
IDH n/d
Moeda Chelín Ugandés (UGX)
Xentilicio Ugandés, ugandesa
Fuso horario UTC + 3
Dominio de Internet .ug
Prefixo telefónico +256
Prefixo radiofónico 5XA-5XZ
Código ISO 800 / UGA / UG
Membro de: Commonwealth, UA, ONU
Tódolos países do mundo

Uganda é un país africano, cuxa capital é Kampala. En 2009 tiña 32.709.865 habitantes. Limitado ao norte con Sudán do Sur, ao sur co Lago Vitoria, Ruanda e Tanzania, ao leste con Quenia e ao oeste coa República Democrática do Congo.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes coñecidos foron poboacións cazadoras colleitadoras. Hai 1500 ou 2000 anos comezaron a se asentar no territorio da actual Uganda poboacións de lingua bantú que viñan probablemente do centro e o oeste do continente e que se asentaron preferentemente no sur. O Imperio de Kitara do século XIV e XV representa a máis antiga forma de organización formal, seguida polo reino de Bunyoro-Kitara, e máis tarde o de Buganda e Ankole.

Poboación nilótica, como os luo e ateker entraron na área desde o norte, probabelmente arredor do 120 d.C. Asentáronse sobre todo no norte e leste. Esta área foi, en 1888, concedida á Compañía Británica da África Oriental e, en 1894, o reino do Buganda tornouse un protectorado do Reino Unido.

Despois de varias manobras por parte dos británicos, realizáronse eleccións a 1 de marzo de 1961 e Benedicto Kiwanuka tornouse “Ministro-Xefe” de Uganda, aínda como un protectorado e tornouse independente o 9 de outubro de 1962. Nos anos seguintes, verificouse unha loita política entre os apoiantes dun estado centralizado, en vez da federación vixente baseada nos reinos. Como resultado, en febreiro de 1966, o entón Primeiro Ministro Milton Obote suspendeu a constitución, asumiu todos os poderes e despois o de Presidente e Vicepresidente. En setembro de 1967, unha nova constitución proclamou Uganda como unha república, deu ao presidente poderes adicionais e aboliu os reinos tradicionais.

En 1971, Idí Amín tomou o poder nun golpe de estado e dirixiu o país como un ditador durante case unha década, expulsou os residentes de orixe indio e promoveu o asasinato dun número estimado en cerca de 300.000 cidadáns. O seu réxime terminou coa invasión dun exército de rebeldes, apoiados pola Tanzania no 1979.

Despois deste contra-golpe, a Fronte Nacional de Liberación de Uganda formou un goberno interino, con Yusuf Lule como presidente, que adoptou un sistema ministerial de administración e creou un órgano cuasi-parlamentario, a Comisión Consultiva Nacional (NCC), mais este órgano e o gabinete de Lule tiñan visións políticas diferentes e, en xuño de 1979, o NCC substituíu a Lule por Godfrey Binaisa. A disputa continuou sobre os poderes do presidente interino, Binaisa foi afastado en Maio de 1980 e o Uganda pasou a ser gobernado por unha comisión militar dirixida por Paulo Muwanga. En decembro de 1980, foron realizadas eleccións, que levaron de novo á presidencia a Obote que, era vicepresidente de Muwanga. No período que se seguiu, as forzas de seguridade estableceron un dos peores records de dereitos humanos do mundo. Nos seus esforzos para terminar cunha rebelión liderada por Yoweri Museveni e o seu Exército de Resistencia Nacional (“National Resistance Army” ou NRA), eles practicamente destruíron unha parte substancial do país, especialmente na área de Luwero, a norte de Kampala.

O 27 de xullo de 1985, unha brigada do exército, composta por “Acholi” (unha das etnias do Uganda) e comandada polo Tenente-Xeneral Basilio Olara Okello, tomou Kampala e proclamou novamente un goberno militar. Obote exiliouse na Zambia e o novo réxime, dirixido polo anterior comandante das forzas de defensa, o Xeneral Tito Okello (que non era parente de Olara-Okello), iniciou negociacións con Museveni, prometendo mellorar o respecto dos dereitos humanos, acabar cos conflitos entre tribos e organizar eleccións libres e xustas. Mentres tanto, as masacres continuaron unha vez que Okello tentaba destruír o NRA e seus apoiantes.

A pesar de negociacións en Nairobi, baixo a mediación do Presidente queniata Daniel Arap Moi, e de teren chegado a un acordo de cesar-fogo, o NRA continuou a loitar e, en Xaneiro do 1986, capturou Kampala, forzando ás forzas de Okello a fuxiren para o Sudán e colocando a Museveni como presidente. Este acabou cos abusos aos dereitos humanos, iniciou unha política de liberalización e de liberdade de prensa e estableceu acordos co Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e con varios países.

Museveni foi democraticamente electo en 1996, cando concorreu contra Paul Ssemoxere, líder do Partido Democrático, tendo gaño o 75% dos votos.

Política[editar | editar a fonte]

Organización Administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Uganda.
Distritos de Uganda

Uganda divídese en 111 distritos, en catro rexións administrativas. A maioría dos distritos teñen o nome das súas principais cidades comerciais e administrativas.

Cada distrito se subdivide en sub-distritos, condados, sub-condados, parroquias e vilas.

A continuación preséntanse cifras de poboación no censo de 2002. Nótese que daquelas só había 56 distritos, e os datos da poboación fixéronse mirando os condados e subcondados.

Rexión Central
(vermello)
Mapa Distrito Pob.
82 Buikwe 329.858
84 Bukomansimbi 139.556
86 Butambala 86.755
87 Buvuma 42.483
89 Gomba 133.264
27 Kalangala 34.766
90 Kalungu 160.684
29 Kampala 1.189.142
36 Kayunga 294.613
38 Kiboga 108.897
95 Kyankwanzi 120.575
48 Luweero 341.317
99 Lwengo 242.252
100 Lyantonde 66.039
51 Masaka 228.170
56 Mityana 266.108
59 Mpigi 187.771
60 Mubende 423.422
61 Mukono 423.052
63 Nakaseke 137.278
64 Nakasongola 127.064
70 Rakai 404.326
72 Sembabule 180.045
76 Wakiso 907.988
Rexión Leste
(verde)
Mapa Distrito Pob.
4 Amuria 180.022
7 Budaka 136.489
49 Bududa 123.103
8 Bugiri 266.944
83 Bukedea 122.433
9 Bukwa 48.952
85 Bulambuli 97.273
13 Busia 225.008
15 Butaleja 157.489
88 Buyende 191.266
20 Iganga 355.473
21 Jinja 387.573
25 Kaberamaido 131.650
28 Kaliro 154.667
30 Kamuli 361.399
33 Kapchorwa 74.268
35 Katakwi 118.928
91 Kibuku 128.219
45 Kumi 165.365
94 Kween 67.171
98 Luuka 185.526
101 Manafwa 262.566
53 Mayuge 324.674
54 Mbale 332.571
103 Namayingo 145.451
14 Namutumba 167.691
105 Ngora 101.867
69 Pallisa 255.870
110 Serere 176.479
73 Sironko 97.273
74 Soroti 193.310
75 Tororo 379.399
Rexión Norte
(amarelo)
Mapa Distrito Pob.
1 Abim 51.903
2 Adjumani 202.290
78 Agago 184.018
79 Alebtong 163.047
3 Amolatar 96.189
80 Amudat 63.572
39 Amuru 135.723
5 Apac 249.656
6 Arua 559.075
16 Dokolo 129.385
17 Gulu 298.527
22 Kaabong 202.757
42 Kitgum 167.030
43 Koboko 129.148
93 Kole 165.922
44 Kotido 122.442
97 Lamwo 115.345
47 Lira 290.601
50 Maracha 145.705
57 Moroto 77.243
58 Moyo 194.778
62 Nakapiripirit 90.922
104 Napak 112.697
65 Nebbi 266.312
107 Nwoya 41.010
108 Otuke 62.018
67 Oyam 268.415
68 Pader 142.320
77 Yumbe 251.784
112 Zombo 169.048
Rexión Oeste
(azul)
Mapa Distrito Pob.
81 Buhweju 82.881
10 Buliisa 63.363
11 Bundibugyo 158.909
12 Bushenyi 205.671
18 Hoima 343.618
19 Ibanda 198.635
26 Isingiro 316.025
23 Kabale 458.318
24 Kabarole 356.914
31 Kamwenge 263.730
32 Kanungu 204.732
34 Kasese 523.033
37 Kibaale 405.882
40 Kiruhura 212.219
92 Kiryandongo 187.707
41 Kisoro 220.312
96 Kyegegwa 110.925
46 Kyenjojo 266.246
52 Masindi 208.420
55 Mbarara 361.477
102 Mitooma 160.802
106 Ntoroko 51.069
66 Ntungamo 379.987
109 Rubirizi 101.804
71 Rukungiri 275.162
111 Sheema 180.234

Demografía[editar | editar a fonte]

Uganda ten preto de 24 millóns de habitantes, vivindo principalmente á beira dos Grandes Lagos Africanos que este país partilla. Ten listadas 39 linguas africanas, dos grupos bantu e nilóticas, entre as cales, a máis falada (por cerca de 16 % da poboación[1] é a lingua “ganda” ou luGanda, relativa ao principal grupo étnico deste país, os buGanda. Outras linguas faladas polos residentes no Uganda són o inglés (lingua oficial), o kiSwahili e linguas indias.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Uganda.

Notas[editar | editar a fonte]