Xogos Olímpicos de 1896

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos Olímpicos de 1896
SedeAtenas, Grecia
Nacións14
Atletas241 (todos eles homes)
Eventos43 en 9 deportes
Apertura6 de abril de 1896
Clasura15 de abril de 1896
Inaugurado porXurxo I de Grecia[1]
EstadioPanathenaic Stadium

Os Xogos Olímpicos de 1896 (en grego: Θερινοί Ολυμπιακοί Αγώνες 1896; Therinoí Olympiakoí Agónes 1896) foron os primeiros Xogos da era moderna e foron realizados en Atenas (Grecia), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de abril de 1896, coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés Pierre de Frédy, o Barón de Coubertin, idealizador do renacemento dos xogos existentes na Grecia antiga, mentor do movemento olímpico e fundador do Comité Olímpico Internacional.

Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruínan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo calendario xuliano paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferenza de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.

A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun domingo de Pascua, co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio Xurxo I, de Grecia, após a inauguración dunha estatua –que existe aínda hoxe– na entrada do estadio Panathinaikos, principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financeiro ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu a súa cancelación antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.

Países participantes

Os países representados polos seus atletas en Atenas e que se converteron nos pioneiros na participación dos Xogos Olímpicos foron: Alemaña (dezanove atletas), Australia (1), Austria (3), Chile (1), Dinamarca (3), Exipto (1), Estados Unidos(14), Francia (13), Hungría (7), Italia (1), Reino Unido (10), Suecia (1), Suíza (3) e a anfitrioa Grecia con 168 atletas.[2]

As nove modalidades deportivas disputadas foron: atletismo, ciclismo, esgrima, ximnasia, halterofilia, loita, natación, tenis e tiro.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

A medalla de prata distribuída ós vencedores en Atenas

Abaixo, o Cadro de medallas oficial dos Xogos Olímpicos de 1896, por estados, de acordo co Comité Olímpico Internacional (COI). Nótese que o uso de medallas de ouro, prata e bronce polo COI, existe só para facilitar a tabulación de medallas e igualalas ás dos Xogos Olímpicos posteriores, pois na época, as medallas de ouro aínda non eran dadas ós vencedores e os terceiros nin medalla recibían.

Cadro de Medallas
Posición País   Ouro     Prata     Bronce   Total
1 United States Estados Unidos 11 7 2 20
2 Greece Grecia 10 17 19 46
3 Germany Alemaña 6 5 2 13
4 France Francia 5 4 2 11
5 Great Britain Reino Unido 2 3 2 7
6 Hungary Hungría 2 1 3 6
7 Austria Austria 2 1 2 5
8 Australia Australia 2 0 0 2
9 Denmark Dinamarca 1 2 3 6
10 Switzerland Suíza 1 2 0 3

Obs: equipos mixtos formados por atletas de varios países xuntos, o que estaba permitido na época, gañaron unha medalla de ouro, unha de prata e unha de bronce no tenis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Factsheet – Opening Ceremony of the Games f the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018. 
  2. Dous dos atletas que son actualmente contados como gregos, representaban á entón cidade autónoma de Esmirna. Alén diso, non se sabe a identidade de 68 dos atletas gregos, debido ó feito de seren moitos cidadáns que participaron en eventos sen haber un cadastro adecuado. Alén destes estados, Bélxica e Rusia tamén estiveron representadas nas cerimonias dos Xogos de 1896 mais os seus atletas nunca chegaron a competir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]