Illas Caimán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cayman Islands
Flag of the Cayman Islands.svg Coat of arms of the Cayman Islands.svg
Lema: He hath founded it upon the seas
(inglés: El encontrouna nos mares)
LocationCaymanIslands.png
Idioma Oficial inglés
Capital e cidade máis grande George Town
Gobernador Helen Kilpatrick
Área total 260 km²
Poboación estimada 41.934 (2002)
Independencia


Creación

non ocorreu


Separouse
da Xamaica en 1963

Moeda Dólar das Caimán
Hora UTC -5
Himno Nacional God Save the Queen
TLD (Internet) .KY
Código telefónico 1-345

As Illas Caimán (en inglés, Cayman Islands) son un territorio do Reino Unido nas chamadas Indias Occidentais (Caribe), composto por 3 illas: Grand Cayman, Cayman Brac, e Little Cayman.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas descrubiunas Cristóbal Colón o 10 de maio de 1503 na súa cuarta e última viaxe a América. España cedeunas, xunto coa veciña Xamaica, a Gran Bretaña en 1670 baixo o Tratado de Madrid. As illas e máis a Xamaica gobernáronse como unha única colonia ata 1963 cando se separaron administrativamente.

Xeografía[editar | editar a fonte]

As Illas Caimán localízanse na parte occidental do mar Caribe, a uns 240 quilómetros ao sur de Cuba e a uns 290 quilómetros ao noroeste de Xamaica. O arquipélago componse principalmente de tres illas: Gran Caimán, Caimán Brac, e Caimán Menor, sendo Gran Caimán a máis extensa cun área de 197 km². As dúas outras illas, Caimán Brac e Caimán Menor, situadas 145 quilómetros ao leste de Gran Caimán, teñen unha extensión de 36 km² e 26 km² respectivamente.

Non salientan accidentes xeográficos nas illas, a excepción do cantil "The Bluff" en Cayman Brac, que se eleva a máis de 40 metros sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto da illa.

Mapa das Illas Caimán

Demografía[editar | editar a fonte]

En xullo de 2000 contabilízanse nas Illas Caimán 34.763 habitantes, dos cales algo máis da metade son nacidos nas illas. O 60% da poboación é de raza mixta, e o 40% restante divídese a partes iguais entre os caucásicos e os descendentes de africanos. A poboación considérase case exclusivamente cristiá, cunha gran porcentaxe de anglicanos e de prebisterianos.

A maior parte dos habitantes das illas reside na illa Gran Caimán, mentres que en Caimán Brac só viven uns 2.000 e en Caimán Menor uns 200. Aproximadamente un cuarto da poboación caimana abandonou o país debido á chegada do furacán Iván.

A capital e cidade máis poboada das illas é George Town, localizada na costa leste de Gran Caimán.

Economía[editar | editar a fonte]

As Illas Caimán son un paraíso fiscal. Así, moitas empresas teñen a súa sede nas illas, aproveitando a non existencia de impostos directos. A outra actividade económica de importancia é o turismo debido ás paisaxes de súas praias. O nivel de vida de seus habitantes é un dos máis altos do Caribe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]