Somalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soomaaliya
الصومال
As-Sūmāl
Somalia
Bandeira de Somalia Escudo de Somalia
Bandeira Escudo
Lema: Patria ou morte
Himno nacional: Somaliyaay toosoo
 
Somalia (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Mogadiscio
1,5 a 3 millóns
Cidade máis poboada Mogadiscio
Linguas oficiais
Somalí, árabe e italiano
Forma de goberno Goberno Federal de Transición2
Sharif Sheid Ahmed
Omar Abdirashid Ali Sharmarke
Independencia
- data
de Italia e Reino Unido
1 de xullo de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 42º
637.657 km²
1,6 %
2.366 km km
3.025 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 91º
8.228.000 (est. 2005)
13 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita

US$ 4.809 millóns
US$ 600
IDH (1993) 0.221 (179º) – Baixo
Moeda Chelín somalí
Xentilicio Somalí
Fuso horario UTC+3
Dominio de Internet .so
Prefixo telefónico +252
Prefixo radiofónico 6OA-6OZ
Código ISO 706 / SOM / SO
Membro de: ONU, UA, Liga Árabe
Tódolos países do mundo

Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado a norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, a leste e a sur polo Océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e a oeste polo Quenia e pola Etiopía. Capital: Mogadiscio. Somalia é o único país africano no que toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da Somalia.

A Guerra Civil de Somalia, aínda que intermitente, ten sido unha constante desde 1977. No 1991, a rexión norte do país declarou a súa independencia (Somalilandia), a pesar da súa relativa estabilidade, en comparación coa tumultuosa rexión sur, non foi recoñecida como estado independente por ningún goberno estranxeiro.

No 1993 iniciouse, primeiramente no sur, unha acción humanitaria da ONU que conseguiu diminuír a fame no país, con todo, a ONU acabou por retirarse o 3 de marzo do 1995, despois de ter sufrido baixas significativas.

En 1998 rexistráronse outras dúas escisións no país, e unha cuarta no 1999, todas elas de contornos pouco claros. A última escisión conduciu á autonomía da Somalia do Sudoeste, con todo dada a situación pouco clara no que atinxe ás fronteiras da Somalia hai que ponderar un pouco antes de atribuír este título.

O 26 de decembro do 2004, unha das catástrofes naturais máis devastadoras da historia contemporánea, o Tsunami que varreu os países do Sudoeste Asiático, tamén afectou a Somalia, destruíndo poboacións e, segundo as estimativas, causando a morte a preto de 300 persoas.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Somalia.

A Somalia non ten un goberno nacional de facto dende o 1991 cando estoupou a guerra civil. O 14 de outubro de 2004 o Parlamento de Transición da Somalia elixiu a Abdullahi Yusuf Ahmed, ex-presidente do Puntland como presidente do país.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rexións de Somalia.

A Somalia está dividida en 18 rexións (gobolka):

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Somalia.

Somalia, o país máis oriental de África, ocupa unha área de 637.540 km². Sitúase na punta dunha rexión coñecida habitualmente como o Corno de África -debido ao seu parecido no mapa cun corno de rinoceronte- da que tamén forman parte Etiopía e Djibuti.

O territorio somalí está composto principalmente de chairas, mesetas e terras elevadas. No norte, sen embargo, as montañas Karkaar sitúanse a distancia variable do Golfo de Adén. O tempo é cálido durante todo o ano con veráns inclementes, agás nos territorios de maior altitude do norte do país. A pesar de localizarse no ecuador terrestre a chuvia no país é rara, e a maior parte de Somalia atópase en terreo árido ou semiárido, adecuado tan só para o pastoreo nómade que practica máis da metade da poboación. Só nunhas áreas de choivas moderadas, no noroeste e suroeste, onde se atopan os dous ríos importantes do país, practícase unha agricultura de certa importancia.

A xeoloxía local suxire a presenza de valiosos xacementos minerais. A longa costa de Somalia (3.025 quilómetros) tivo importancia histórica, debido a que permitía o comercio do Oriente Próximo coa África Oriental e actualmente como camiño de paso obrigado para a canle de Suez.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Somalia.

A Somalia ten unha economía de mercado. É un dos países máis pobres do planeta, con relativamente poucos recursos naturais.

A maior parte da economía foi devastada na guerra civil. A agricultura é o sector máis importante, coa cría de gando respondendo por case 40% do PIB e por 65% das exportacións. Grande parte de súa poboación que vive da cría de gando e nómade ou seminómade. A banana e outro importante produto de exportación. O azucre, o sorgo, o millo e os peixes son producidos só para o mercado interno.

O pequeno sector industrial baséase no procesamento de produtos agrícolas, e responde por 10% do PIB. Moitas industrias foran fechadas por causa da guerra civil

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Somalia.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Somalia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]