British Broadcasting Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "BBC")
Logo da BBC.

A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo[1]. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia. A BBC é ademais un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, fundada no 1952 en Torquay, Reino Unido.

Orixes[editar | editar a fonte]

Foi fundada no 18 de outubro do 1922 co nome de British Broadcasting Company [2]. Ao primeiro estaba dedicada aos servizos de radio, até que o 2 de novembro do 1936 comezou tamén a transmitir programas de televisión de forma regular. A BBC comezou as súas transmisións fóra do Reino Unido en decembro do 1932, co obxectivo de xuntar as persoas de fala inglesa que vivían no que, daquela, era o Imperio Británico. O rei Xurxo V transmitiu a primeira mensaxe de nadal por radio na que se dirixiu a os homes e mulleres que están tan aillados pola neve e polos desertos, que só poden alcanzar as voces polo aire.

A compañía, con John Reith como director xeral, pasou a chamarse British Broadcasting Corporation en 1927 cando foi concedida unha carta real e deixou de ser privada. Empezou a emitir televisión de forma experimental no 1932, convertíndose nun servizo regular (coñecido coma o servizo da televisión da BBC) en 1936. A difusión de televisión foi suspendida desde o 1 de setembro do 1939 ate o 7 de xuño do 1946, durante a Segunda Guerra Mundial.

Servizos[editar | editar a fonte]

Radios[editar | editar a fonte]

  • Radio 1, servizo radiofónico nacional. Temáticamente dedicado á música actual e xuvenil. Esta dirigida especialmente á mocidade entre 16-24 anos.
  • Radio 2 é a radio con máis oíntes do Reino Unido conta cunha audiencia estimada en 12,6 millóns de oíntes cada semana. Contidos xeralistas.
  • Radio 3 é unha radio especializada na arte, drama, música clásica, jazz.
  • Radio 4 de ámbito nacional. As súas transmisións son de voz e temáticamente trata de temas actualidade, ciencia, historia, comedia e drama.
  • Radio Five Live Noticias, deportes e debates las 24h.
  • BBC Local Radio, consiste en 40 emisoras locais en Inglaterra que proveen entretenemento, noticias e música a súa area local de emisión.
  • Servizos locais a otras rexións do Reino Unido: Radio Scotland, Radio Wales, Radio Ulster, Radio Foyle, Cymru (servizo en gales) e Radio Nan Gaidheal (en escocés).
  • BBC World Service adicada transmisións ao exterior en inglés e outras linguas.
  • Servizos de radio dixital no Reino Unido con Five Live Sports Extra (Acompañando a Radio Five Live para a cobertura de acontecementos deportivos), 1Xtra, 6 Music (para xéneros musicais minoritarios), BBC 7 (Comedia, Drama e programas de nenos) e a Rede asiática da BBC Asia Network(conversación, música e noticias en moitas linguas asiáticas).
  • Servizo de Monitores da BBC, con sede en Reading, Caversham Park, é un servizo encargado de proveer noticias internacionais. Ademais realiza un seguimento a medios, principalmente radiofónicos, de todo o mundo. Creado durante a Segunda Guerra Mundial para axudar á propaganda británica e para escoitas de emisións de outros países, tivo un desempeño importante durante a Guerra Fría.

Televisión[editar | editar a fonte]

  • BBC One é a televisión máis antiga do mundo.
  • BBC Two é a segunda cadea de televisión que lanzou a BBC. BBC2 foi a primeira cadea de televisión de Europa en difundir imaxes en cor (a partir de 1967).
  • BBC Three é unha cadea británica de televisión da BBC só está disponible vía cable, TDT ou satélite.
  • BBC Four é unha cadea da BBC só está disponible via TDT, satélite e cable para espectadores no Reino Unido.
  • BBC News é a cadea de televisión de noticias 24 horas do Reino Unido.
  • BBC Parliament Transmisión en direto de todo o que sucede na Cámara dos Comúns, a Cámara dos Lores, o Parlamento Escocés e a Asemblea de Gales.
  • CBBC é un servizo británico de televisión dirixido a nenos de 6 a 13 anos producido pola BBC.
  • CBeebies é unha cadea británica producida pola BBC e dirixido a nenos menores de 6 anos.
  • BBC World News, señal internacional de noticias 24 horas.
  • BBC Sport é unha división televisiva adicada exclusivamente a emisións e noticias sobre deportes.
  • BBC HD, en alta definición 1080i.
  • BBC Entertainment canle de entretenimiento de ámbito internacional.

Internet[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: British Broadcasting Corporation