Xogos Olímpicos de Inverno de 2010
| Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 | |
|---|---|
| Vancouver 2010 | |
| Cidade | Vancouver, |
| Estados Participantes | 82 |
| Atletas | 2.632 atletas[1] |
| Eventos | 86 en 15 deportes |
| Cerimonia de apertura | 12 de febreiro |
| Cerimonia de clausura | 28 de febreiro |
| Apertura oficial | Michaëlle Jean |
| Xuramento do atleta | Hayley Wickenheiser |
| Entrada do Facho Olímpico | Rick Hansen, Catriona LeMay-Doan, Steve Nash, Nancy Greene e Wayne Gretzky |
| Local | Estadio BC Place |
Os XXI Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse na cidade canadense de Vancouver, Columbia Británica, entre o 12 e o 28 de febreiro de 2010. Tras o fin deste evento, Vancouver organizou os Xogos Paralímpicos entre o 12 e o 21 de marzo dese mesmo ano.
A cidade de Vancouver foi elixida sede dos Xogos polo Comité Olímpico Internacional por riba das candidaturas da surcoreana Pyeongchang e a austríaca Salzburgo. Foi a terceira vez que os Xogos Olímpicos de Inverno tiñan lugar en Canadá, tras os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 e os Xogos Olímpicos de Inverno de 1988.
2.632 atletas inscribíronse inicialmente para os Xogos [1] superando a marca establecida pola edición anterior, Turín 2006.
Índice |
Elección da sede [editar]
| Cidade candidata | Mín | Máx |
|---|---|---|
| 3 | 4 | |
| 4,5 | 6,5 | |
| 5 | 6 | |
| 5 | 6,5 | |
| 6 | 7,5 | |
| 7 | 8 | |
| 3 | 5 | |
| 7 | 9 |
Oito cidades presentaron a súa candidatura ante o COI antes do peche do proceso de recepción, o 4 de febreiro de 2001. Xunto a Vancouver, aspiraron a ser a sede dos XXI Xogos Olímpicos de Inverno as cidades Andorra a Vella, Berna, Harbin, Jaca, Pyeongchang, Salzburgo e Saraxevo.
Seguindo o sistema de elección e avaliación implementado coa fin de solucionar os problemas detectados na elección da sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, as cidades candidatas foron sometidas a unha revisión técnica por parte do Grupo de Traballo de Aceptación de Candidaturas, que as avaliou e procedeu a establecer cales delas non acadaban os requirimentos mínimos, para que os membros do COI puideran concentrar a súa elección sobre as restantes.
O Grupo de Traballo presentou o informe o 11 de xullo de 2002. Para a súa realización examinou as candidatas en dez rubros (apoio gubernamental e da opinión pública, infraestrutura xeral, infraestrutura deportiva, vila olímpica, condicións ambientais e impacto, aloxamento, transporte, seguridade, experiencia previa e finanzas) e confeccionou unha táboa de "concepto xeral" coa fin de descartar a aquelas cidades que non estaban nas condicións adecuadas de ser a sede olímpica en 2008. A tal fin, o Grupo de Traballo considerou que, nunha cualificación de 0 a 10, non debería elixirse unha cidade que tivera unha calificación inferior a 6. [2]
Vancouver estivo entre as mellores cidades cualificadas en case a totalidade dos temas analizados e a súa cualificación final foi a mellor dentro das oito candidaturas. A súa candidatura recibiu as seguintes cualificacións por rubro, ordenados de xeito decrecente da cordo á mínima:
| Resultados da votación do COI[3] | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Cidade | País | Ronda 1 | Ronda 2 | ||
| Vancouver | 40 | 56 | |||
| Pyeongchang | 51 | 53 | |||
| Salzburgo | 16 | — | |||
- Vila olímpica: 80-93
- Infraestrutura deportiva: 76-85
- Experiencia: 70-83
- Aloxamento: 70-85
- Transporte: 69-81
- Seguridade: 68-78
- Condicións ambientais: 67-85
- Financiamento: 64-76
- Apoio do goberno e a poboación: 60-81
- Infraestrutura xeral: 55-70
Vancouver obtivo a súa puntuación máis baixa en infraestrutura xeral debido á longa distancia, superior aos 100 km, da estrada que conecta Vancouver con Whistler e o seu estado, mentres que as mellores foron relacionadas coa infraestrutura deportiva e a experiencia. Salzburgo, a súa principal competidora, superou en varios puntos a Vancouver chegando a cualificacións cercanas a perferctas mais tivo unha cualificación mediocre respecto a súa vila olímpica. Segundo a avaliación, Vancouver e Salzburgo estaban por riba das condicións mínimas requirida, mentres que Berna e Pyeongchang estaban xusto nas condicións mínimas. O resto das candidaturas estaban por debaixo das condicións mínimas e foron rexeitadas polo COI.
Facho Olímpico [editar]
Do 22 de outubro de 2009 ao 12 de febreiro de 2010, máis de 12000 relevistas levaron o facho olímpico nun recorrido de máis de 45000 km que comezou na cidade de Olimpia (Grecia) e que pasou por Atenas antes de partir cara Canadá. Unha vez en Canadá, a ruta seguida foi a seguinte:
Victoria - Whitehorse - Yellowknife - Churchill - Iqaluit - St. Johns - Halifax - Quebec - Montreal - Ottawa - Toronto - Winnipeg - Calgary - Prince George - Vancouver
Deportes [editar]
A seguinte lista mostra as 15 disciplinas deportivas participantes nos Xogos Olímpicos de Vancouver, cun total de 86 eventos (entre paréntese o número de eventos):
|
|
|
Países participantes [editar]
A seguinte táboa amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 e o número de atletas representantes:
Calendario das Competicións [editar]
Nos Xogos Olímpicos de Vancouver leváronse a cabo 86 competicións en 15 deportes. Na seguinte táboa quedan detallados os días nos que tiveron lugar as competicións de cada deporte. As celas en azul corresponden aos días nos que a devandita disciplina disputouse e as celas en amarelo corresponden as finais. O número indica a cantidade de finais disputadas nesa data. A cerimonia de apertura comezou o día 12 ás 18:00 (hora de Vancouver)[5]
|
Cadro de medallas [editar]
| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | |
|
|
Total |
| 1 | 14 | 7 | 5 | 26 | |
| 2 | 10 | 7 | 20 | 30 | |
| 3 | 9 | 15 | 13 | 37 | |
| 4 | 9 | 8 | 6 | 23 | |
| 5 | 6 | 6 | 2 | 14 | |
| 6 | 6 | 0 | 3 | 9 | |
| 7 | 5 | 2 | 4 | 11 | |
| 8 | 5 | 2 | 4 | 11 | |
| 9 | 4 | 6 | 6 | 16 | |
| 10 | 4 | 1 | 3 | 8 | |
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Vancouver 2010 Winter Olympics. "Athletes". http://www.vancouver2010.com/olympic-athletes/.
- ↑ Comité Olímpico Internacional. "Report by the IOC Candidature Acceptance Working Group" (PDF). http://multimedia.olympic.org/pdf/en_report_519.pdf.
- ↑ GamesBids.com Past Olympic Games Bids Results
- ↑ Sports-Reference.com. "Olympic Countries". http://www.sports-reference.com/olympics/countries/.
- ↑ Vancouver inaugura unos juegos marcados por la tragedia
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés) e (en francés)
- Sitio oficial dos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010 (en inglés) e (en francés)
|
||||||||||||||||||