Dominica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Commonwealth of Dominica

Mancomunidade de Dominica

Bandeira de Dominica
Bandeira
Lema: Apres Bondie C'est A Ter

(galego: «Logo de Deus é a Terra »)

Himno nacional: Isle of Beauty, Isle of Splendour
 
LocationDominica.svg
 
Capital
 • Poboación
Roseau
16.570 (2005)
Cidade máis poboada Roseau
Linguas oficiais
Inglés
Forma de goberno República
Nicholas Liverpool
Roosevelt Skerrit
Independencia
Do Reino Unido

3 de novembro de 1978

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 170º
754 km²
1.6
0 km km
148 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 183º
69.278 (2004)
92 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 184º
US$ 448 millóns
US$ 6.250
IDH (2003) 0.783 (70º) – medio
Moeda Dólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC-4
Dominio de Internet .dm
Prefixo telefónico +1-767
Prefixo radiofónico J7A-J7Z
Código ISO 212 / DMA / DM
Membro de: Commonwealth, CARICOM, ONU, OECS, OEA
Tódolos países do mundo

A Mancomunidade de Dominica é unha illa e un Estado do Mar Caribe, especificamente entre os territorios franceses de ultramar de Guadalupe ao norte e Martinica ao sur; pertence á Mancomunidade Británica de Nacións. Non debe ser confundida coa República Dominicana, outra nación caribeña.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XIV os caribes exterminaron ou expulsaron da illa á poboación indíxena dos arawak. Cristóbal Colón arribou a Dominica o 13 de novembro de 1493, sendo a primeira illa descuberta na súa segunda viaxe a América. O nome co que Colón bautiza á illa derívase do nome do día da semana en que avistan a illa, domingo. Os barcos españois chegaron con frecuencia durante o século XVI, pero unha resistencia feroz de parte dos caribes disuadiu a España dos seus esforzos de asentarse alí.

En 1627 os británicos tamén fallaron ao intentar capturar a illa. Pouco despois en 1635, os franceses reclamaron a illa e mandaron misioneiros, pero foron incapaces de ocupar a illa polos indios caribe e abandonaron cara a San Vicente na década de 1660.

Por case un século Dominica permaneceu illado e aínda chegaban máis indios caribes doutras illas a asentarse en Dominica, logo de abandonar as illas veciñas e refuxiarse en Dominica debido a que os europeos dominaban a rexión. Francia formalmente cede a posesión da illa ao Reino Unido en 1763, que converteron a illa en colonia en 1805 e por fin un goberno é establecido polos británicos. A emancipación dos escravos africanos provoca a interrupción de relacións co Imperio Británico en 1834 e en 1838 convértese na primeira e única colonia británica do Caribe en ter unha lexislatura dominada polos negros. En 1896, os británicos retoman o control da illa e é convertida en Colonia da Coroa. Medio século despois convértese en provincia da Federación das Indias Occidentais de 1958 a 1962.

Logo da disolución da federación, Dominica converteuse, en 1967, nun estado asociado do Reino Unido e fíxose cargo formalmente dos seus asuntos internos. O 3 de novembro de 1978, o Reino Unido concedeu a independencia á Mancomunidade de Dominica (Commonwealth of Dominica), dentro da Mancomunidade Británica de Nacións.

A independencia fixo pouco para resolver os problemas que resultaron de séculos de subdesarrollo económico e, a mediados de 1979, o descontento político levou á formación dun goberno interino. Este foi substituído logo das eleccións de 1980 por un goberno dirixido polo Partido da Liberdade de Dominica, baixo a primeira ministra Eugenia Charles, a primeira muller en ocupar ese cargo no Caribe. Os problemas económicos crónicos foron complicados polo grave impacto dos furacáns en 1979 e 1980. A finais da década de 1980, a economía gozou dunha saudable recuperación, a que se debilitou na década de 1990 debido a unha baixa nos prezos das bananas.

Nas eleccións de febreiro de 2000, o Partido de Traballadores Unidos de Edison James (UWP) foi derrotado polo Partido Laborista de Dominica (DLP), dirixido por Roosevelt P. "Rosie" Douglas. Douglas faleceu logo de soamente algúns meses de asumir o mando e foi substituído por Pierre Charles, tamén do DLP.

Ver: Guerra dos Sete Anos

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Dominica é unha democracia parlamentaria dentro da Mancomunidade Británica de Nacións. O Presidente é o xefe de Estado, mentres que o poder executivo descansa no Gabinete, encabezado polo Primeiro Ministro. O parlamento unicameral consiste nunha Asemblea de 30 membros, que consiste en 21 membros elixidos de xeito directo e nove senadores, que son seleccionados polo Presidente ou elixidos por outros membros da Asemblea.

Fóra doutras antigas colonias británicas na rexión, Dominica non é un Reino da Mancomunidade co monarca británico como xefe de Estado, á súa vez é unha república independente.

Dominica é un membro activo e participante da Comunidade do Caribe e da Organización de Estados do Caribe Oriental.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Parroquias de Dominica

Dominica está dividida en 10 parroquias:

  1. Parroquia de Santo Andrés
  2. Parroquia de San David
  3. Parroquia de San Jorge
  4. Parroquia de San Juan
  5. Parroquia de San José
  6. Parroquia de San Lucas
  7. Parroquia de San Marcos
  8. Parroquia de San Patricio
  9. Parroquia de San Pablo
  10. Parroquia de San Pedro

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Dominica

Coordenadas Xeográficas: 15 25 N, 61 20 O Continente: Centro América e o Caribe Costa Marítima: 148 km

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Dominica.

A economía de Dominica depende sobre todo do turismo e da agricultura, en especial, do cultivo do plátano. O 40% dos traballadores pertencen ao sector agropecuario, principalmente agricultures. El país posúe tamén algunhas industrias que representan o 32% da forza de traballo.

Mais a economía do país ten alta pobreza (30%), desemprego (23%), e un baixo índice per cápita (US$5,400). A economía dominica vese afectada por problemas na industria bananeira, cando o clima esnaquiza as colleitas de plátano ou cando o prezo deste baixa moito. Estados Unidos fechou o acceso das bananas ao seu mercado, causando unha creba na industria do plátano, polo que o goberno tivo que privatizalo dito sector. Tamén o goberno dominiqués tenta diversificar a economía e levantou os controles de prezo para intentar mover a economía. El gobierno está tratando de desarrollar el turismo, en especial el ecoturismo.

Dominica participa en Petrocaribe para abastecerse de comustible, recibindo petróleo a baixo costo de Venezuela. Está integrado no ALBA (Alternativa Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América).

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras da FAO, 2005). Poboación en miles de habitantes

Case todos os habitantes de Dominica son descendentes de escravos africanos traídos por plantadores coloniais no século XVIII. Dominica é a única illa do Caribe en reter algo da súa poboación precolombina, os indios caribe; ao redor de 3.000 viven na costa leste da illa.

A taxa de crecemento de poboación é moi baixa, principalmente á emigración cara a illas caribeñas máis prósperas, ao Reino Unido, Estados Unidos, e Canadá. O inglés é o idioma oficial e universalmente entendido; con todo, debido á histórica dominación francesa, o criollo antillano Patwa, un patois francés, fálase amplamente. Cerca do 80% da poboación é católico. Nos últimos anos, establecéronse no país diversas igrexas protestantes.

Cultura[editar | editar a fonte]

Praia de Batalie.
Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day -
2 de xaneiro Festa do Dous de Xaneiro 2nd January -
Febreiro ou Marzo Entroido Carnival Luns de Rosas
Febreiro ou Marzo Mércores de Cinza Ash Wednesday -
Marzo ou Abril Venres Santo Good Friday -
Marzo ou Abril Pascua Easter Monday Luns de Pascua
Maio Día do Traballo Labor Day Esta festividade celébrase o primeiro luns de maio
Maio Pentecoste Whit Monday Luns de Pentecoste
1 de agosto Festivo de Verán Summer Bank Holiday -
1 de agosto Día da Emancipación Emancipation Day -
3 de novembro Día de Independencia Independence Day Festa nacional
4 de novembro Día ao Servizo da Comunidade Community Day -
25 de decembro Nadal Christmas Day -
26 de decembro Boxing Day Boxing Day -
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dominica


Países do mundo | Caribe
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidad e Tobago - Xamaica
Países con estatus especial no Caribe

Aruba - Curaçao - Illa de San Martiño - Bonaire - San Eustaquio - Saba (posesións dos Países Baixos)
Guadalupe - Martinica - Illa de San Martiño - Saint-Barthélemy (posesións de Francia)
Anguila - Illas Virxes Británicas - Illas Caimán - Montserrat - Turks e Caicos (posesións do Reino Unido)
Illas Virxes Americanas - Porto Rico (posesións dos Estados Unidos)