Zambia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republic of Zambia
República de Zambia
Bandeira de Zambia Escudo de Zambia
Bandeira Escudo
Lema: “One Zambia, One Nation”
(inglés: «Unha Zambia, Unha Nación»)
Himno nacional: Stand and Sing of Zambia, Proud and Free
 
Zambia (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Lusaka
1.640.000 (2000)
Cidade máis poboada Lusaka
Linguas oficiais
Inglés
Lingua rexionais recoñecidas:
Chewa, bemba, lunda, tonga, lozi, luvale, kaonde
Forma de goberno República presidencialista
Michael Sata
Independencia
 • Data
Do Reino Unido
24 de outubro de 1964
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 38º
752.614 km²
1
5.664 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 81º
9.582.418 (2003)
13 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 136º
US$ 10.568 mill.
US$ 911
IDH n/d
Moeda Kwacha zambiano (ZMK)
Xentilicio Zambiano, zambiana[1]
Fuso horario
 • en verán
UTC+2
UTC+2
Dominio de Internet .zm
Prefixo telefónico +260
Prefixo radiofónico 9IA-9JZ
Código ISO 894 / ZMB / ZM
Membro de: Commonwealth, ONU, UA
Tódolos países do mundo

Zambia[1] é un país interior de África, limitado a norte coa República Democrática do Congo e Tanzania; a leste co Malaui; a sur co Mozambique, Cimbabue, Namibia e Botswana; e a oeste coa Angola.

Historia[editar | editar a fonte]

Visitada polos portugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británico David Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano 1890, por medio da British South Africa Company.

Antigamente chamada Rhodesia do Norte, en 1953 o Reino Unido intentou unila á Cimbabue e Malawi, pero os intereses dos colonos brancos de Cimbabue fixeron que en 1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese ó río Zambeze.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Zambia é unha república, na que o poder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elixido por un período de cinco anos por voto popular, xunto có vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente. O goberno está composto por un gabinete elixido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional. O poder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdición da Corte Internacional de Xustiza. O poder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Zambia.

A economía depende, en gran medida, do cobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros produtores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinto de cobre", prolongación dos xacementos de Katanga O petróleo é importado e chega desde o porto de Dar es Salaam (Tanzania). Dentro do sector industrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a produción de cemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas do algodón, azucre, xabón, etc.

A agricultura atópase pouco desenrolada, centrándose basicamente nos cultivos de subsistencia: batata, cacahuetes, millo e mandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón, café, cana de azucre, tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase a pesca.

O turismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Provincias de Zambia

Zambia divídese en nove provincias:

  1. Provincia Central (Kabwe).
  2. Provincia de Copperbelt (Ndola).
  3. Provincia Oriental (Chipata).
  4. Provincia de Luapula (Mansa).
  5. Provincia de Lusaka (Lusaka).
  6. Provincia do Norte (Kasama).
  7. Provincia do Noroeste (Solwezi).
  8. Provincia do Sur (Livingstone).
  9. Provincia Occidental (Mongu).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Zambia

Zambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que da nome ó país. A altitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o Kafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-sudoeste, extendense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.

Cataratas Victoria

Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as cataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.

O clima é tropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).


Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Zambia

A poboación zambiana concentrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, onde se emprazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.

No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o inglés. A esperanza de vida é de 40 anos. A media de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada có virus do VIH.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zambiano.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Zambia