Carlos Pérez Rial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Pérez Rial
Medallas olímpicas
Ouro K2-500 Beijing 2008

Carlos Pérez Rial tamén coñecido como Perucho, nado o 12 de abril de 1979 en Cangas do Morrazo, é un piragüista galego que foi campión do mundo e de Europa en 2005. A súa especialidade é a velocidade sobre caiac.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Carlos Pérez Rial foi internacional por primeira vez en 1999. Foi quinto clasificado no europeo de Zagreb ese mesmo ano, e no de Szeged en 2002, na categoría K2200m. Tamén quedara quinto clasificado no europeo de Milano de 2001 en K2 500m. O seu primeiro título de importancia foi a medalla de bronce obtida na distancia olímpica de K1 500 m nos Mundiais de Gainesville, nos Estados Unidos (1"37'961). A súa primeira participación olímpica produciuse nos Xogos de Atenas, en 2004, onde quedou soprendentemente fóra da final malia traer un dos mellores tempos das series. Nese ano xa fora nesa distancia bronce nos europeos de Poznań.

En 2005 proclamouse campión do mundo na distancia non olímpica de K1 200 m, nos Mundiais de Zagreb, cun tempo de 35"289; así como nos europeos tamén celebrados en Poznań, cun tempo de 36"098. Porén, ao ano seguinte non puido revalidar ningún deses dous títulos, perdendo nas dúas ocasións diante do alemán Ronald Rauhe e obtendo a prata do mundo en Szeged cun tempo de 35"396 e a de Europa en Račice con só 34"644.

En 2007 participa nos Mundiais de Duisburgo, clasificatorios para os Xogos de Beixín. Na distancia olímpica dos K1 500 m pasou a semifinais, mais nesta proba non se puido clasificar máis ca para a final B, e moi axustadamente, ao pasar co peor dos tempos (1'45"923). Na final B foi sétimo (16º en xeral), cun crono de 1' 38,975".

Nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 obtivo ouro na categoría de K2-500 xunto a Saúl Craviotto Rivero[1]. No campionato europeo de piragüismo de 2009 logrou o ouro en K2-200 (tamén xunto a Saúl Craviotto) e en K1-100 por relevos (xunto a Francisco Llera, Saúl Craviotto e Ekaitz Saies).

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Pertence ao clube de piragüismo Ría de Aldán. Mide 1,82 m e pesa 84 kg.

Ten a medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.


Predecesor:
Ronald Rauhe
Med 1.png Campión do mundo de piragüismo
K1 200m

2005 en Zagreb
Sucesor:
Ronald Rauhe

Notas[editar | editar a fonte]