Namibia
| Republic of Namibia República de Namibia |
|||||
|
|||||
Namibia é un país da África Austral, limitado ao norte por Angola e por Zambia, ao leste e ao sur por Botsuana, ao sur pola Sudáfrica e ao oeste polo Océano Atlántico. Capital: Windhoek.
Índice |
Historia [editar]
Os primeiros habitantes de Namibia foron probabelmente os san (bosquimanos), seguidos dos namas e dos damaras. A partir do século XIV entraron na rexión diversos grupos bantús, entre os que se encontraban os hereros e os ovambos.
Os primeiros europeos que alcanzaron o país foron os portugueses. O interior do país foi explorado polos europeos durante o século XIX. En 1884 Alemaña creou no país unha colonia co nome de África Suroccidental Alemá, que tamén se coñeceu como África do Suroeste Alemá (Deutsch-Südwestafrika), coa excepción do territorio en torno a Walvis Bay que foi posesión británica.
Sudáfrica, dominio británico, ocupou Namibia durante a Primeira Guerra Mundial e logo administrou o país como un mandato da Sociedade de Nacións até a Segunda Guerra Mundial, momento no que a autoridades sudafricana anexionaron directamente o territorio. En 1966 a organización SWAPO (South-West African People's Organization), de inspiración marxista, iniciou unha guerrilla independentista contra as forzas sudafricanas, e no mesmo ano a ONU revogou o mandato que a Sociedade de Nacións outorgara a Sudafrica para administrala. No ano 1988, Sudáfrica decidiu pór fin ao seu control aceptando un plano de paz da Organizacións das Nacións Unidas, que conduciu á plena independencia de Namibia en 1990. A rexión de Walvis Bay permaneceu sob control surafricano como enclave, pero finalmente foi cedido a Namibia en 1994.
Política [editar]
Namibia é unha república parlamentarista. O presidente é o Xefe de Estado, elixido por sufráxio universal a cada 5 anos. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro, nomeado polo presidente.
O parlamento é bicameral e composto polo Consello Nacional (National Council) de 26 membros elixidos a cada 6 anos, e a Asemblea Nacional (National Assembly) de 78 membros, sendo 72 elixidos a cada 5 anos e outros seis designados polo presidente.
A constitución do país é de 21 de marzo de 1990, día da independencia do país.
Xeografía [editar]
Relevo [editar]
O litoral namibio é pouco recortada e está ocupada polo deserto de Namibia nunha franxa duns 50 km de anchura media. Desde aí érguense unha serie de cadeas montañosas, en parte transversais e en parte paralelas á costa, que en determinados puntos da parte central superan os 2.000 m de altitude (Brandberg, 2.606 m; Monte Erongo, 2.350 m; Gonsberg, 2.332). Unha serie de ríos curtos baixan desde estes cordais cara o Océano Atlántico, creando varios ríos transversais, pero dada a sequedade do clima, a maioría non chegan até o mar, formando porén lagoas endorreicas pantanosas no mesmo deserto, pero son moi importantes para a subsistencia da flora e a fauna. Só algúns destes cursos como o río Ugab ou o Kuiseb desaugan no mar.
Tras as cadeas montañosas érguese un estenso planalto, entre 800 e 1.200 m de altura media, que ocupa o centro do país desde o norte ao sur. Nel aséntase a capital, Windhoek, a máis de 1.600 m de altitude.
Hidrografía [editar]
A costa de Namibia está limitada por dous grandes e caudalosos ríos: ao norte o Cunene, que serve de fronteira con Angola e ao sur o Orange, que fai o mesmo papel a respecto da República Sudafricana. Como a zona norte é a única do país que supera os 500 mm anuais de precipitacións, xunto con o Cunene e tributarios do gran río endorreico internacional, o Okabango, é o único territorio namibio onde é posíbel unha agricultura (millo, sorgo) e gandería. No sur o Oranxe ten algún gran afluente como o Fish, pero por contra penetra, polo leste, o deserto de Kalahari.
Subdivisións [editar]
Namibia está subdividida en 13 rexións.
- Caprivi
- Erongo
- Hardap
- Karas
- Kavango
- Khomas
- Kunene
- Ohangwena
- Omaheke
- Omusati
- Oshana
- Oshikoto
- Otjozondjupa
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Namibia.
Demografía [editar]
Namibia é un país con cerca de 1.500.000 habitantes, concentrados sobre todo no Norte e na zona da capital. A densidade de poboación é moi reducida ou mesmo nula, como no caso da rexión da Costa dos Esqueletos. A taxa de natalidade é alta, mais a porcentaxe de individuos seropositivos atinxe preto do 15%, polo que non se espera un grande crecemento nos próximos anos.
|
||||||||