Togo
| République Togolaise 'República Togolesa' |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O Togo é un país africano, limitado ao norte polo Burkina Faso, ao leste polo Benín, ao sur polo Golfo de Guinea e ao oeste por Gana. No Sur ten unha pequena costa no golfo de Guinea, onde se localiza a súa capital, Lomé.
Índice |
[editar] Historia
- Artigo principal: Historia do Togo.
Togo foi unha colonia alemá ata 1918. Pasou a mans de Francia ata o 27 de abril de 1960, data na que acadou a independencia. Dende entón o país está dominado polos militares de forma ininterrompida dende o golpe de estado levado a cabo o 13 de xaneiro de 1967. O primeiro presidente foi Sylvanus Olympio (1901-1963) que foi deposto en 1963 por un golpe militar que impuxo a Nicolas Grunitzky (1913-1969) como presidente, pero catro años despois sufriu un novo golpe de estado. Un dos dirixentes do golpe de estado de 1963, Gnassingbe Eyadema (1937-2005) foi o presidente dende 1967 ata 2005. Eyadema foi reelixido en 2003 e, antes de morrer, modificou a constitución para facilita-la súa sucesión ó seu fillo. Aínda así, a presión internacional obrigou a que se realizaran eleccións, nas que oficialmente gañou de todas formas o seu fillo Faure Eyadéma.
[editar] Política
- Artigo principal: Política do Togo.
O 3 de maio de 2006 Faure Gnassingbé asumiu a presidencia de Togo, despois de ser elixido co 60% dos votos, conforme informacións oficiais. A pesar diso, continuou o descontento da oposición, que denunciou que as eleccións non foron libres, pois algunhas urnas foran roubadas por militares nalgunhas zonas, mentres noutras houbo bloqueo das telecomunicacións[2]. A Unión Europea suspendeu a axuda a Togo en apoio ás reclamacións da oposición, mentres a Unión Africana - UA - e os Estados Unidos declaraban as eleccións "razoablemente xustas" e aceptaban o resultado. O presidente da Nixeria e xefe da UA, Olusẹgun Ọbasanjọ, tentou establecer negociacións entre o goberno e a oposición, pero rexeitou o envío de Kenneth Kaunda, ex-presidente de Zambia, como enviado especial da UA ao Togo[3]. En xuño, Gnassingbé aceptou o líder da oposición Edem Kodjo como primeiro ministro.
En outubro de 2007 houbo novas eleccións, que foron declaradas limpas pola Unión Europea e tiveron a vitoria do partido do goberno. Komlan Mally, líder do partido do goberno, foi nomeado primeiro ministro en decembro de 2007, pero renunciou o 5 de setembro de 2008, sendo substituído por Gilbert Houngbo, actual primeiro ministro.
[editar] Subdivisións
Togo está dividido en cinco rexións administrativas e a comuna de Lomé. Estas rexións son as seguintes:
- Sabana
- Kara
- Central
- Altiplano
- Marítima
[editar] Xeografía
- Artigo principal: Xeografía do Togo.
Togo ten unha superficie de 56.785 km². Sitúase na África Occidental, sendo unha pequena nación subsahariana. O país posúe 1.700 km de fronteiras con Burkina Faso, Ghana e Benín. O punto máis alto do país é o Monte Agou cunha altura de 984 metros.
A sabana ocupa o norte do país, en contraste co centro do mesmo que se caracteriza por estar formado por outeiros. No sur de Togo atopamos unha meseta ata chegar a un val costeiro con extensas lagoas e pantanos.
[editar] Economía
- Artigo principal: Economía do Togo.
A Economía do Togo baséase nun réxime de subsistencia no que a agricultura é a actividade principal. O 65% da poboación depende deste sector que representa o 41% do PIB. Os principais cultivos son o café, o cacao e o algodón, este último orientado á exportación.
O comercio concéntrase en Lomé que, a través do seu porto, canaliza a maioría das exportacións e importacións a Malí, Níxer e Burkina Faso. Togo arrastra unha débeda importante polo proceso de industrialización que emprendeu nos anos 70 do século XX.
[editar] Demografía
- Artigo principal: Demografia do Togo.
No ano 2006, Togo tiña unha poboación de 5.548.702 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante 1% é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida está datada nos 57 anos, sendo a media de fillos por muller de 4,96. A alfabetización alcanza ao 60,9% da poboación, e calcúlase que o 4,1% da mesma está infectada co virus do SIDA.
[editar] Cultura
- Artigo principal: Cultura do Togo.
A cultura do Togo ten a influencia dos 37 pobos que viven no país. Os principais son os Ewe, os Mina e os Kabre. O francés é a lingua oficial do país. Diversas linguas Gbe son faladas no país.
A pesar da grande influencia do islamismo e do cristianismo, a metade da poboación do Togo practica relixións animistas.
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
[editar] Notas
- ↑ Rulers.org Setembro de 2008
- ↑ Technological shutdowns as tools of oppression - SciDev.Net
- ↑ AllAfrica.com
[editar] Véxase tamén
|
||||||||