Xogos Olímpicos de 1980

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XXII Olimpíada
Olympic rings with white rims.svg
Moscova 1980
Estados Participantes 80
Atletas 5217
Eventos 203 en 21 deportes
Cerimonia de Apertura 19 de xullo
Cerimonia de Clausura 3 de agosto
Apertura oficial Leonid Brezhnev
Xuramento do Atleta Nikolay Andrianov
Entrada do Facho Olímpico Sergei Belov
Local Central Lenin Stadium

Os Xogos Olímpicos de 1980 foron celebrados en Moscova (Unión Soviética) entre o 19 de xullo e o 3 de agosto. Inaugurounos o presidente Leonid Brejnev e contaron coa participación de 5.179 atletas de 80 estados, o máis baixo comparecemento ós Xogos dende Xogos Olímpicos de 1956|Melbourne 1956]], debido ó maior boicot realizado na historia olímpica, cando a inxerencia da política no deporte chegou a seu punto máis alto e decisivo.

No comezo de 1980, como protesta contra a invasión soviética de Afganistán, o presidente norteamericano Jimmy Carter anunciou o boicot da súa nación ós Xogos Olímpicos de Moscova no ano seguinte, conclamando ós seus aliados polo mundo a daren o mesmo exemplo; 69 estados seguiron o camiño dos Estados Unidos, levando estes Xogos a un nivel de calidade máis baixo. Mesmo así, producíronse algunhas marcas e desempeños excepcionais e até atletas de países que apoiaron a acción americana acabaron participando individualmente baixo a bandeira olímpica.

Este comezo dos anos 80 representou o pior momento vivido polos Xogos Olímpicos e polo Comité Olímpico Internacional en toda a súa existencia, co, obviamente, xa agardado boicot pola URSS e os seus aliados ós Xogos seguintes nos Ánxeles, facendo que os seus dirixentes temesen pola extinción das Olimpíadas.

Boicot[editar | editar a fonte]

[[Ficheiro:Olympic boycotts 1976 1980 1984.PNG|miniatura|Mapa dos boicots olímpicos].] Dada a invasión soviética de Afganistán, en 1979, os Estados Unidos de América decidiron boicotear os Xogos Olímpicos de 1980. O presidente americano Jimmy Carter deu un ultimato ós soviéticos, o 20 de febreiro de 1980, para a completa retirada das tropas militares de Afganistán. O boicot foi anunciado o 21 de marzo.

Jimmy Carter presionou a outros países para se adherir ó boicot, no que finalmente se adheriron 69 países, incluíndo Alemaña Occidental, Canadá e Xapón. Algúns países occidentais apoiárono, como Francia, Portugal e o Reino Unido, mais deixaron ós seus atletas decidir por eles mesmos se querían ir á Unión Soviética ou non. Porén, eses países mandaron unha delegación de atletas moito menor do que eles normalmente mandan ós Xogos Olímpicos. Por causa diso, Italia foi a principal representante da Europa Occidental nos Xogos de 1980. O boicot afectou severamente moitos eventos.

No total, 80 países competiron nos Xogos de 1980, o número mais baixo dende 1956. Dunha maneira ou outra, os xogos foron ben organizados, e máis marcas olímpicos foron quebradas nos Xogos de 1980 que nos Xogos de 1976, realizados en Montreal.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Moneda conmemorativa de 1 rublo dos Xogos Olímpicos de Moscova 1980
Prendedor dos Xogos de 1980
  • Por primeira e única vez os Xogos non foron transmitidos exclusivamente por unha rede de televisión americana. A NBC abriu man das transmisións das competicións en virtude do boicot americano, limitándose a transmitir flashes en vídeo-tape das competicións na súa programación diaria, e un pool televisivo formado pola radio e TV estatal da URSS, a Univision, Eurovision, Televisa mexicana e a canadense CTV foron responsables das imaxes en vivo para todo o planeta.
  • Misha, o oso símbolo dos Xogos de Moscova, tornouse a máis popular mascota olímpico da historia. A súa imaxe derramando unha bágoa na cerimonia de clausura do evento, formada por placas movidas por participantes nas arquibancadas do estadio, é unha das máis tenras e emocionantes imaxes destes Xogos.
  • Na disputa do remo , modalidade dous sen temoeiro, un observador distraído que ollase o podio pensaría que estivese vendo dobre. Nunha coincidencia extraordinaria e nun feito único, as dúas duplas gañadoras das medallas de ouro e de prata, de Alemaña Oriental e da Unión Soviética, estaban formadas por xemelgos univitelinos idénticos.
  • O soviético Aleksandr Dityatin tornouse o nome dos Xogos ó arrebatar oito medallas nos oito eventos masculinos da ximnasia olímpica – tres delas de ouro -, sendo o único ximnasta en conseguir tal feito nunha olimpíada.
  • O grande boxeador cubano Teófilo Stevenson marcou o seu lugar na historia como o maior boxeador amateur de todas as épocas en conquistar a súa terceira medalla de ouro seguida na categoría super-pesado.

Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]

Estados participantes

Cadro de medallas[editar | editar a fonte]

Cadro de Medallas Olympic rings with white rims.svg
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Unión Soviética Unión Soviética 80 69 46 195
2 Alemaña Democrática Alemaña Oriental 47 37 42 126
3 Bulgaria Bulgaria 8 16 17 41
4 Flag of Cuba.svg Cuba 8 7 5 20
5 Italia Italia 8 3 4 15
6 Hungría Hungría 7 10 15 32
7 Romanía Romanía 6 6 13 25
8 Flag of France.svg Francia 6 5 3 14
9 Reino Unido Reino Unido 5 7 9 21
10 Polonia Polonia 3 14 15 32