Liberia
| Republic of Liberia República de Liberia |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liberia é un país da África Occidental, limitado a norte pola Serra Leoa e pola Guinea, a leste pola Costa do Marfil e a sur e a oeste polo Océano Atlántico. Capital: Monrovia.
Índice |
Historia [editar]
A emigración a Liberia foi un proceso diferenciado doutros países do Globo:
A mediados de 1815 discutíase nos Estados Unidos sobre o destino dos ex-escravos. Dous grupos manifestaban as súas ideas: o primeiro composto por representantes do goberno que querían dar liberdade aos escravos e consideraban que estes se desenvolverían mellor se voltasen para a África. E o segundo grupo composto polos propios cidadáns brancos que consideraban que os negros non tiñan condicións de se encadrar no sistema capitalista. É bon lembrar que a escravitude nos Estados Unidos só foi abolida na década de 1860, e que eses ex-escravos eran apenas unha minoría.
1815 - Colonización Negra [editar]
Non hai rexistros correctos, mais foi nese período cando un caker e emprendedor afroamericano chamado Paul Cuffe investiu na primeira leva de inmigrantes que desembarcaron en Serra Leoa (a Liberia aínda non existía). Mais Paul Cuffe morreu e para completar a traxedia, os inmigrantes que el levara ata a África caeron debido a unha febre amarela en función da precaria situación do país.
Mais as mortes dos negros non abalaron o presidente James Monroe, polo contrario, inspirárono a criar unha colonia na África para se librar dos ex-escravos. No 1816 reúnese con representantes da burguesía para criar unha colonia na África. Coa axuda de Robert Finley fundase a Sociedade Americana de Colonización. Esa sociedade tiña por obxectivo xuntar fondos para enviar os negros para a nova colonia.
En 1820 os burgueses xa tiñan xuntado diñeiro dabondo. Ata que en xaneiro o navío Elizabeth parte con tres axentes brancos e 88 emigrantes. Para a insatisfacción de Monroe os axentes e 22 emigrantes morreron de Febre Amarela.
Mais iso tampouco desmotivou a Monroe e no 1921 o navío Sail chega con outra tanda máis de emigrantes.
O erro xeográfico-social dos americanos [editar]
Cando a Sociedade Americana de Colonización definiu o territorio liberiano, non pensou nas graves consecuencias que virían: Os ex-escravos terían que compartir o territorio do país coas tribos que alí vivían; co cal, os conflitos entre tribos e emigrantes comezaron a triste historia do país.
No 1822 fúndase a capital Monrovia, en homenaxe a James Monroe. En 1847, Joseph Jenkins Roberts, gobernador da colonia, proclama a independencia. Con ese acontecemento, a Liberia foi o primeiro país independente da África.
Feitos interesantes da emigración [editar]
Os emigrantes forman actualmente o 5% da poboación da Liberia e son a elite do país.
Liberia actualmente vive devastada pola guerra civil. Formalmente é o país coa maior mariña mercante do mundo, pois un réxime fiscal vantaxoso fai que os armadores rexistren os seus navíos como liberianos.
Política [editar]
- Artigo principal: Política da Liberia.
Liberia é unha república con réxime presidencial. O país vive actualmente unha fase de transición da guerra civil cara unha democracia. O goberno baséase no modelo dos Estados Unidos con tres ramas iguais, aínda que o presidente ocupa en realidade un lugar preponderante dentro do ámbito político. Despois da disolución do Partido Republicano en 1876, o partido True Whig ten o poder dende o golpe de Estado de 1980. Actualmente, ningún partido posúe a maioría no parlamento.
Tralo último golpe de Estado en 2003, un goberno provisional exerceu o poder executivo do país até que nas eleccións do 8 de novembro de 2005, Ellen Johnson-Sirleaf converteuse na presidenta electa do país; a primeira muller que dirixe un país africano.
Subdivisións [editar]
- Artigo principal: Subdivisións da Liberia.
Liberia está dividida en quince condados:
- Bomi – capital Tubmanburg
- Bong – capital Gbarnga
- Gbarpolu – capital Bopolu
- Grand Basa – capital Buchanan
- Grand Cape Moun – capital Robertsport
- Grand Jedeh – capital Zwedru
- Grand Kru – capital Barclayville
- Lofa – capital Voinxama
- Marjibi – capital Kakata
- Maryland – capital Harper
- Montserrado – capital Bensonville
- Nimba – capital Sanniquellie
- River Ces – capital Riverces
- River Gee – capital Fish Town
- Sinoe – capital Greenville
Xeografía [editar]
- Artigo principal: Xeografía da Liberia.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía da Liberia.
Demografía [editar]
- Artigo principal: Demografía da Liberia.
A poboación de máis de tres millóns de habitantes comprende dezaseis grupos étnicos nativos e varias minorías estranxeiras. Os kpelle no centro e oeste de Liberia son o grupo étnico máis numeroso. Os americo-liberianos, decendentes de escravos liberados que chegaron a Liberia en 1821 representan aproximadamente o 5% da poboación. Tamén hai un número importante de libaneses, indianos e inmigrantes doutros países de África Occidental que contribúen en gran medida ao comercio de Liberia. Unha minoría de raza branca (estimada en 18 000 habitantes o 1999; posíbelmente agora sexan menos) reside no país.
Cultura [editar]
- Artigo principal: Cultura da Liberia.
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
Temas diversos [editar]
|
|||||
|
||||||||