Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.
Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a Hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.
Infelizmente, a política internacional, extremadamente tensa naqueles días de Guerra Fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.
Curiosidades [editar]
- Vladimir Kutz mostra a forza do atletismo soviético ó conquistar o ouro nas probas de 5.000 e 10.000m, fazaña conseguida antes tan só polos fantásticos finlandeses da primeira metade do século e pola “Locomotora Humana”, o checo Emil Zátopek.
- A raíña destes Xogos, para delirio dos anfitrións, foi a australiana Betty Cuthbert, de dezaoito anos, alcumada “Golden Girl” e campioa olímpica nos 100, 200 e 4x100m no atletismo.
- Os alemáns occidentais e orientais participaron xuntos nun equipo mixto, como farían nos próximos dous eventos.
- A nadadora Dawn Frazer brillou nas piscinas liderando o equipo australiano na vitoria do relevo 4x100 e conquistando o ouro nos 100m nado libre.
Modalidades disputadas [editar]
Cadro de medallas [editar]
|
|
|
|
|
|
| Xogos Olímpicos de Verán |
|
|
|
| Xogos Olímpicos de Inverno |
|
|
|
|
|