Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República de Suráfrica1
Bandeira de Suráfrica Escudo de Suráfrica
Bandeira Escudo
Lema: !ke e: ǀxarra ǁke
(ǀXam: Unidos na diversidade)
Himno nacional: Nkosi Sikelel' iAfrika
 
South Africa (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Pretoria (executiva)
Cidade do Cabo (lexislativa)
Bloemfontein (xudicial)
Cidade máis poboada Xohanesburgo
Linguas oficiais
Africáner, inglés, ndebele, sesotho, sesotho sa leboa, setsuana, suazi, tsonga, venda, xhosa e zulú
Forma de goberno Democracia constitucional
Jacob Zuma
Independencia
 • Data
do Reino Unido
31 de maio de 1910
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 25º
1.221.037 km²
Desprezable
4.862 km
2.798 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 25º
49.320.000 (2009)
41 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 22º
US$ 287.219 millóns
US$ 5.823
PIB (PPA)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 25º
US$ 505.214 millóns
US$ 10.243
IDH (2009) 0,683 (129º) – Medio
Moeda Rand (ZAR)
Xentilicio Surafricano, surafricana
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+2)
CEST (UTC+3)
Dominio de Internet .za
Prefixo telefónico +27
Prefixo radiofónico S8A-S8Z
Código ISO 710 / ZAF / ZA
Membro de: UA, ONU, Commonwealth

1 Republic of South Africa é o seu nome oficial en inglés. Nas outras linguas oficiais do país o nome do estado é:
Africáner: Republiek van Suid-Afrika
Ndebele: iRiphabliki yeSewula Afrika
Xhosa: iRiphabliki yomZantsi Afrika
Zulú: iRiphabhuliki yaseNingizimu Afrika
Suazi: iRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika
N. Sesotho: Repabliki ya Afrika-Borwa
S. Sesotho: Rephaboliki ya Afrika Borwa
Setsuana: Rephaboliki ya Aforika Borwa
Tsonga: Riphabliki ra Afrika Dzonga
Venda: Riphabuḽiki ya Afurika Tshipembe
Tamén en galego: República de África do Sur.

Tódolos países do mundo

Suráfrica[1] ou África do Sur é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Suacilandia; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.

Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o africáner, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.

Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,5% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos de un euro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Suráfrica.

África do Sur é un dos estados-nacións máis antigos de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xhosa e os zulú. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cales trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da rexión uníronse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.

Véxase tamén a historia do Apartheid

Política[editar | editar a fonte]

O goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, aínda que o Presidente de Suráfrica é ó mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é electo nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asemblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.

A Asemblea Nacional ten 400 membros, electos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituíu ao Senado no 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias de África do Sur, alén das grandes cidades.

Cada provincia de África do Sur ten unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa da Suráfrica.

África do Sur ten unha paisaxe variada. Na parte occidental, esténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do río Limpopo serve de fronteira con Botswana e Zimbabwe.

O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.

A maior cidade é Xohanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Mapa das provincias e distritos da Suráfrica.
     Cabo Setentrional      Noroeste      Gauteng      Limpopo      Mpumalanga      KwaZulu-Natal      Cabo Oriental      Estado Libre      Cabo Occidental

Cando o apartheid rematou no 1994, o goberno surafricano tivo que integrar aos antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Suráfrica. Para acabaren con isto, aboliron ás catro antigas provincias de Suráfrica (Provincia do Cabo, Provincia de Natal, Estado Libre de Orange e Transvaal) e substituíronas por outras nove. As novas provincias son moito máis pequenas cás antigas, teoricamente para darlle unha mellor facilidade ao goberno de cada unha sobre os distintos municipios.

As nove provincias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:

Provincia Antigas provincias Capital Área (km²) Área (mi²) Poboación (2001)
O Cabo Oriental Provincia do Cabo, Transkei, Ciskei Bisho 169 580 65 475 6 436 761
Estado Libre Estado Libre de Orange, QwaQwa Bloemfontein 129 480 49 992 2 706 776
Gauteng Transvaal Xohanesburgo 17 010 6 568 8 837 172
KwaZulu-Natal Natal, KwaZulu Pietermaritzburg 92 100 35 560 9 426 018
Limpopo Transvaal, Venda, Lebowa, Gazankulu Polokwane 123 900 47 838 5 273 637
Mpumalanga Transvaal, KwaNdebele, KaNgwane, Bophuthatswana, Lebowa Mbombela 79 490 30 691 3 122 994
O Cabo Setentrional Provincia do Cabo Kimberley 361 830 139 703 822 726
Noroeste Transvaal, Provincia do Cabo, Bophuthatswana Mafikeng 116 320 44 911 3 669 349
O Cabo Occidental Provincia do Cabo Cidade do Cabo 129 370 49 950 4 524 335
Total 1 219 080 470 688 44 819 768

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Suráfrica.

África do Sur é un dos maiores produtores de ouro e diamantes. Existen grandes diferenzas entre a poboación de orixe europea, máis rica, e a poboación de orixe africana, máis pobre.

Cultura[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

Suráfrica ten 11 linguas oficiais : inglés, afrikaans, zulú, swati, ndebele, linguas sesotho do norte e do sur, Tsonga, tswana , venda e xhosa.

O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele, phuthi, lingua de signos surafricana, khoe, nama e san. Estas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suráfrica Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]