Ciclismo de montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un ciclista durante unha carreira

Ciclismo de montaña é a actividade deportiva que se realiza sobre unha bicicleta de montaña (ou BTT, Bicicleta Todo Terreo) en terreos montañosos. Por extensión aplícase o termo a todos os demais terreos a valmontes que presentan moitas das dificultades existentes nos terreos montañosos como son terreos diversos: area, terra, lodo, arroios etc; obstáculos: ocos, pedras, troncos e ramas, cantís etc; pendentes diversas e rutas sinuosas.

Modalidades[editar | editar a fonte]

Campo a través (Cross Country)[editar | editar a fonte]

Modalidade usual do ciclismo de montaña. As bicicletas adoitan levar suspensión dianteira soamente, aínda que tamén se empezan a utilizar suspensións traseiras. Esta proba consiste en dar un número determinado de voltas a un circuíto, cuxa lonxitude adoita estar comprendida entre os 8 e os 11 quilómetros.

Campo a través por equipos (Team relay)[editar | editar a fonte]

Carreira na que compiten varios corredores dun equipo dandóse relevos ao chegar á meta.

Campo a través de eliminación (Eliminator)[editar | editar a fonte]

Carreira na que se elimina o último en chegar á meta, así sucesivamente ata que só queda o gañador.

Descenso (Downhill)[editar | editar a fonte]

Bas Peter nun descenso en 2008.

Modalidade na cal compítese nunha pista totalmente en baixada. A pista tamén contén saltos e obstáculos tanto naturais como artificiais que os ciclistas teñen que sortear no menor tempo posíbel para poder gañar. As bicicletas levan suspensión dianteira e traseira, ademais de freos de disco, pneumáticos de maior anchura e protectores de pratos. Os ciclistas levan ademais casco e proteccións especiais en caso de caídas. Nos últimos anos, tamén se celebran moitos descensos urbanos no medio de cidades.

Marathon Bike[editar | editar a fonte]

Modalidade que consiste nunha travesía de entre 65 e 100 km, podendo chegar nalgún caso aos 130. Adóitase empregar o mesmo tipo de bicicleta que no cros country, aínda que algo máis robustas, pois a fiabilidade e a comodidade son vitais en carreiras tan longas. Tamén se inclúen nesta modalidade probas por etapas como a Trans Alp, a Transrockies, a ruta dos conquistadores etc. Esta modalidade conseguiu unha gran popularidade nos últimos tempos, pois as súas competicións adoitan estar abertas tanto a profesionais como a simples afeccionados.

Slálom (Slalom)[editar | editar a fonte]

Dual eslalon.

Modalidade parecida ao Descenso na cal se compite nunha pista en baixada con bandeiras e portas ao estilo do esquí.

Existe a variante do Dual Slalom, que consiste en carreiras nas que dous corredores realizan descensos curtos. O que chega antes á meta pasa á seguinte rolda.

Avalancha (Megavalanche ou Downhill Marathon)[editar | editar a fonte]

Modalidade semellante ao descenso pero con percorridos de moita máis lonxitude (mínimo 10 km). Nesta modalidade, os ciclistas saen todos á vez e non individualmente como no downhill. Na Estación de montaña Manzaneda disputábase o «Big Ride Manzaneda». O circuíto tiña máis de 1000 m de desnivel e unha lonxitude de 18 km que atravesaba pstas forestais, pedras, regatos..., o que o convertía nunha avalancha de enduro. Actualmente, en Tui e Valença do Minho dispútase o «Big Ride Eurocidade».

Ascenso (Up hill)[editar | editar a fonte]

Modalidade na cal se compite contra o reloxo ou distancia. O trazado só é de subida, gaña quen faga o menor tempo ou a maior distancia no ascenso, respectivamente.

Técnica de condución[editar | editar a fonte]

No aspecto da condución, o ciclista de montaña debe aprender as seguintes técnicas:

  • Manter a bicicleta detida por polo menos 20 segundos. Sen moverse.
  • Levantar a roda dianteira sen caerse ao asfalto (wheelie), necesario para sortear obstáculos tales como arroios, fochancas, ou subidas para ter tracción.
  • Levantar ambas as rodas do piso, recoméndase pararse e levantala do piso con ambas as mans .

É fundamental manter unha gran concentración á hora de superar obstáculos, xa que doutro xeito un pode dar co seu corpo no chan; ata en pequenos obstáculos por un exceso de confianza. Tamén o ter un grao de preparación física adecuado: sófrese de cambios de ritmo continuos producíndose grandes estado de fatiga. Pero que se compensa co divertimento que chega a enganchar a todo tipo de persoas sen importar a idade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]