Senegal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o Senegal, para o río vexa: Río Senegal.
République du Sénégal
República de Senegal
Bandeira do Senegal Escudo do Senegal
Bandeira Escudo
Lema: Un Peuple, Un But, Une Foi
(Francés: Un Pobo, Un Obxectivo, Unha Fe
Himno nacional: Pincez tous vos koras, frappez les balafons
 
Senegal (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Dacar
1.009.256 (2004)
Cidade máis poboada Dacar
Linguas oficiais
Francés
Wólof (Idioma mais falado, pero non ten status oficial.)
Forma de goberno República
Macky Sall
Abdoul Mbaye
Independencia
 - De Francia

 20 de xuño de 1960
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 87º
196.190 km²
2,1%
km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 70º
11.987.121
52 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 111º
US$ 11.123 mill
US$ 909 (2007)
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 110º
US$ 20.601 mill
US$ 1.685 (2007)
IDH (2005) 0,499 (156º) – Bajo
Moeda Franco CFA (XOF)
Xentilicio Senegalés
Fuso horario UTC
Dominio de Internet .sn
Prefixo telefónico +221
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO SN / SEN / 686
Membro de: ONU, UA
Tódolos países do mundo

Senegal é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente do Cabo Verde. A súa capital é Dacar. Ten unha particularidade que é a de abrigar dentro do seu territorio a República de Gambia como se fose unha illa dentro do Senegal.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Senegal.
Senegal.

Senegal está situado na parte oeste do continente africano, entre os 12º08' e 16º41' de latitude norte e 11º21' e 17º32' de lonxitude Oeste. O seu punto oeste, a península de Cabo Verde (e particularmente o emprazamento do Club Med de Dacar), constitúe a parte máis occidental do continente africano.

A paisaxe senegalesa consiste principalmente en planos ondulados pola area do oeste de Sahel que crecen ata as faldras da montaña no sueste. Alí atópase tamén o punto máis alto do Senegal, un accidente xeográfico sen nome preto de Nepen Diakha con 581 m. O límite norte está formado polo río Senegal. Outros ríos destacables son o río Gambia e o río Casamance. A capital Dacar xace sobre a península de Cabo Verde, o punto máis occidental do África continental.

O país esténdese sobre 196.192 km². Comparado cos países veciños, Malí e Mauritania, Senegal é un país minúsculo.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é de tipo saheliano con:

  • unha estación chuviosa de xuño a outubro, con inflexión en agosto e variable segundo a latitude (menos chuvioso o norte que o sur). As temperaturas alcanzan o seu máximo. É o período dos monzóns.
  • unha estación seca de novembro a xuño con alisios continentais. Nesta estación, concretamente no mes de xaneiro, alcánzanse as temperaturas mínimas.

No litoral, a mar suaviza as temperaturas, as cales son da orde de 16 ºC a 30 ºC; pero no centro e no leste de Senegal poden chegar aos 41 ºC. Durante o inverno de Europa, Senegal convértese nun destino apreciado para o desenvolvemento de actividades turísticas

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Senegal.

Restos arqueolóxicos por todo o estado evidencian que Senegal estivo habitado en tempos prehistóricos. O islam estabeleceuse no val do río Senegal no século XI. O 95 % dos senegaleses practican a relixión musulmán. Nos séculos XII e XIV, a área estivo baixo a influencia dos imperios mandingas do leste; o imperio Jolof de Senegal tamén foi fundado durante este tempo. No século XVI, o imperio Jolof dividiuse en catro reinos competidores: os jolof, waalo, cayor e baol.

Diversas potencias europeas, Portugal, os Países Baixos e Inglaterra; competindo polo comercio na área dende o século XV, até que en 1677, Francia rematou coa posesión do que convertera nun importante punto de partida do comercio de escravos, a illa de Goree, preto de Dacar. Foi só nos anos 1850 que os franceses, baixo o gobernador Louis Faidherbe, comezara a expandires no propio territorio senegalés.

En xaneiro de 1959, Senegal e o Sudán francés uníronse para formar a Federación de Malí, que se converteu nun estado totalmente independente o 20 de xuño de 1960, como resultado da independencia e o acordo de transferencia de poder asinado con Francia o 4 de abril de 1960. Debido a dificultades políticas internas, a Federación disolveuse o 20 de agosto de 1960. Senegal e Soudan, renomeado como a República de Malí, proclamáronse independentes. Léopold Senghor, un coñecido poeta internacional da negritude, político e estadista, foi elixido como primeiro presidente do Senegal en agosto de 1960.

Despois da disolución da Federación de Malí, o presidente Senghor e o primeiro ministro Mamadou Dia gobernaron xuntos so un sistema parlamentario. En decembro de 1962, a súa rivalidade política levou a un intento de golpe de Estado polo Primeiro Ministro. O golpe foi reducido sen derramamento de sangue e Dia foi arrestado e encarcerado. Senegal adoptou unha nova constitución que consolidou o poder do Presidente. En 1980, o presidente Senghor retirouse da política e transferiulle o cargo a un sucesor escolleito a dedo, Abdou Diouf, en 1981.

O 1 de febreiro de 1982, Senegal uniuse con Gambia para formar a Confederación de Senegambia. Mais, a integración imaxinada no papel nunca se materializou e a unión foi disolta no 1989. A pesar dos diálogos, un grupo de separatistas do sur, na rexión de Casamanza enfrontouse esporadicamente coas forzas gobernamentais dende 1982.

Abdou Diouf foi o seu presidente entre 1981 e 2000. Fomentou unha participación política máis ampla, reduciu a intervención do goberno na economía e aumentou os compromisos diplomáticos de Senegal, particularmente con outras nacións subdesenvolvidas. A política interna ás veces veuse desbordada pola violencia nas rúas, tensións nas fronteiras e un movementos separatista violento na rexión do sur de Casamanza. Mais, o compromiso de Senegal coa democracia e os dereitos humanos comeza a consolidarse[Cómpre referencia]. Diouf presidiu catro mandatos e foi derrotado na elección presidencial do 2000, polo líder da oposición Abdoulaye Wade. Senegal experimentou a súa segunda transición de poder pacífica e a primeira dun partido político a outro.

O 30 de decembro do 2004 o presidente Abdoulaye Wade anunciou que asinaría un tratado de paz con dúas faccións separatistas do Mouvement des Forces Démocratiques de la Casamance (MFDC) na rexión de Casamanza.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Léopold Sédar Senghor o que foi primeiro presidente de Senegal

Politica[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Senegal.

O Senegal é unha república parlamentaria cun presidente forte, que é elixido, desde 2001, cada 5 anos pola poboación.

O parlamento é unicameral e ten 120 membros. Hai máis de 80 partidos políticos no país.

Goberno[editar | editar a fonte]

O 20 de agosto de 1959, Senegal abandonou a federación e converteuse en república independente. Senghor foi o seu primeiro presidente e repetiu mandato en 1963, 1968, 1973 e 1978. En decembro de 1962, o primeiro ministro Mamadou Día foi prendido baixo a acusación de tentar derrubar o presidente. O primeiro ministro Mamadou Día e os seus acólitos foron xulgados e condenados á prisión, en 1963.

Despois de este fallido golpe de estado do primeiro ministro Mamadou Dia, o presidente viu aumentados os seus poderes coa aprobación dunha nova constitución en 1963. Baixo o réxime de Senghor, o país conseguiu impulsar novos sectores económicos, pero os ingresos procedentes da venda a outros países das colleitas de cacahuetes seguían dominando o panorama económico de Senegal.

En varias ocasións, especialmente en 1968 e 1973, os estudantes protagonizaron manifestacións de protesta contra a concentración de poderes en mans de Senghor. As emendas á Constitución de 1976 establecían a introdución dun sistema multipartidista no país, e a finais de 1980, Senghor dimitiu. A presidencia foi entón ocupada por Abdou Diouf, que xa en 1970 exercera o cargo de primeiro ministro.

En 1982, Senegal e a veciña Gambia formaron unha confederación que era coñecida como Senegambia, con Diouf á fronte. A confederación foi disolta en 1989, aínda que en 1991 ambos os países asinaron un novo tratado de cooperación. Cando en 1988, Diouf obtivo a maioría absoluta nas eleccións, a oposición protestou provocando disturbios en Dacar, e o goberno declarou o estado de urxencia. A finais da década de 1980, tiveron lugar novos conflitos, esta vez por motivos de límites fronteirizos con Mauritania.

A encarnizada hostilidade entre senegaleses e mauritanos desencadeou violentos choques en ambas as nacións, que acabaron coa vida de máis de 400 persoas, na súa maioría senegaleses, e a expulsión de cada país dos cidadáns do contrario, medidas que non conseguiron deter o enfrontamento. Diouf gañou novamente as eleccións en 1993, pero a oposición volveu protestar aducindo fraude electoral. Durante o seguinte ano continuaron as mostras de malestar político.

En marzo de 1995, nun intento de acabar coa inestabilidade política, o Primeiro Ministro Habib Thian (por encargo de Diouf) fixo público un novo gabinete ministerial no que estaban representados os partidos políticos da oposición do país.

No 2000, Abdoulaye Wade foi elixido presidente do país, sendo reelixido nas eleccións de 2007 sen necesidade de segunda volta. Así mesmo, a coalición de partidos que o apoia conseguiu a vitoria nas eleccións parlamentarias de 2001 e 2007.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Senegal.

Senegal divídese en 11 rexións (régions), que á súa vez están compostas por 34 departamentos (départements). Os departamentos divídense en distritos, chamados "arrondissements". As capitais rexionais teñen o mesmo nome cá rexión respectiva:

Rexións do Senegal

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Senegal.
Vendedores rueiros.

En xaneiro de 1994, Senegal emprendeu un valente e ambicioso programa de reforma económica co apoio da comunidade de doantes internacionais. Esta reforma comezou cun 50% de depreciación da moeda de Senegal, o franco CFA, que foi vinculado a unha taxa fixa ao antigo franco francés, e agora ao euro. Os controis de prezos e as subvencións do goberno foron desmanteladas a ritmo constante. Logo de ver contraer o seu economía un 2,1% en 1993, Senegal fixo un importante repunte, grazas ao programa de reforma, cun crecemento real no PIB dun 5% anual durante 1995-2001. A inflación anual foi reducida a menos dun 1%, pero creceu a un estimado 3,3% en 2001. O investimento creceu a ritmo constante do 13,8% do PIB en 1993, ao 16,5% en 1997.

Como un membro da Unión Económica e Monetaria do África do Oeste (UEMOA), Senegal está traballando cara a unha maior integración rexional cun arancel externo unificado. Senegal tamén realizou unha completa conectividade con Internet en 1996, creando un miniboom nos servizos baseados nas tecnoloxías da información. A actividade privada agora conta un 82 % do PIB. Na parte negativa, Senegal enfróntase a problemas urbanos profundamente arraigados de desemprego crónico, disparidade socioeconómica, delincuencia xuvenil e drogadicción.

Senegal posúe a terceira economía da baixa rexión do oeste africano logo de Nixeria e Costa do Marfil. A súa economía está orientada cara a Europa e a India. Os seus principais socios económicos son Francia, a India e Italia. Con todo, desde fai varios anos China é un socio cada vez máis importante como demostran os cumes Chinoafricanas. Comparado con outros países do continente africano, Senegal é moi pobre en recursos naturais; os seus principais ingresos proveñen da pesca e do turismo. Pero tendo en conta a súa situación xeográfica e a súa estabilidade política, enténdese que Senegal forme parte dos países africanos máis industrializados coa presenza de multinacionais, sendo estas maioritariamente de orixe francesa, e en menor medida, de orixe americana. O sector agrícola emprega en torno ao 70% da poboación senegalesa, mentres que a pesca é a principal fonte de entrada de divisas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Senegal.
Evolución da poboación do país en miles de habitantes.

No ano 2009, Senegal tiña unha poboación de 13.712.000 habitantes. A esperanza de vida é de 56 anos. A media de fillos por muller é de 5,1, unha das taxas máis altas do mundo, o cal podería provocar graves problemas económicos e ambientais. O 40,2% da poboación esta alfabetizada.

Esta poboación que crece moi rapidamente, cun índice de fecundidade superior aos 5 fillos por muller, atópase desigualmente distribuída polo seu territorio, a cal concéntrase na fachada atlántica, sendo as rexións máis urbanizadas Ziguinchor, Thies e Saint-Louis, fronte ás máis despoboadas como Kolda, Matam e Fatick. É a rexión de Tambacounda a que posúe a densidade máis baixa (11 habitantes por km²). Hai tamén unha gran diversidade étnica: wólofs (43,3%), peuls (33,8%), sérères (14,7%), diolas (3,7%), malinkés (3,0%), soninkés (1,1%), e algunhas etnias menos numerosas e máis locais, sen contar os 50.000 europeos (franceses na súa maioría) e libaneses presentes no medio urbano.

O francés é a lingua oficial, pero só é utilizada de forma corrente por unha minoría.

Evolución demográfica

  • 1800- 1.280.000 habitantes.[1]
  • 1850- 200.000 habitantes (caída demográfica por conquista europea)[2]
  • 1900- 1.200.000 habitantes.
  • 1915- 1.400.000 habitantes.
  • 1926- 1.358.400 habitantes.
  • 1938- 1.793.300 habitantes.
  • 1966- 3.620.000 habitantes.
  • 1976- 5.085.400 habitantes.
  • 1988- 6.896.800 habitantes.
  • 1995- 8.468.000 habitantes.
  • 2000- 9.987.000 habitantes.
  • 2010- 12 millóns de habitantes.
  • 2020- 15 millóns de habitantes.
  • 2030- 17 millóns de habitantes.
  • 2050- 39 millóns de habitantes.

Transporte[editar | editar a fonte]

Os medios de transporte en Senegal seguen sendo tradicionais, aínda que numerosos proxectos de equipamento están en curso (construción dunha autoestrada de peaxe entre Dacar e Diamniadio, novo aeroporto internacional Blaise Diagne, etc.).

As redes son máis densas ao oeste do país, e a circulación de persoas e mercancías é particularmente difícil cara a Dacar e Cabo Verde, porque está moi saturada.

As infraestruturas son máis escasas no Senegal oriental, e a súa evolución parece difícil neste momento.

Cultura[editar | editar a fonte]

Literatura: Aminata Sow Fall

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]